Páginas

AZUCRES E GRAXAS SATURADAS

DESDE O EQUIPO TIC DO CRA DE CULLEREDO PROPUXÉRONNOS ESTA FERMOSA TAREFA: CREAR UN VÍDEO EXPLICANDO QUE ALIMENTOS FORMAN PARTE DE CADA GRUPO ALIMENTICIO DA PIRÁMIDE OU DA RODA ALIMENTICIA.
A NÓS TOCOUNOS O MÁIS GOLOSO DE TODOS OS GRUPOS: O GRUPO LILA

"OS AZUCRES E AS GRAXAS SATURADAS"


AQUÍ VOS DEIXAMOS A NOSA CREACIÓN, ESPERAMOS QUE QUEDE CLARO QUE... HAI QUE COMER DE TODO E DISFRUTAR DA COMIDA PERO... CON SENTIDIÑO COAS "TRAPALLADAS"!










LEDOÑO TAMÉN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

COLABORANDO CON ILLA FANTASÍA, FIXEMOS OS NOSOS BRAZALETES CO GAIO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO.
"TODOS SOMOS DISTINTOS E IGUALES" COMO DI A CANCIÓN DE AXEL E ABEL PINTOS QUE TANTO ESCOITAMOS ESTAS SEMANAS! 




IMOS DE MAGOSTO?

ACHEGÁMOSVOS AQUÍ OS PREPARATIVOS E A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS. ESTE ANO TIVEMOS AMAIS GRANDES ACOMPAÑANTES.
GRAZAS AOS NOSOS COCIÑEIROS DE CASTAÑAS ASADAS E ÁS COLABORADORAS DO PROXECO "SON EU!" QUE VIÑERON PARA A OCASIÓN.

ENTRE XOGOS, AGASALLOS E CASTAÑAS... ASÍ DE BEN SE PASA O MAGOSTO!
MAGOSTO 2017



HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

HOXE, POLA MEDIA MAÑÁ, CHEGOU Á ESCOLA A BRUXA BRÚJULA DESDE ILLA FANTASÍA.
CANTO APRENDIMOS CON ELA: OS PUNTOS CARDINAIS, A IMPORTANCIA DOS AMULETOS, A CULTURA ORIENTAL... 
ESPEREMOS QUE VOLVA PRONTO... ASÍ DA GUSTO COLABORAR CON PIRATAS, SEREAS, CABALEIROS, DAMAS, MAGOS, BRUXAS E DRAGÓNS!
ATA A PRÓXIMA, BRÚJULA!