Páginas

REMATAMOS O TRIMESTRE... ALÁ FOI!

FAI UNS CANTOS MESES ESTABAMOS A COMEZAR ESTA NOVA ANDAINA. E... AQUÍ CHEGAMOS! XA A PIQUES DE COMEZAR O NADAL, CON GANAS DE FESTA E DE COLLER FOLGOS PARA O PRÓXIMO ANO! 
DEIXÁMOSVOS O RESUMO DA NOSA SEMANA INTENSA (AÍNDA QUE SEMPRE QUEDAN COUSAS NO TINTEIRO QUE A CÁMARA NON CHEGA A REPRODUCIR...)

GRAZAS A SANDRA E BEATRIZ POLA ACOLLIDA NA VISITA AO SEU BELÉN: "O FAMOSO BELÉN DE LEDOÑO." GRAZAS Á PROFE PILI POR SACAR SEMPRE UN ANACO DE TEMPO PARA VISITARNOS. GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR PARA QUE O TRABALLO DO DÍA A DÍA DEA OS SEUS FROITOS!

DEIXÁMOSVOS VÍDEO DAS NOSAS CANCIÓNS DE NADAL E VISITA DO CARTEIRO REAL DURANTE A XORNADA DO DÍA DE HOXE NA CHOEIRA.


FELICES FESTAS PARA TODOS, FAMILIA!

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O 2018! 








MINI SEMANA? SI, XUSTO!

TEMOS QUE COMPARTIR CON VÓS A NOSA "MINI SEMANA" ASÍ DENOMINADA NOS NOSOS FALADOIROS DE CLASE. FORON DOUS DÍAS DE TRABALLO PERO BEN É CERTO QUE APROVEITADOS.

DEIXÁMOSVOS UN RESUMO DO LUNS E O MARTES E TAMÉN VARIOS DOS NOSOS VÍDEOS DE ADIVIÑAS SOBRE VERDURAS E FROITAS... A VER SE SODES QUEN DE ACERTALAS! 

VÉMONOS O VINDEIRO LUNS! BOA PONTE A TODOS E A TODAS!!!

REMATAMOS NOVEMBRO!!!

DEIXÁMOSVOS, COMO SEMPRE FACEMOS, UN RESUMO DA NOSA SEMANA E O TRAILER DA OBRA DE TEATRO QUE DISFRUTAMOS O PASADO VENRES NA QUE APRENDIMOS A IMPORTANCIA DE NON SER CODICIOSO, COMPROMETIDO E VALORAR O QUE TEMOS AO NOSO ARREDOR. 

PARA VÓS, AQUÍ VAN:



AZUCRES E GRAXAS SATURADAS

DESDE O EQUIPO TIC DO CRA DE CULLEREDO PROPUXÉRONNOS ESTA FERMOSA TAREFA: CREAR UN VÍDEO EXPLICANDO QUE ALIMENTOS FORMAN PARTE DE CADA GRUPO ALIMENTICIO DA PIRÁMIDE OU DA RODA ALIMENTICIA.
A NÓS TOCOUNOS O MÁIS GOLOSO DE TODOS OS GRUPOS: O GRUPO LILA

"OS AZUCRES E AS GRAXAS SATURADAS"


AQUÍ VOS DEIXAMOS A NOSA CREACIÓN, ESPERAMOS QUE QUEDE CLARO QUE... HAI QUE COMER DE TODO E DISFRUTAR DA COMIDA PERO... CON SENTIDIÑO COAS "TRAPALLADAS"!










LEDOÑO TAMÉN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

COLABORANDO CON ILLA FANTASÍA, FIXEMOS OS NOSOS BRAZALETES CO GAIO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO.
"TODOS SOMOS DISTINTOS E IGUALES" COMO DI A CANCIÓN DE AXEL E ABEL PINTOS QUE TANTO ESCOITAMOS ESTAS SEMANAS! 




IMOS DE MAGOSTO?

ACHEGÁMOSVOS AQUÍ OS PREPARATIVOS E A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. ESTE ANO TIVEMOS AMAIS GRANDES ACOMPAÑANTES.
GRAZAS AOS NOSOS COCIÑEIROS DE CASTAÑAS ASADAS E ÁS COLABORADORAS DO PROXECO "SON EU!" QUE VIÑERON PARA A OCASIÓN.

ENTRE XOGOS, AGASALLOS E CASTAÑAS... ASÍ DE BEN SE PASA O MAGOSTO!
MAGOSTO 2017



HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

HOXE, POLA MEDIA MAÑÁ, CHEGOU Á ESCOLA A BRUXA BRÚJULA DESDE ILLA FANTASÍA.
CANTO APRENDIMOS CON ELA: OS PUNTOS CARDINAIS, A IMPORTANCIA DOS AMULETOS, A CULTURA ORIENTAL... 
ESPEREMOS QUE VOLVA PRONTO... ASÍ DA GUSTO COLABORAR CON PIRATAS, SEREAS, CABALEIROS, DAMAS, MAGOS, BRUXAS E DRAGÓNS!
ATA A PRÓXIMA, BRÚJULA!












QUEN DIXO MEDOOO???

O NOSO SAMAÍN - HALLOWEEN É ESPECIAL, O MÁIS ESPECIAL EN KM Á REDONDA. NON NOS CREDES? COMPROBÁDEO VÓS MESMOS! 
GRAZAS A SANDRA E BEA POR TODOS OS AGASALLOS E A FANTÁSTICA EXPERIENCIA!

FELIZ SAMAÍN!!!




DESPEDIMOS SETEMBRO

NON É DOADO COLLER O FÍO PERO POUCO A POUCO CADA VEZ ESTAMOS MÁIS CONECTADOS! ENSINÁMOSVOS, CANDO MENOS UN ANACO, DE SEGUIDO! 



BENVIDO, OUTONO!

ESTA SEMANA FIXEMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES. OS RECÉN CHEGADOS ESTÁN A AFACERSE ÁS RUTINAS E OS ANTIGOS XA SABIDOS, DEBEN AGORA AMPLIAR OS COÑECEMENTOS COAS NOVAS DESTE CURSO.
IMOS PASIÑO A PASIÑO... A VINDEIRA SEMANA... MÁIS!
VELAQUÍ UN PEQUENO RESUMO!



NOVO CURSO! COMEZAMOS 2017/2018!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA! 
PASARON OS MESES AXIÑA E XA ESTAMOS DE NOVO EN LEDOÑO CON GANAS DE APRENDER, DE XOGAR COS AMIGOS E DE PASAR UN BO ANACO CHEO DE NOVAS EXPERIENCIAS.
ESTE CURSO TEMOS PROFES NOVOS E COMPIS NOVOS, ASÍ QUE...MÁIS NOVIDADES!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO DA NOSA PRIMEIRA SEMANA! 
PREPARADOS, LISTOS... EN NADA COMEZA O DURO TRABALLO! ;-)



BO VERÁN!!!

FAI POUCOS MESES ESTABAMOS A COMEZAR UNHA NOVA ANDAINA NA ESCOLA DE LEDOÑO. AXIÑA PASARON OS DÍAS, AS SEMANAS E OS MESES E... VELAQUÍ ESTAMOS:EN PLENO VERÁN! 
GRAZAS A TODOS E TODAS AS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE TRABALLAR TANTO E TAN AGRADABLEMENTE: FAMILIAS, AMIGAS E AMIGOS, VECIÑANZA, CONCELLO, COLABORADORAS... ASÍ XA EMERXEN AS GANAS DE VOLVER COMEZAR. 
VÉMONOS Á VOLTA!!!!! 
PREPARÁDEVOS PARA UN CURSO MMMM... RICO, RICO! ;-)



VISITA ESPECIAL: MONCHO, AVÓ DE MARÍA

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.
ACHEGOUSE Á ESCOLA O AVÓ DE MARÍA, MONCHO.
CON EL APRENDIMOS MOITAS PALABRAS NOVAS:
- APARELLADOR
- CIMENTOS
- VIGAS
- PIARES
- CEMENTO
- FERRO ...

QUE CREDES QUE SERÍA DO QUE FALAMOS??? A VER... A VER...

PISTA: AGORA XA COÑECEMOS, DA MAN DUN EXPERTO APARELLADOR, COMO SE FAI UN EDIFICIO! ;-)

MOITAS GRAZAS, MONCHO!!!



PENÚLTIMA SEMANA DE CURSO 2016/2017

RESUMIMOS AQUÍ A NOSA PENÚLTIMA SEMANA DE CURSO... NON QUEDA NADA PARA REMATAR... NADA DE NADAAAAAA!!!


INAUGURAMOS O NOSO MUCRA

ONTE, DÍA 29 DE MAIO DE 2017, INAUGURAMOS O MUSEO DO CRA DE CULLEREDO.
RECORDADE QUE O MUCRA ESTÁ ABERTO EN HORARIO DE TARDE DESDE AS 17 ATA AS 20 HORAS PARA QUE POIDADES VIR FAMILIAS, AMIZADES, VECIÑANZA... ESTADES TODAS E TODOS CONVIDADOS. 
RECORDADE DESCARGAR NO VOSO TELÉFONO UNHA APP DE LECTURA DE CÓDIGOS BIDIS PARA PODER DISFRUTAR AO MÁXIMO DA VISITA.

ESPERÁMOSVOS!


DIARIO SEMANAL: DO 22 AO 26 DE MAIO

ESTA SEMANA ESTIVO CARGADA DE ACTIVIDADES E DE MOITA ACCIÓN! DEIXÁMOSVOS, COMO DE COSTUME, UN PEQUENO RESUMO DE CANTO FIXEMOS.





RESUMO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2017

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS FOI DE DIVERSIÓN PERO TRAS DELA, UNHA MOREA DE TRABALLO. VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO BREVE DE TODO CANTO FIXEMOS! 
GRAZAS A TODAS AS COLABORADORAS E AS FAMILIAS! UN PRACER!!! 

MUCRA 2017. PEZA 311 "MUÍÑO DE CAFÉ"

ESTA MAÑÁ LARA TROUXO UN OBXECTO ANTIGO: UN MUÍÑO DE CAFÉ. ANTES DOS TEMPOS ELÉCTRICOS, SE CADRA A MOITAS E MOITOS LLES TRAE RECORDOS.

AQUÍ VAI A EXPLICACIÓN DE LARA SOBRE COMO FUNCIONA.


PERCORRIDO VIRTUAL POR ESTA SEMANA DO 8 AO 12 DE MAIO

COMO CADA SEMANA, DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN PEQUENO VÍDEO CON DETALLES SOBRE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NESTA SEMANA. 
O MÁIS IMPORTANTE, SEN DÚBIDA, O ANIVERSARIO DO "MAIOR" DA ESCOLA: MOITAS FELICIDADES, GORKA!!!

AQUÍ VAI O VÍDEO. BOA FIN DE SEMANA!
 PREPARÁDEVOS PARA A FESTA DAS LETRAS GALEGAS!!!



MUCRA 2017. PEZA 309 "PRANCHA DE CARBÓN"

OUTRO DOS OBXECTOS QUE TROUXO NOAH ESTA MAÑÁ FOI UNHA PRANCHA DE FERRO, DECORADA E BEN CONSERVADA.
OUTRO OBXECTO MÁIS PARA A NOSA COLECCIÓN... AÍNDA QUE ALGÚNS COSTA DATALOS EN TEMPOS ANTIGOS, CANDO MENOS SABEMOS SE FORON DAS NOSAS NAIS E PAIS OU DAS NOSAS AVOAS E AVÓS.
VELAQUÍ O VÍDEO!


MUCRA 2017. PEZA 310 "ANTIGAS PESETAS EN BILLETES"

ESTA MAÑÁ NOAH TROUXO Á ESCOLA DOUS PAPEIS CON MOITO SIGNIFICADO: ANTIGAS PESETAS! 


AQUÍ VAI A SÚA EXPLICACIÓN.


MUCRA 2017. PEZA 308 "LEITEIRA"

O MUCRA SEQUE MEDRANDO... NESTE LUNS DE MAIO DARÍO VEU CUN OBXECTO CASE TAN PESADO COMA EL! UNHA LEITEIRA QUE PERTENCEU Á SÚA AVOA!

AQUÍ VOS DEIXAMOS A SÚA EXPLICACIÓN. 






PRIMEIRA SEMANA DE MAIO

COMO DE COSTUME, DEIXÁMOSVOS UN PEQUENO RESUMO DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO EN LEDOÑO! 






MUCRA 2017. PEZA 307 "MÁQUINA DE COSER"

ESTA MAÑÁ, DARÍO CARREXOU UN OBXECTO PESADO, DECORADO E CON HISTORIA!
UNHA ESTUPENDA MÁQUINA DE COSER ANTIGA.
AQUÍ VAI A SÚA EXPLICACIÓN DETALLADA, CON EXEMPLO! 


MUCRA 2017. PEZA 306 "CABAZAS FLOTADOR-CANTIMPLORA"

MARÍA HOXE TROUXO OUTRO PACK DE OBXECTOS MOI PECULIARES.
SON DÚAS CABAZAS CUXO USO, DE SEGURO, NOS VAI SORPRENDER.

NON PERDADES A EXPLICACIÓN DETALLADA DE MARÍA!


MUCRA 2017. PEZA 305 "TELÉFONO ANTIGO"

ESTA MAÑÁ MARÍA TROUXO CONSIGO UNHA PEZA ÚNICA EN LEDOÑO. O QUE NOUTRO TEMPO FOI O TELÉFONO PÚBLICO DE LEDOÑO, USADO POR TODOS OS VECIÑOS. QUE PRIVILEXIO TELO NO CRA!!! GRAZAS!!!
VELAQUÍ A EXPLICACIÓN DE MARÍA!


MUCRA 2017. PEZA 304 "FERRO"

ESTA MAÑÁ DARÍO TROUXO CONSIGO UN OBXECTO PESADO E PECULIAR. GRAZAS!!!

- "PARECE A BOCA DUN CRONODILO, PROFE"
TRÁTASE DUN FERRO DE PASAR ANTIGO, FEITO DE FERRO E CON MOITOS ANOS DE HISTORIA.
AQUÍ TEDES A EXPLICACIÓN DE DARÍO CO OBXECTO DA SÚA BISAVOA. 


MUCRA 2017. PEZA 303 "PENEIRA"

O OUTRO DOS UTENSILIOS QUE NOS TROUXO MANUEL É UNHA PENEIRA OU PANEIRA. NON É TAN DISTINTA DOUTRAS FERRAMENTAS QUE NÓS EMPREGAMOS NO DÍA A DÍA NA COCIÑA. VELAQUÍ  A SÚA EXPLICACIÓN DETALLADA.


MUCRA 2017. PEZA 302 "TRES PES"

MANUEL E A SÚA FAMILIA TROUXÉRONNOS HOXE DÚAS PEZAS CON MOITA HISTORIA. GRAZAS!
A PRIMEIRA DELAS É ESTE TRES PES COMO BEN NOS EXPLICOU MANUEL.



RESUMO DA NOSA SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL

ESTA SEMANA, ENTRE TRABALLO E TRABALLO, CARTAS, PENSAR E INVESTIGAR SOBRE A IDADE MODERNA, VISITAS E SAÍDAS... PASARON OS DÍAS BEN AXIÑA! 
AQUÍ VAI A MOSTRA!

MUCRA 2017. PEZA 301 "LADRIZO"

ESTA SEMANA GORKA TROUXO UNHA PEZA PARA O MUCRA, CON ESTE OBXECTO ESTREAMOS OS VÍDEOS DE LEDOÑO PARA O MUSEO!

VELAQUÍ A EXPLICACIÓN DE GORKA SOBRE ESTE LADRIZO 


Á VOLTA DAS VACACIÓNS... SEMANA DO LIBRO!

XUSTO DEIXANDO ATRÁS AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, VELAQUÍ COMEZAMOS DE NOVO CUNHA SEMANA AO GRANDE: A SEMANA DO LIBRO.
COMA SEMPRE, DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DALGUNHAS DAS NOSAS TAREFAS E XOGOS DESTA SEMANA! 





O NOSO TRABALLO, NA PRENSA

O NOSO TRABALLO VOLVE A SER MOTIVO DE REPORTAXE, ESTA VEZ EN LA OPINIÓN DE LA CORUÑA. GRAZAS A TODOS OS QUE O FACEDES POSIBLE! PEQUENAS E PEQUENOS, FAMILIAS E EQUIPO DOCENTE! UN PRACER!




REMATE DO SEGUNDO TRIMESTRE 2017 NA ESCOLA DE LEDOÑO

ESTE TRIMESTRE TRABALLAMOS ARREO. PASARON OS DÍAS AXIÑA E, EN POUCAS SEMANAS, CHEGAMOS AO REMATE DO SEGUNDO TRIMESTRE.

PARA QUE POIDADES BOTAR UNHA OLLADA A CANTO FIXEMOS, DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO-RESUMO. 


NON VOS CANSEDES NAS VACACIÓNS... QUE O NOVO TRIMESTRE COMEZA XA E HAI QUE TER PILAS CARGADAAAASSS!


NOTA DE PRENSA 4 DE ABRIL DE 2017

Aínda que sae con algo de retraso, velaquí a actividade que realizamos o pasado 8 de marzo recollida no xornal "El Metropolitano" coa Asociación "As Berenguelas."
Un pracer!



SEMANA DO 20 AO 24 DE MARZO... TODO ISTO FIXEMOS!

QUEREDES VER UN RESUMO DO QUE FIXEMOS ESTA SEMANA?
VELAQUÍ VOS VAI! 
DIFRUTADE DA FIN DE SEMANA PORQUE NAS PRÓXIMAS XORNADAS... HABERÁ MOITOOOOOOOOOOOOOOO MÁIS!!!




RESUMO DA SEMANA DO 13 AO 17 DE MARZO

ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CON TRES COMPIS DE ANIVERSARIO, A VISITA DE MALAUVA E UNHA SAÍDA MUSICAL DE PRIMEIRA CATEGORÍA...
VELAQUÍ A REPORTAXE EN FOTOS! ;-)





RESUMO DESTA SEMANA DO 7 AO 10 DE MARZO

O MÉRCORES, COMO VOS COMENTAMOS, CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER PERO TAMÉN LEVAMOS A CABO MOITAS TAREFAS NA CLASE E FÓRA DELA AO LONGO DA SEMANA... AS CABEZAS NON PARAN! ESTÁN SEMPRE ATENTAS! HAI QUE APROVEITALAS! 
DEIXAMOS AQUÍ ALGUNHA MOSTRA. 


8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

ONTE, DÍA 8 DE MARZO, CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
FIXEMOS UNHA XORNADA FESTIVA RODEADOS E RODEADAS DE MULLERES CON GANAS DE ENSINARNOS CANTO E QUE BEN SABEN FACER OS SEUS OFICIOS.

ELENA FERRO, ELENA FEAL, SORAYA RUMBO, LOLA  SOUTO, ELVIRA POSE... GRAZAS POR UNS OBRADOIROS TAN DIDÁCTICOS E TAN DIVERTIDOS! 
APRENDIMOS SOBRE A CRIANZA DE COCHOS, SOBRE A MICROBIOLOXÍA, E SOBRE A ARTESANÍA. AMAIS, LOLA SOUTO, AOS SEUS 91 ANOS, LEUNOS POESÍA REIVINDICANDO O PAPEL DAS MULLERES NA SOCIEDADE.

GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "AS BERENGUELAS" E AO CONCELLO DE CULLEREDO POR ESTA FERMOSA XORNADA PARA DAR A COÑECER O NOSO PROXECTO SON EU! GALARDOADO CO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL EN MODALIDADE INFANTIL POLA DEPURACIÓN DE A CORUÑA .
INTENTAMOS, DE XEITO POSITIVO, RECOÑECER O PAPEL DAS MULLERES DA NOSA VIDA, TAN E TAN IMPORTANTES! ONTE, HOXE E SEMPRE!

ACHEGAMOS AQUÍ UNHA BREVE MOSTRA DE TODO CANTO FIXEMOS ONTE. 
DE NOVO, GRAZAS A TODAS!








Deixámosvos varias reportaxes nos medios, tanto no diario La opinión de A coruña como no Twitter do Concello de Culleredo

ENTROIDO 2017

UNHA MOSTRA DA MOREA DE ACTIVIDADES QUE FIXEMOS!!! ;-)


RESUMIMOS ESTA SEGUNDA SEMANA DE FEBREIRO!

FEBREIRO É O MES MÁIS CURTO DO ANO PERO PÓDESELLE SACAR MOITO PARTIDO!
VELAQUÍ VOS DEIXAMOS PARTE DE CANTO FIXEMOS AO LONGO DESTES CINCO DÍAS! 
VÉMONOS O LUNS: CON ALGO NO PESCOZO, EH! ;-)



NOVA VISITA DA BRUXA MALAUVA

DESDE ILLA FANTASÍA CHEGOUNOS O ENCARGO DE BUSCAR A COLA DAS SEREAS...
ESTIVEMOS A BUSCAR PERO... A BRUXAMALAUVA TROUXO HOXE A COLA DA SEREA XERFA!!! SIII... QUE BRUXA TAN BOA E AGARIMOSA! SEMPRE APRENDEMOS ARREO E DIVERTÍMONOS SEN PARAR!
VELAQUÍ VOS DEIXAMOS O BEN QUE O PASAMOS!
GRAZAS, MALAUVA!



PRIMEIRA SEMANA DE FEBREIRO

ESTA SEMANA FOI ESPECIAL. TIVEMOS A SORTE DE QUE...
CHEGOU UN NOVO COMPI Á ESCOLA DE LEDOÑO!: NOAH!

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS TODO CANTO TRABALLAMOS E TODO CANTO APRENDIMOS ESTA SEMANA, AGORA SENDO MÁIS, MÁIS PARA APRENDER, MÁIS PARA COMPARTIR E MÁIS PARA DISFRUTAR!





O CRA con "Las escuelas que cambian el mundo"

ONTE NA CONFERENCIA QUE DEU O MESTRE CÉSAR BONA, CONSIDERADO O MELLOR MESTRE DE ESPAÑA, 
CON ALUMNADO, CON PROFES E CON FAMILIAS..."AS ESCOLAS CAMBIAN O MUNDO!!!"

REMATAMOS XANEIRO COA PREHISTORIA E A PAZ

ESTES DÍAS DE REMATE DE XANEIRO TRABALLAMOS ARREO PARA COÑECER MÁIS SOBRE A PREHISTORIA, PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ E PARA CONTINUAR A  APRENDER, CADA QUEN AO SEU RITMO, SOBRE TODO CANTO PASA AO NOSO ARREDOR! INCLUÍDOS OS TEMPORAIS! ;-)
DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DOS NOSOS TRABALLIÑOS DIARIOS.
A VINDEIRA SEMANA... MÁIS!!!






CRA DE CULLEREDO: PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016

ONTE RECIBIMOS UNHA GRANDE NOVA: SOMOS OS GAÑADORES DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016 NA MODALIDADE DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE CONCEDE A DEPUTACIÓN DE A CORUÑA.


O NOSO PROXECTO POLA IGUALDADE DE XÉNERO, "SON EU!" FOI O SELECCIONADO.

GRAZAS A TODOS E NORABOA AOS OUTROS DOUS COLES SELECCIONADOS NAS CATEGORÍAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA RESPECTIVAMENTE: CEIP CANOSA RUS DE CORISTANCO E AO IES PLURILINGÜE FONTEXEIRA DE MUROS.



A BRUXA MALAUVA VISITA LEDOÑO

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPACIAL... SABEDES QUEN?

A BRUXA MALAUVA!!!

UNHA BRUXA DIVERTIDA, TRABALLADORA E MOI BOA. CON ELA COMPARTIMOS XOGOS, RISADAS E ENSINOUNOS A CONSTRUIR FERMOSAS PALABRAS. 
VEU DO PICO DAS BRUXAS, EN ILLA FANTASÍA E PASOU CON NÓS UN BO ANACO, AÍNDA QUE TIÑA QUE IR BUSCAR AO MAGO ALFA PARA ARRANXAR O SEU MÁXIMO PAO DE ESCOBA... E TIVO QUE LISCAR AXIÑA! OGALLA NOS VISITE MÁIS VECES!!!




APRENDENDO AQUÍ E ACOLÁ!

ESTA SEMANA DO 15 AO 19 DE XANEIRO FOI PRODUTIVA, TANTO NA ESCOLA COMO FÓRA DELA. 
VISITAMOS A DOMUS E PUIDEMOS COMPROBAR DE PRIMEIRA MAN MOITOS FEITOS DA HISTORIA, REPASAMOS AS PARTES DO NOSO CORPO, XOGAMOS COA LUZ, COA COR, COA MÚSICA, CO ESPAZO...  VIMOS UN VÍDEO SOBRE COMO NACEMOS, LOGRAMOS FACER DA LUZ E DA SOMBRA XOGOS BEN DIVERTIDOS E... SOBRE TODO, SEGUIMOS APRENDENDO! 
AMAIS, O VENRES TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL... SECADRA UN NOVO COMPAÑEIRO PODE CHEGAR!OGALLÁ!



A VOLTA DAS VACACIÓNS... A POR TODAS!

COMEZAMOS O 2017 CON MOITAS GANAS. PESCUDAMOS SOBRE A ÉPOCA DO ANO E, DADO O NOSO ENORME INTERE POLO PASADO... IMOS IR PASO A PASO POLAS ÉPOCAS DA HISTORIA. DEIXÁMOSVOS CUN PEQUENO EXEMPLO DE CANTO FIXEMOS!