Páginas

FESTIVAL DE NADAL CRA DE CULLEREDO 2018

A CONTINUACIÓN APARECE UN RESUMO DO QUE FIXEMOS NA XORNADA DE HOXE: VISITA DE PAPÁ NOEL, CONTO KAMISHIBAI, MERENDA ESPECIAL, XOGOS COMPARTIDOS... ASÍ COMO OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS CONXUNTAS DE TODO O ALUMNADO DO CRA COA BATUTA DA TEACHER SANDRA E DA MESTRA DE MÚSICA MABEL. 

O ÚLTIMO VÍDEO É A NOSA ACTUACIÓN EN DIRECTO. 
GRAZAS AO PROFESORADO POLA FILMACIÓN DA ACTUACIÓN E, SOBRE TODO, GRAZAS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POLA SÚA ATENCIÓN PESE A SER A TERCEIRA ACTUACIÓN E LEVAR MOITO TEMPO ATENDENDO...  MOITAS GRAZASSS!!!

FOI UN DÍA DE EMOCIÓNS, TANTO QUE O BUS DE REGRESO VIÑA CON ALGUNHA QUE OUTRA ALUMNA ADORMECIDA... 

DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO DESEXÁMOSVOS OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O 2019!🎄🎅🎆🎇🎉🎈🎊
VÉMONOS EN XANEIRO! 






VISITA AO BELÉN DE LEDOÑO 2018

QUEN PODE DICIR QUE TEN FRONTE A SÚA ESCOLA UNHA OBRA DE ARTE? 

NA ESCOLA DE LEDOÑO SOMOS PRIVILEXIADOS E PRIVILEXIADAS. GRAZAS A SANDRA E A BEATRIZ UN ANO MÁIS, VISITAMOS OS SEUS XARDÍNS. ESTA VEZ COA COMPAÑÍA DE EXALUMNA E NOVOS ALUMNOS NUN FUTURO PRÓXIMO. 
SON AUTÉNTICOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS, UNHA FANTASÍA RECREADA CON MOITO TESÓN, ESFORZO E DELICADEZA. 

ESTE ANO, TENDO O PROXECTO DA ARTE, NON ÍA SER MENOS: GRAZAS, ARTISTAS!!!
 E GRAZAS FAMILIAS POR SEMPRE FACER TEMPO PARA ACOMPAÑARNOS! 

FELIZ NADAL DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO!!!!






SEMANA DE NADAL 2018

ESTA SEMANA É INTENSA, CLARO ESTÁ. AQUÍ DEIXAMOS A PRIMEIRA PARTE.
AS FESTAS O MERECEN! 🎄🎅🎆🎉🎊

NOVA VISITA DE EXALUMNOS: UN REMATE PERFECTO PARA A NOSA SEMANA!

E REMATAMOS ESTA SEMANA CUNHA VISITA ESPECIAL E CON DOCES INCLUÍDOS! GRAZAS, MARÍA!
ASÍ DA GUSTO, OS NOSOS EXALUMNOS VEÑEN VISITARNOS E... FESTA!!!
SEMPRE SON BENVIDOS OS NOSOS PEQUES MAIORES! 


UNHA CIENTÍFICA NA ESCOLA: ELENA BERENJENA

ONTE TIVEMOS UNHA VISITA MOI PERO QUE MOI ESPECIAL.
CHEGOU A LEDOÑO ELENA BERENJENA, UNHA CIENTÍFICA QUE QUERÍA COMPARTIR A SÚA SABEDORÍA! 

IMOS AXUDALA A ATOPAR O ELIXIR PARA ESTAR SANS E FORTES! 
DESTA VOLTA, COMEZAMOS POLO INGREDIENTE PRINCIPAL: A AUGA! EXPERIMENTAMOS CON ELA E DESCUBRIMOS AS SÚAS PROPIEDADES.

ATA A PRÓXIMA, ELENA! 


ROBOTIZANDO CON PINTURA E MÚSICA

NO CRA DE CULLEREDO NOS GUSTAN MOITO OS TREBELLOS, FEDELLAR NON É COUSA SO DE MAIORES. E GRAZAS Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR E AO NOSO EQUIPO TIC, TEMOS OS NOSOS ROBOTS!!!

USAMOS OS NOSOS ESCORNABOTS E OS IPADS.
RECORDAMOS AS OBRAS DE ARTE QUE OBSERVAMOS NA NOSA VISITA A PASADA SEMANA Á SEDE DE "A FUNDACIÓN" A BANCA EN A CORUÑA. 
FIXEMOS UNS PERCORRIDOS POLA ARTE E A MÚSICA DE CADA OBRA. 

A DIFICULTADE DO ESCORNABOT NON ÉSTA SO NO MOVEMENTO SENON EN SER PRECISO NA CANTIDADE DE PASOS A DAR ASÍ COMO SER CAPAZ DE MEMORIZAR O PERCORRIDO ANTES DE PREMER A INSTRUCIÓN NOS COMANDOS DO ESCORNABOT. 


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS EXEMPLOS! 🤖






LEDOÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Resultado de imagen de LIBRO DOS PORCOS
CO GAIO DO 25 DE NOVEMBRO, HOXE LIMOS O CONTO "O LIBRO DOS PORCOS" E FIXEMOS AS ACTIVIDADES DA NOSA BIBLIO PEPATECA.

TAMÉN REPASAMOS MULLERES IMPORTANTES DA NOSA HISTORIA E ALGÚN OUTRO LIBRO DE GRANDES MULLERES... ;-) 
- GRANDES MULLERES?
- COMO A MIÑA NAI! 

CLARO QUE SI!!!! A TÚA NAI, A TÚA IRMÁ, A TÚA TÍA, A TÚA AVOA, A TÚA VECIÑA, A TÚA AMIGA... 










SEMANA DO 19 AO 23 DE NOVEMBRO

RESUMIMOS A NOSA SEMANA,
CHEA DE ACTIVIDADES, CHEA DE TRABALLO E DE DIVERSIÓN! 😄


SEMANA DE 12 AO 16 DE NOVEMBRO

COMEZAMOS UNHA SEMANA CUN ANIVERSARIO, FUMOS DE SAÍDA ESCOLAR E COMEZAMOS CO AMBIENTE INVERNAL E DE NADAL... TODO EN CINCO DÍAS! ;-) 

NÓS SEMPRE A FUME DE CAROZO, APROVEITANDO PARA APRENDER E XOGAR. 
VOLO RESUMIMOS NO NOSO VÍDEO, SI? 



SEMANA DO MAGOSTO 2018



Resultado de imagen de CASTAÑA DIBUJO PNG
 COMO TE CHAMAS?
COME CASTAÑAS! ;-) 

SABEDES SOBRE O QUE TRABALLAMOS, O QUE PAPAMOS E O QUE DISFRUTAMOS ESTA SEMANA?
AQUÍ VAI O VÍDEO!


AO MEDO... BOTEMOS UNHA BOA RISADA!

🎃AQUÍ DEIXAMOS UNHA PEQUENA ACHEGA CON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS CO GAIO DO SAMAÍN 2018🎃

DE NOVO, GRAZAS ÁS FAMILIAS E ÁS NOSAS FANTÁSTICAS VECIÑAS BEATRIZ E SANDRA, UNHAS AUTÉNTICAS ARTISTAS! 
QUE SORTE TEMOS!!!








DIARIO SEMANAL: DO 22 AO 26 DE OUTUBRO

ESTABADES ESPERANDO AS NOSAS NOVAS SEMANAIS? 
ESTA SEMANA FOI MOIIIII MOVIDA! 
MOITA ARTE XA NA ESCOLA E TAMÉN FÓRA DELA! 
ACHEGAMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA PARA QUE SEXA, COMO TODAS AS ARTES, MÁIS FERMOSA E MÁIS COMPLETA! 

BOA SEMANA! PREPARÁDEVOS PORQUE CHAMA Á PORTA XA... O SAMAÍN!!!







SEMANA DO 8 AO 11 DE OUTUBRO

O NOSO RESUMO SEMANAL ESTÁ AQUÍ PREPARADO. 
CADA SEMANA, MÁIS E MÁIS TRABALLO! 
SOMOS POUCOS E... HAI Q UE APROVEITALO!



COMEZAMOS OUTUBRO!

NON SEMELLA PERO... SI, ESTAMOS EN OUTUBRO. 

COMO DIN NA ASEMBLEA TODOS OS DÍAS... CHICOS, FAI SOL!!! OUTRO DÍA MÁIS DE MERENDOLA FÓRA!
AS MERENDAS E OS XOGOS FÓRA SEMPRE SON AGRADECIDOS!  



SETEMBRO 2018: NOVO CURSO!!! ARRIBA ENERXÍA!!!

COMEZAMOS UN NOVO CURSO CON COMPIS QUE, AÍNDA QUE NOVOS, XA SON MÁIS QUE COÑECIDOS. A ADAPTACIÓN FOI ASEGURADA DESDE O PRIMEIRO MINUTO... UN LUGAR XENIAL, PROFESORADO Á ESGALLA, RECURSOS, GANAS E ILUSIÓN POR COMEZAR UN CURSO MÁIS! ASÍ DA GUSTO, VA QUE SI! 

NOVO CURSO, ARRIBA ENERXÍA!!!



GRAZAS E... FELIZ VERÁN!!!

CHEGOU O REMATE DO CURSO 2017/2018.

NON HAI MÁIS QUE AGRADECER O TRABALLO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, DE FAMILIAS, DA ALMA E ESENCIA DA ESCOLA DE LEDOÑO: A PROFE PILI 
PERO, ESPECIALMENTE, A ESTAS PERSOAS QUE ENCHERON DE LEDICIA A ESCOLA E A PARAXE ENTEIRA DE LEDOÑO.

UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS! 

FELIZ VERÁN!!!



DIVERSÁNS: VALORES NO FONDO E NA FORMA

ACHEGÁMOSVOS O VÍDEO DE HOXE, DÍA 31 DE MAIO. FOI UNHA XORNADA DIFERENTE E AMENA PARA DESPEDIR O MES. 
VISITÁRONNOS CATRO INTEGRANTES DO CENTRO OCUPACIONAL "A ESCADA" DE CULLEREDO. 
FIXEMOS CON ELES O LAVADO DE MANS E A MERENDA SAUDABLE E ARTÍSTICA.
CONTAMOS AMAIS CON PERSOAL VOLUNTARIO E DO PROPIO CONCELLO DE CULLEREDO ASÍ COMO A TELEVISIÓN DE GALICIA. 
DIFERENTE, SI! RIQUÍSIMO, SIIIIIIIIIII!

MARTES 29 DE MAIO: ÚLTIMA VISITA DE BRÚJULA

NA XORNADA DE HOXE TIVEMOS UNHA SORPRESA SEMPRE AGARIMOSA E ESPECIAL: BRÚJULA!!!
ESTIVEMOS CON ELA XA POR ÚLTIMA VEZ, ANTES DA NOSA VIAXE A" ILLA FANTASÍA." 
FALAMOS DE VAGAR CON ELA SOBRE O QUE ALÍ NOS ÍAMOS ATOPAR E TAMÉN FIXEMOS UN BURANGANDAUN PARA AXUDARLLE AO DRAGÓN E VERNOS DUNHA SOA OLLADA. 

GRAZAS, BRÚJULA! A CONTA ATRÁS PARA IR A "ILLA FANTASÍA" XA COMEZA...


DO 21 AO 25 DE MAIO: VISITA Á PEPATECA!

A PASADA SEMANA FOI DIVERTIDA E DIFERENTE. 
REMATAMOS A SABA PARA A COLA DO DRAGÓN DE ILLA FANTASÍA. 
O BO TEMPO AXUDOU A TRABALLAR MÁIS FÓRA E COIDAR DA NOSA HORTA. 
E PARA UN REMATE DE SEMANA POR TODO O ALTO, O XOVES VISITAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE A CHOEIRA. ALÍ ESCOITAMOS UN CONTO CLÁSICO EN KAMISHIBAI, FIXEMOS OBRADOIROS DE COCIÑA, DE XOGOS DE ALIMENTACIÓN E PRÉSTAMO ESPECIAL DE LIBROS E DVD, APRENDIMOS CUNHA ENFERMEIRA DE NEONATOS... FOI XORNADA PARA APRENDER E FACER NOVAS AMIZADES!

DEIXAMOS UNHA MOSTRA EN FORMA DE VÍDEO DA SEMANA! ;-)


ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

UNHA XORNADA ESPECIAL GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS.



OS NOSOS CHAVEIROS VENDÉRONSE MOI PERO QUE MOI AXIÑA! MIL GRAZAS! RECORDADE QUE, AO ESTAREN FEITOS CON VINAGRE E CON LEITE PODEN SÚAR DE CANDO EN CANDO SE QUEDAN AO SOL DURANTE MOITO TEMPO. LÍMPASE SEN PROBLEMA CUN PANO E... LISTO! ;-)










QUE FACER EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA?

NA PASADA XORNADA DE ONTE, RECIBIMOS A VISITA DOS TÉCNICOS DE ATENCIÓN SANITARIA QUE NOS EXPLICARON COMO PROCEDER NO CASO DE EMERXENCIA NA ESCOLA E NA CASA. 
SIMULAMOS QUE PASARÍA NO CASO DUN ACCIDENTE NA ESCOLA: COMO CHAMAR AO 112, COMO MANTER O CONTROL E NON POÑERNOS NERVIOSOS NIN NERVIOSAS...

AMAIS, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE SUBIR A UNHA AMBULANCIA DO 061.

UNHA EXPERIENCIA DENTRO DO MARCO DE ACTVIVIDADES E FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS DE TODO O CRA DE CULLEREDO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

UNHA ESPECIAL E DIDÁCTICA XORNADA! GRAZAS!






FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

COMO BEN SABEDES, ESTE ANO HOMENAXEAMOS A MARÍA VICTORIA MORENO NAS NOSAS LETRAS GALEGAS 2018.
POR ISO, DESDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CRA FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS RIMAS SOBRE O ALMORZO, O XANTAR E A CENA USANDO O LIBRO "UN CACHIÑO DE BICA?"

ASÍ UNIMOS Á AUTORA E O NOSO PROXECTO MANS Á MASA. GÚSTANVOS? 
SE TEDES LARICA DESOIS DE LELAS... ISO É QUE CUMPREN O SEU COMETIDO! ;-)



AQUÍ VAN AS RIMAS DA ESCOLA DE LEDOÑO! A COMER!!!




O ALMORZO





O XANTAR





A CEA

RESUMO SEMANAL DO 7 AO 11 DE MAIO

O NOSO RESUMO SEMANAL... AQUÍ VAI! 
PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA SEMANA PORQUE AS LETRAS GALEGAS XA ASOMAN E A NOSA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS E O NOSO MERCADIÑO SOLIDARIO ESTÁN A PUNTO! 




E... CHEGOU MAIO!

POIS SI, CHEGOU XA O MES DE MAIO... ESTA RECTA FINAL ATA REMATE DE CURSO VAI SER MOVIDA. COMEZAMOS MAIO CON MOITO TRABALLO VARIADO.
DEIXÁMOSVOS O NOSO RESUMO SEMANAL.
BOA SEMANA! 

A SEMANA DO 23 AO 27 DE ABRIL

ESTA SEMANA FOI A TOPE! COMEZAMOS CO DÍA DO LIBRO COA COMPAÑA DA DRAGONA RAMONA; AO LONGO DA SEMANA PLANTAMOS FRESAS E MELÓNS GRAZAS AO PROFE MANUEL E MÁIS Á FAMILIA DE DARÍO E APROVEITAMOS TODO CANTO POIDEMOS O BO TEMPO! 
AQUÍ VAI O NOSO RESUMO.
 BOA SEMANA!!!


DIARIO SEMANAL: DO 16 AO 20 DE ABRIL

ESTA SEMANA A PRIMAVERA FIXO ACTO DE PRESENZA E A APROVEITAMOS AO MÁXIMO! ;-) FIXEMOS UNHA MOREA DE TRABALLOS PERO AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO DAS NOSAS RECEITAS, VISITAS, SAÍDAS, XOGOS...

APROVEITAMOS! ABOFÉ!



DIARIO SEMANAL: DO 9 AO 13 DE ABRIL

ESTA SEMANA FIXEMOS MOITO E VARIADO DENTRO E FÓRA DA AULA. 
FIXEMOS MÁIS DENTRO QUE FÓRA, BEN É CERTO... PERO HAI QUE POÑER AO TEMPO CHUVIOSO UNHA BOA CARA E, SE SE PODE, UN ESTÓMAGO CHEO! ;-) VA QUE SI?




SEGUNDO TRIMESTRE: XA FOI!

HAI POUCAS SEMANAS ESTABAMOS A COMEZAR O SEGUNDO TRIMESTRE AÍNDA COA RESACA DO NADAL. CHEGAMOS XA, DE SÚPETO, AO REMATE DO SEGUNDO TRIMESTRE. A MADURACIÓN XA SE NOTA, OS NOSOS MAIORES ESTÁN CADA VEZ MÁIS ILUSIONADOS CO CAMBIO A PRIMARIA, OS MÁIS MEDIANOS XA NON O SON E VAN COLLENDO O TESTIGO DOS PRIMEIROS. 
ASÍ POIS, DEIXÁMOSVOS O RESUMO DA NOSA SEMANA AÍNDA QUE, HOUBO MOITO MÁIS QUE A CÁMARA XA NON DEU EN FOTOGRAFAR! GRANDES MOMENTOS CON ESTE GRUPO TAN XENIAL! 

BOA SEMANA BRANCA E A DISFRUTAR! 

VÉMONOS Á VOLTA! 



ENTROIDO 2018!

DESDE O CRA DE CULLEREDO XA DEMOS A SAÍDA AO ENTROIDO 2018! 
AQUÍ VAI UNHA MOSTRA DE TODO O TRABALLO PREVIO DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO. GRAZAS POLA COLABORACIÓN, FAMILIAS! 

FELIZ ENTROIDO!




OS NOSOS MELLORES DESEXOS DE PAZ

DESDE LEDOÑO FIXEMOS UNS TARROS DE PAZ, PARA PODER RECURRIR A ELES CANDO NON TEÑAMOS UN BO DÍA... A PAZ COMEZA EN NÓS! NO DÍA A DÍA! 




LEDOÑO ESTÁ CHEO DE PANADEIROS E PANADEIRAS!

DESPOIS DE MÁIS DE UNHA SEMANA TRABALLANDO COA MASA NAI, REVISANDO INGREDIENTES, CANTIDADES, OS PESOS, AS CAPACIDADES, AS MESTURAS... HOXE CHEGOU O  DÍA: FIXEMOS O NOSO PROPIO PAN.
DEIXÁMOSVOS MOSTRA DO PROCESO DE CREACIÓN.
COIDO QUE... NON SERÁ A ÚLTIMA VEZ! 
ESTES PANADEIROS E PANADEIRAS XA DEVECEN POR NOVAS RECEITAS!
FELIZ FIN DE SEMANA! 

NOVA SEMANA! DO 15 AO 19 DE XANEIRO

ESTA SEMANA DE TRANSICIÓN ENTRE A VOLTA DO NADAL E O TRABALLO DURO PARA VENCER O CANSAZO, O SONO, O CHISCO DE PEREZA ATA PARA XOGAR... 
INCRIBLE, NON SI? 
PERO XA FOI...! O RITMO VAISE COLLENDO, NÓTASE NO AMBIENTE DE LEDOÑO!;-)