Páginas

FESTIVAL DE NADAL CRA DE CULLEREDO 2018

A CONTINUACIÓN APARECE UN RESUMO DO QUE FIXEMOS NA XORNADA DE HOXE: VISITA DE PAPÁ NOEL, CONTO KAMISHIBAI, MERENDA ESPECIAL, XOGOS COMPARTIDOS... ASÍ COMO OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS CONXUNTAS DE TODO O ALUMNADO DO CRA COA BATUTA DA TEACHER SANDRA E DA MESTRA DE MÚSICA MABEL. 

O ÚLTIMO VÍDEO É A NOSA ACTUACIÓN EN DIRECTO. 
GRAZAS AO PROFESORADO POLA FILMACIÓN DA ACTUACIÓN E, SOBRE TODO, GRAZAS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POLA SÚA ATENCIÓN PESE A SER A TERCEIRA ACTUACIÓN E LEVAR MOITO TEMPO ATENDENDO...  MOITAS GRAZASSS!!!

FOI UN DÍA DE EMOCIÓNS, TANTO QUE O BUS DE REGRESO VIÑA CON ALGUNHA QUE OUTRA ALUMNA ADORMECIDA... 

DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO DESEXÁMOSVOS OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O 2019!🎄🎅🎆🎇🎉🎈🎊
VÉMONOS EN XANEIRO! 






VISITA AO BELÉN DE LEDOÑO 2018

QUEN PODE DICIR QUE TEN FRONTE A SÚA ESCOLA UNHA OBRA DE ARTE? 

NA ESCOLA DE LEDOÑO SOMOS PRIVILEXIADOS E PRIVILEXIADAS. GRAZAS A SANDRA E A BEATRIZ UN ANO MÁIS, VISITAMOS OS SEUS XARDÍNS. ESTA VEZ COA COMPAÑÍA DE EXALUMNA E NOVOS ALUMNOS NUN FUTURO PRÓXIMO. 
SON AUTÉNTICOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS, UNHA FANTASÍA RECREADA CON MOITO TESÓN, ESFORZO E DELICADEZA. 

ESTE ANO, TENDO O PROXECTO DA ARTE, NON ÍA SER MENOS: GRAZAS, ARTISTAS!!!
 E GRAZAS FAMILIAS POR SEMPRE FACER TEMPO PARA ACOMPAÑARNOS! 

FELIZ NADAL DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO!!!!






SEMANA DE NADAL 2018

ESTA SEMANA É INTENSA, CLARO ESTÁ. AQUÍ DEIXAMOS A PRIMEIRA PARTE.
AS FESTAS O MERECEN! 🎄🎅🎆🎉🎊

NOVA VISITA DE EXALUMNOS: UN REMATE PERFECTO PARA A NOSA SEMANA!

E REMATAMOS ESTA SEMANA CUNHA VISITA ESPECIAL E CON DOCES INCLUÍDOS! GRAZAS, MARÍA!
ASÍ DA GUSTO, OS NOSOS EXALUMNOS VEÑEN VISITARNOS E... FESTA!!!
SEMPRE SON BENVIDOS OS NOSOS PEQUES MAIORES!