Páginas

FELICES VACACIÓNS!

AXIÑA PASARON AS SEMANAS E OS MESES. ATOPÁMONOS XA NO REMATE, NA DESPEDIDA DUN FERMOSO CURSO E, PARA ALGÚNS DE NÓS, DUNHA ETAPA. 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE UNHA ANDAINA TAN COMPLETA E TAN AFECTUOSA CHEA DE AGARIMO, DE TRABALLO, DE DOZURA E DE COMPROMISO. 

FELIZ VERÁN!
SORTE NOS NOVOS RETOS SEXA AO OUTRO LADO DO ATLÁNTICO, SEXA NO COLE DE PRIMARIA...  
A ESCOLA DE LEDOÑO VOS ESPERA EN SETEMBRO COAS PORTAS ABERTAS! 





ECOMUSEO FORNO DO FORTE: SAÍDA FIN DE CURSO 2018-2019

ESTE VENRES TIVEMOS A NOSA SAÍDA DE FIN DE CURSO. FIXEMOS UNHA FERMOSA VISITA AO ECOMUSEO FORNO DO FORNE, EN BUÑO, MALPICA DE BERGANTIÑOS. 

ESTIVEMOS RODEADOS DE ARTE: BARRO TRABALLADO CON ESMERO E CON MOITO CARIÑO. LOLA DEUNOS UN PASEO POLO MUSEO, DISFRUTANDO DE CADA RECANTO DAS ANTIGAS CASAS DOS ALFAREIROS. ANTONIO, ALFAREIRO DE PROFESIÓN, ENSINOUNOS COMO FABRICAN AS CARACTERÍSTICAS PEZAS DE BUÑO. 

MESMO TIVEMOS OCASIÓN DE FACER AS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS EN BARRO. 
COMIMOS EN GABENLLE PARA DISFRUTAR XUNTOS DE COMER AO AIRE LIBRE E XOGAR ARREO! 

UN COLOFÓN PERFECTO PARA UN CURSO CON MOITA ARTE! VA QUE SI?


CONCERTO ESPECIAL PARA NÓS: ARCOS IRIS!

HOXE, CEDIÑO Á MAÑÁ, VISITAMOS O CEIP VILA DE RUTIS, EN CULLEREDO. 
FUMOS CONVIDADOS E CONVIDADAS A UN CONCERTO ESPECIAL PARA SO PARA NÓS. 
ARCOS IRIS FORON OS ENCARGADOS DESTE ESPECTÁCULO DE MÚSICA DO MUNDO E DE MOITA ARTE!

GRAZAS POR CONVIDARNOS! 


MACCRA: 31 DE MAIO DE 2019

TEDES PLANS PARA O VENRES??
NÓS PROPOÑÉMOSVOS UN PLAN CHEO DE XOGOS E DE DIVERSÓN, DE ARTE E DE ACCIÓN: O NOSO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DO CRA DE CULLEREDO.

ABERTO O NOSO MACCRA A TODA PERSOA QUE TEÑA A BEN VIR A DESFRUTAR DA ARTE CONTEMPORÁNEA: VENRES DE 16:30 A 19:30 HORAS NA REITORAL DA TORRE DE CELAS, EN CELAS DE PEIRO, CULLEREDO.
CONVIDÁMOSVOS EN VÍDEO SE OLLADES O CÓDIGO QR DO CARTAZ ;-) 




AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO-RESUMO DE TODO CANTO EXPERIMENTAMOS NO MACCRA: LUCES E SOMBRAS, CROMA, HOLOGRAMAS, MAPAS E RUTAS, ROBÓTICA ARTÍSTICA, EXPERIMENTACIÓN EN COLUMPIO... GRAZAS A CARMEN (DO CONCELLO), A CHEMA (PROFESOR DE ARTE DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA), AO PROFESORADO DO CRA POLO TRABALLO REALIZADO, ÁS FAMILIAS E COMUNIDADE DO CRA POR ACHEGARSE ESTE VENRES CALUROSO, A EXCOMPAÑEIROS E NOVOS COMPAÑEIROS POLA AXUDA NA RECOLLIDA...
 EN DEFINITIVA, POR FACER UN MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DESDE OS CIMENTOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A EXPERIENCIA!




24 DE MAIO: CONTACONTOS PARA CONCIENCIAR SOBRE A CELIAQUÍA

HOXE VENRES 24 DE MAIO TIVEMOS A VISITA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS CELÍACAS DE CULLEREDO. EN COLABORACIÓN CO CONCELLO, VIÑERON Á ESCOLA DE LEDOÑO PARA CONTARNOS UN CONTO. O PROPÓSITO É DAR A COÑECER A CELIAQUÍA E A SÚA NORMALIZACIÓN, SENSIBILIZAR SOBRE A IMPORTANCIA DA ALIMENTACIÓN, DO RESPECTO E DAS NECESIDADES DESTE COLECTIVO. 
PREGUNTAMOS SOBRE OS SEUS HÁBITOS, RESOLVIMOS DÚBIDAS E AMAIS DE PASAR UN BO RATIÑO... DÉRONNOS ALGÚNS AGASALLOS!

UN DÍA MÁIS APRENDENDO ALGO NOVO E DE FORMA DIFERENTE.

OS NOSOS AGRADECEMENTOS AO CONCELLO E Á ASOCIACIÓN. 


VISITAMOS A CASA-TALLER DE PUCHO: ARTISTA ARTESÁN EN LEDOÑO

HOXE TIVEMOS A SORTE DE IR VISITAR A CASA-TALLER DUN AVÓ DE LEDOÑO: O AVÓ DE ANTÓN, PUCHO! 
PESE A AFIRMAR E REITERAR QUE NON É ARTESÁN, AS SÚAS OBRAS FALAN POR EL E NON LLE DAN A RAZÓN. 

EL E NIEVES, A AVOA DE ANTÓN, CONVIDÁRONNOS A DAR UN PASEO POR LEDOÑO, A APRENDER SOBRE MATERIAIS, SOBRE TÉCNICAS DE TRABALLO SOBRE A MADEIRA, HISTORIA DE LEDOÑO... AMAIS, TIVEMOS A SORTE DE PODER SERRAR, LIMAR, LIXAR, TOCAR AS PEZAS DE ARTESANÍA, XOGAR CON ELAS... E MESMO MERENDAR UN RICO BISCOITO RECÉN FEITO PARA NÓS POR NIEVES.
COMO PECHE: AGASALLOS! UNS FERMOSOS COLGANTES FEITOS A MAN CON CARIÑO E PACIENCIA. 

PASAMOS UNHA XORNADA XENIAL: APRENDIMOS E ADEMAIS COMIMOS E PASEAMOS... UN AUTÉNTICO PRACER!!!

QUE SORTE TER ARTISTAS EN LEDOÑO!
GRAZAS, PUCHOOOOO!!!






16 DE MAIO: ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

ESTE ANO DEDICAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A ANTONIO FRAGUAS. TRABALLAMOS SOBRE EL, A SÚA OBRA E A SÚA FACETA COMO ANTROPÓLOGO. AMAIS, ESTIVO PRESENTE NESTA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
DEIXAMOS AQUÍ OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO E EN CONXUNTO CON TODO O CRA ASÍ COMO UN RESUMO DE TODA A XORNADA: XOGOS, CANTIGAS, COMIDA CONXUNTA COAS FAMILIAS E XOGOS PARA ELAS. 
GRAZAS POR FACER POSIBLE, UN ANO MÁIS, A NOSA ROMARÍA D'ENCANTO! 
FELICES LETRAS GALEGAS 2019



CONCERTO DE MAMÁ CABRA: 13 DE MAIO DE 2019

ESTA MAÑÁ TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR UN CONCERTO DE MAMÁ CABRA NUN LUGAR PRIVILEXIADO: O TEATRO COLÓN, EN A CORUÑA. ARTE POR TODAS PARTES: MÚSICA, ESCULTURA, ARQUITECTURA, PINTURA... 

ESTIVEMOS ESCOITANDO, APLAUDINDO, CANTANDO E BAILANDO CANCIÓNS DE SEMPRE E CANCIÓNS NOVAS. 




VISITA Á PEPATECA!

HOXE VENRES DÍA 10 FIXEMOS UHNHA XUNTANZA NA PEPATECA PARA COMPARTIR CONTOS, VER O STOPMOTION CREADO A PARTIRES DO CONTO ELABORADO ENTRE TODAS AS ESCOLAS,  OBRADOIROS VARIADOS DE 3D, DE IPAD, DE MANUALIDADES, DE PSICOMOTRICIDADE E DE COCIÑA! AMAIS, TIVEMOS A VISITA XENIAL DE EDGAR ORTIZ E CREAMOS UNHA OBRA DE ARTE COLABORATIVA COA SÚA BATUTA. 
UNHA GRAN XORNADA DE XOGOS, DE COMIDA CASEIRA RECÉN FEITA E DE ARTE, MOITA ARTE! 




ARTE EN 3D

ESTA MAÑÁ TIVEMOS A VISITA DE BEATRIZ, A NAI DE MANUEL. ENSINOUNOS COMO CREAR OBRAS DE ARTE EN TRES DIMENSIÓNS CON INGREDIENTES NATURAIS: FARIÑA, SAL, FERMENTO, COLORANTE ALIMENTICIO E AUGA. 
SIMPLEMENTE XENIAL! GRAZAS, BEATRIZ! 







ELIXIR CON ELENA BERENJENA

ESTA MAÑÁ TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, COMA SEMPRE, ÚNICA E XENIAL: ELENA BERENJENA. 
CON ELA FIXEMOS O ELIXIR DA FORZA E DA SAÚDE!!! 
GRAZAS, ELENA! 
E GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA FANTÁSTICA ANIMACIÓN. 




SABES CEPILLAR OS DENTES?

A PRIMEIRA RESPOSTA  A ESTA PREGUNTA É: CLARO! POR SUPOSTO! 
POIS BEN... IMOS AMOLARVOS UN CHISCO PORQUE... HAI MÁIS TRUCOS QUE OS MOVEMENTOS TÍPICOS PARA DEIXAR BEN BRILLANTES DENTES E MOAS. 

NÓS, GRAZÁS A MARÍA, HIXIENISTA DENTAL E NAI DE COMPIS NOSOS DO CRA, APRENDIMOS COMO REALIZAR OS MOVEMENTOS:
1. DESDE A ENXIVA ATA O DENTE NA MANDÍBULA SUPERIOR POLA CARA EXTERIOR
    DESDE A ENXIVA ATA O DENTE NA MANDÍBULA INFERIOR POLA CARA EXTERIOR
2. REPETIMOS PERO AGORA POLA CARA INTERIOR 
3. MOVEMENTOS CIRCULARES POR TODAS AS MOAS
4. LIMPAMOS A LINGUA DE DENTRO ATA FÓRA.
5. PEDIMOS AOS NOSOS ADULTOS QUE REPASEN A NOSA DENTADURA (É RECOMENDABLE QUE O FAGAN ATA APROX. OS 12 ANOS DE IDADE).

SEMELLA DIFÍCIL? POIS CON ESTA CANCIÓN PEGADIZA QUE DURA OS 2 MINUTOS RECOMENDADOS PARA O CEPILLADO... TODO AMAÑADO! 

GRAZAS, MARÍA! POR ENSINARNOS TANTO E POLOS AGASALLOS! ;-)







FELIZ DÍA DO LIBRO 2019

ESTE MARTES TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONTAR COMO EN CURSOS PASADOS COA PRESENZA DA DRAGONA RAMONA. UNHA CONTACONTOS XENIAL DO LIBRO MONCHO E A MANCHA PERO UNHA ANIMADORA AÍNDA MELLOR! 

TIVEMOS OBRADOIROS VARIADOS ONDE PRIMOU A ARTE (POLO NOSO PROXECTO), A POESÍA (COMO LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ESTE ANO) E A DIVERSIÓN (ISO SEMPRE, POR SUPOSTO). 
PUIDEMOS MERENDAR TODOS XUNTOS E XOGAR UN ANACO ANTES DE VOLVER ÁS NOSAS ESCOLAS. 

FELIZ DÍA DO LIBRO 2019! 📖
CREAR HÁBITOS NA INFANCIA XOGA UN PAPEL CRUCIAL NO SEU DESENVOLVEMENTO FUTURO. 






REMATAMOS A AVALIACIÓN CON DOCES OVOS DE PASCUA

PARA DAR O REMATE Á NOSA SEGUNDA AVALIACIÓN, BUSCAMOS OVOS DE PASCUA COA NOSA TEACHER SANDRA. 

BOAS VACACIÓNS DE PRIMAVERA! VÉMONOS O DÍA DO LIBRO!!! COLLEDE FOLGOS, QUE O TERCEIRO TRIMESTRE VIRÁ CARGADO DE MOITO MÁIS E MELLOR! 


A ARQUITECTURA É UNHA ARTE APAIXOANTE!

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL. VEU A LEDOÑO UNHA ARQUITECTA CON MOITAS GANAS DE ENSINAR O FERMOSO DA SÚA PROFESIÓN: CAROLINA.
DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO-RESUMO DE TODO CANTO APRENDIMOS! 

GRAZAS, CAROLINA! 


APRENDENDO CON OZOBOT

CO CACO DE PEPA APRENDEMOS MOITO DE ARTE PERO TAMÉN DE DIFERENTES XEITOS DE CREAR, DE ENTENDER, DE SENTIR ARTE...

DESTA VOLTA PROBAMOS CUN NOVO ROBOT PARA NÓS: OZOBOT.
UN PEQUENO FORMATO PERO ALTA CAPACIDADE E MOITAS POSIBILIDADES CREATIVAS.




ELENA BERENJENA VOLVEU Á ESCOLA DE LEDOÑO!

ESTA MAÑÁ CHEGOU Á ESCOLA A NOSA CIENTÍFICA FAVORITA: ELENA BERENJENA. 
CON ELA SEGUIMOS A PESCUDAR SOBRE OS INGREDIENTES PRECISOS PARA TER UNHA BOA SAÚDE. DESTA VOLTA: EXERCIZO E HIDRATOS DE CARBONO!
ENERXÍA Á ESGALLA!💨

COMA SEMPRE, GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA ANIMACIÓN! 




QUE EDIFICIO LLE FALTA AO CONCELLO?

POIS... SEGUNDO A ESCOLA DE LEDOÑO: UN CENTRO MÉDICO SPA

SEMELLA INCRIBLE? POIS AQUÍ O TEMOS TODO ORGANIZADO! ;-)

GRAZAS Á TAREFA DE LÓXICA DA NOSA PEPATECA... SOMOS ARQUITECTOS E ARQUITECTAS!


COCIÑAMOS?

QUE VOS APETECE? POR AQUÍ... PIZZA! OS COCIÑEIROS E AS COCIÑEIRAS TAMÉN SON ARTISTAS! NON HAI DÚBIDAS!!!



ENTROIDO 2019


GRAZAS A TODAS E A TODOS POR FACER UNHA GRAN FESTA. 

A CREACIÓN DOS NOSOS DISFRACES, DAS LUPAS, DOS GORROS, OS CARNÉS DE DETECTIVES, AS OBRAS DE ARTE PARA OS CACOS, OS ENSAIOS DA CANCIÓN CREADA POR MABEL PARA A OCASIÓN, OS XOGOS DOS PROFES ESPECIALISTAS, A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS NA XUNTANZA FINAL... GRAZAS!!!

APROVEITAMOS PARA AVISAR DE QUE TODA A COMIDA QUE QUEDOU E QUE AS FAMILIAS AMABLEMENTE APORTÁCHEDES PARA A DEGUSTACIÓN DE ENTROIDO FOI DOADA A COMEDOR SOCIAL. 

🎊FELIZ ENTROIDO!!!🎉










SEMANA DO 18 AO 22 DE FEBREIRO DE 2019

A NOSA SEMANA PREVIA AO ENTROIDO VEU CARGADIÑA DE TAREFAS, ACTIVIDADES VARIADAS E TRABALLIÑOS VARIOS. 

VEMOS O RESUMO?


SEMANA DO 11 AO 15 DE FEBRREIRO

ARTE POR TODAS PARTES, ESTUDAMOS A VAN GOGH, VISITA DE ELENA BERENJENA, NOVO RETO DO CACO DE PEPA, PREPARACIÓN DE ATREZZO PARA OS NOSOS DISFRACES DE ENTROIDO... 
QUEREDES VER UN RESUMO EN IMAXES? 😁


VISITAMOS O MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

ESTE VENRES 8 DE FEBREIRO FIXEMOS UNHA VISITA NO MARCO DO NOSO PROXECTO DE ARTE AO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA.

APRENDIMOS, REPASAMOS E CREAMOS A PARTIRES DA ARTE E DOS CINCO SENTIDOS.


CREANDO CON ARTE, MÚSICA E TECNOLOXÍA. QUEN DA MÁIS?

A maxia da tecnoloxía, a arte 
 e a música unidas! 
Creamos música grazas ao noso equipo TIC. 
Arte por todas partes e de todos os xeitos!


PAZ 2019

Pomba obra de Pablo Picasso
DESDE LEDOÑO E CO NOSO ESPÍRITO ARTÍSTICO DESTE ANO:

OS NOSOS MELLORES DESEXOS DE PAZ AQUÍ E ALÁ.


















28 DE XANEIRO DE 2019: ESPECTÁCULO VISUAL "BURBULLAS DE PAPEL"

Hoxe asistimos a unha obra de teatro e danza, música e cor... Burbullas de papel de Múcab Dans. Todo un espectáculo visual para facer pensar e imaxinar... 




A NOSA SEMANA DO 21 AO 25 DE XANEIRO DE 2019

ESTABADES CON ANSIEDADE PORQUE VOS FALTABA O NOSO RESUMO SEMANAL? AQUÍ VAI, COMA SEMPRE! BOA SEMANA! APRENDER, XOGAR, BUSCAR, PREGUNTAR, INTUIR, CAMBIAR, CONSTRUÍR... CINCO DÍAS DAN PARA MOITO ! ;-)



Semana do 14 ao 18 de xaneiro de 2019

Esta semana tivemos traballo e xogo, como é de seu. Continuamos nas nosas tarefas artísticas, de lóxica e lingua relacionadas, circuitos eléctricos, alimentación saudable... 
Todo grazas ao traballo duro pero tamén a unha sempre benvida visita da nosa amiga e científica Elena Berenjena. 
Aquí vai o noso resumo semanal. Boa semana! 


COMEZAMOS 2019 EN LEDOÑO!

XA FOI A PRIMEIRA SEMANA DE CLASE DE 2019. AÍNDA QUE A PREGUIZA E AS GANAS DE SEGUIR A XOGAR COS AGASALLOS DO NADAL ESTABAN AÍ... BEN É CERTO QUE TRABALLAMOS PERO AO NOSO ESTILO: XOGANDO, QUE É O COMO MELLOR SE TRABALLA! 

EN RESUMO: BOA SEMANA! AQUÍ VAI UNHA MOSTRA. 
COMEZANDO 2019 CON ENERXÍA POSITIVA!