Páginas

QUE EDIFICIO LLE FALTA AO CONCELLO?

POIS... SEGUNDO A ESCOLA DE LEDOÑO: UN CENTRO MÉDICO SPA

SEMELLA INCRIBLE? POIS AQUÍ O TEMOS TODO ORGANIZADO! ;-)

GRAZAS Á TAREFA DE LÓXICA DA NOSA PEPATECA... SOMOS ARQUITECTOS E ARQUITECTAS!


COCIÑAMOS?

QUE VOS APETECE? POR AQUÍ... PIZZA! OS COCIÑEIROS E AS COCIÑEIRAS TAMÉN SON ARTISTAS! NON HAI DÚBIDAS!!!



ENTROIDO 2019


GRAZAS A TODAS E A TODOS POR FACER UNHA GRAN FESTA. 

A CREACIÓN DOS NOSOS DISFRACES, DAS LUPAS, DOS GORROS, OS CARNÉS DE DETECTIVES, AS OBRAS DE ARTE PARA OS CACOS, OS ENSAIOS DA CANCIÓN CREADA POR MABEL PARA A OCASIÓN, OS XOGOS DOS PROFES ESPECIALISTAS, A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS NA XUNTANZA FINAL... GRAZAS!!!

APROVEITAMOS PARA AVISAR DE QUE TODA A COMIDA QUE QUEDOU E QUE AS FAMILIAS AMABLEMENTE APORTÁCHEDES PARA A DEGUSTACIÓN DE ENTROIDO FOI DOADA A COMEDOR SOCIAL. 

🎊FELIZ ENTROIDO!!!🎉