Páginas

DIVERSÁNS: VALORES NO FONDO E NA FORMA

ACHEGÁMOSVOS O VÍDEO DE HOXE, DÍA 31 DE MAIO. FOI UNHA XORNADA DIFERENTE E AMENA PARA DESPEDIR O MES. 
VISITÁRONNOS CATRO INTEGRANTES DO CENTRO OCUPACIONAL "A ESCADA" DE CULLEREDO. 
FIXEMOS CON ELES O LAVADO DE MANS E A MERENDA SAUDABLE E ARTÍSTICA.
CONTAMOS AMAIS CON PERSOAL VOLUNTARIO E DO PROPIO CONCELLO DE CULLEREDO ASÍ COMO A TELEVISIÓN DE GALICIA. 
DIFERENTE, SI! RIQUÍSIMO, SIIIIIIIIIII!

MARTES 29 DE MAIO: ÚLTIMA VISITA DE BRÚJULA

NA XORNADA DE HOXE TIVEMOS UNHA SORPRESA SEMPRE AGARIMOSA E ESPECIAL: BRÚJULA!!!
ESTIVEMOS CON ELA XA POR ÚLTIMA VEZ, ANTES DA NOSA VIAXE A" ILLA FANTASÍA." 
FALAMOS DE VAGAR CON ELA SOBRE O QUE ALÍ NOS ÍAMOS ATOPAR E TAMÉN FIXEMOS UN BURANGANDAUN PARA AXUDARLLE AO DRAGÓN E VERNOS DUNHA SOA OLLADA. 

GRAZAS, BRÚJULA! A CONTA ATRÁS PARA IR A "ILLA FANTASÍA" XA COMEZA...


DO 21 AO 25 DE MAIO: VISITA Á PEPATECA!

A PASADA SEMANA FOI DIVERTIDA E DIFERENTE. 
REMATAMOS A SABA PARA A COLA DO DRAGÓN DE ILLA FANTASÍA. 
O BO TEMPO AXUDOU A TRABALLAR MÁIS FÓRA E COIDAR DA NOSA HORTA. 
E PARA UN REMATE DE SEMANA POR TODO O ALTO, O XOVES VISITAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE A CHOEIRA. ALÍ ESCOITAMOS UN CONTO CLÁSICO EN KAMISHIBAI, FIXEMOS OBRADOIROS DE COCIÑA, DE XOGOS DE ALIMENTACIÓN E PRÉSTAMO ESPECIAL DE LIBROS E DVD, APRENDIMOS CUNHA ENFERMEIRA DE NEONATOS... FOI XORNADA PARA APRENDER E FACER NOVAS AMIZADES!

DEIXAMOS UNHA MOSTRA EN FORMA DE VÍDEO DA SEMANA! ;-)


ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

UNHA XORNADA ESPECIAL GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS.



OS NOSOS CHAVEIROS VENDÉRONSE MOI PERO QUE MOI AXIÑA! MIL GRAZAS! RECORDADE QUE, AO ESTAREN FEITOS CON VINAGRE E CON LEITE PODEN SÚAR DE CANDO EN CANDO SE QUEDAN AO SOL DURANTE MOITO TEMPO. LÍMPASE SEN PROBLEMA CUN PANO E... LISTO! ;-)










QUE FACER EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA?

NA PASADA XORNADA DE ONTE, RECIBIMOS A VISITA DOS TÉCNICOS DE ATENCIÓN SANITARIA QUE NOS EXPLICARON COMO PROCEDER NO CASO DE EMERXENCIA NA ESCOLA E NA CASA. 
SIMULAMOS QUE PASARÍA NO CASO DUN ACCIDENTE NA ESCOLA: COMO CHAMAR AO 112, COMO MANTER O CONTROL E NON POÑERNOS NERVIOSOS NIN NERVIOSAS...

AMAIS, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE SUBIR A UNHA AMBULANCIA DO 061.

UNHA EXPERIENCIA DENTRO DO MARCO DE ACTVIVIDADES E FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS DE TODO O CRA DE CULLEREDO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

UNHA ESPECIAL E DIDÁCTICA XORNADA! GRAZAS!






FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

COMO BEN SABEDES, ESTE ANO HOMENAXEAMOS A MARÍA VICTORIA MORENO NAS NOSAS LETRAS GALEGAS 2018.
POR ISO, DESDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CRA FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS RIMAS SOBRE O ALMORZO, O XANTAR E A CENA USANDO O LIBRO "UN CACHIÑO DE BICA?"

ASÍ UNIMOS Á AUTORA E O NOSO PROXECTO MANS Á MASA. GÚSTANVOS? 
SE TEDES LARICA DESOIS DE LELAS... ISO É QUE CUMPREN O SEU COMETIDO! ;-)



AQUÍ VAN AS RIMAS DA ESCOLA DE LEDOÑO! A COMER!!!




O ALMORZO





O XANTAR





A CEA

RESUMO SEMANAL DO 7 AO 11 DE MAIO

O NOSO RESUMO SEMANAL... AQUÍ VAI! 
PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA SEMANA PORQUE AS LETRAS GALEGAS XA ASOMAN E A NOSA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS E O NOSO MERCADIÑO SOLIDARIO ESTÁN A PUNTO! 




E... CHEGOU MAIO!

POIS SI, CHEGOU XA O MES DE MAIO... ESTA RECTA FINAL ATA REMATE DE CURSO VAI SER MOVIDA. COMEZAMOS MAIO CON MOITO TRABALLO VARIADO.
DEIXÁMOSVOS O NOSO RESUMO SEMANAL.
BOA SEMANA!