SA... SA... SAMAÍIIIIIIIIN

ESTA SEMANA FOI UNHA TOLEMIA DE BRUXAS, MONSTRUOS, ESQUELETES, MORCEGOS, MOUCHOS, CASAS ENFEITIZADAS...

Resultado de imaxes para BRUJA FREE

DURANTE A SEMANA PREPARAMOS A DECORACIÓN E APRENDIMOS SOBRE O SAMAÍN E O HALLOWEEN. TAMÉN ESTIVEMOS A BALEIRAR CABAZAS E DECORALAS ENTRE TODOS E TODAS.



HOXE, VENRES 28, FOI O DÍA GRANDE: DISFRAZÁMONOS PARA DAR MOIIIIITOOO MEDOOOOO, TIVEMOS UNHA RICA MERENDA "MACETAS DE CRANIOS DE ESQUELETES," BAILAMOS, CANTAMOS, ESCOITAMOS O CONTO DO SAMAÍN DA MAN DE RAMONA E PEPE E FIXEMOS UNHA INTENSA VISITA ÁS NOSAS VECIÑAS SANDRA E BEA QUE DECORARON AFANOSAMENTE AS SÚAS CASAS PARA FACERNOS TREMER CO MEDOOOOO. 

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE TODO.

MOITAS GRAZAS A TODOS! EN ESPECIAL A GORKA POR SER UN EXCELENTE FOTÓGRAFO, ÁS FAMILIAS POLA IMPLICACIÓN, A SANDRA E BEA POLA VISITA E OS AGASALLOS E A RAMONA E PEPE POR ESE CONTO EXPLICATIVO DO QUE É O SAMAÍN E A SÚA IMPORTANCIA NESTA A NOSA TERRA!
COIDADO, QUE AS BRUXAS E CURUXAS ANDAN A ESPREITARNOS! ;-)


VOTAMOS AOS MELLORES SELFIES DO CRA E... NORABOA, MARÍA!

DURANTE ESTA SEMANA VOTAMOS CALES FORON OS SELFIES MÁIS ORIXINAIS E ÚNICOS.

TRAS AS VOTACIÓNS DE TODO O CRA... A GAÑADORA FOI A NOSA COMPAÑEIRA MARÍA! NORABOA A MARÍA E Á SÚA FAMILIA!

PODEDES PREMER NO BLOG DA PEPATECA PARA VER TODA A INFORMACIÓN.



10-14 de outubro: unha semana de outono moi produtiva! ;-)

Esta semana estamos a traballar xa a un bo ritmo. Somos un grupo dinámico, así que todo canto temos ao arredor é perfecto para aprender! Velaquí unha pequena mostra!

- Traballamos arreo no noso proxecto "EU, " desta volta, fixemos entre outras cousas... Os nosos propios pes.
- Visitamos o outono desde os arredores da escola. O outono ben merece unha merendola ao aire libre!
- Cada día aprendemos máis: as cantidades que nos rodean, as palabras do día a día...

...









Período de adaptación... Aló foi! Outono... Xa chegou!

Coa chegada do outono despedimos o período de adaptación que para nós non foi tal... Adaptados chegamos e adaptados seguimos! 5 Reis e 3 raíñas da escola!!!

Somos poucos pero... De calidade! Va que si? 

Así estivemos a coñecernos durante todos estes días do mes de setembro...