Festa de Nadal

Pasámolo moi ben na Festa de Nadal en Almeiras. Antes recibimos na escola o Carteiro Real  e preparamos postais e adornos. ¡que emoción!Festa Nadal on PhotoPeach

CHEGOU UNHA CARTA DE CRABELA

O 21 de novembro chegou a nosa escola unha carta de CRABELA. Contábanos que tiñamos que gardar a peza de alfarería que fixemos para entregarlle ao dragón o día que vaiamos a salvar a ARTURO.

Para chegar a ese día aínda temos que superar máis probas. Agora precisamos investigar sobre os estamentos da Idade Media, pois o dragón quere saber quen coida a porta onde está encerrado ARTURO.

Na casa xa estivemos a investigar e contamos aos nosos compis que é o que aprendimos na casa.

TRABALLAMOS OS OFICIOS DO MEDIEVO

Na escola fixemos diferentes traballos artesáns, como na idade media. Pintamos, cosimos ... fomos alfareiros e panadeiros. Pasámolo moi ben.

PROXECTO "ENCANTADOS COS CASTELOS"

Un día chegou a escola a princesa CRABELA e contounos o triste que estaba. Ela quería recuperar ao seu principe ARTURO que tiña retido un malvado dragón.

Pediunos axuda. Temos que superar 5 probas. E a primeira que nos corresponde é investigar sobre os oficios medievais. Agora toca traballar.