Páginas

FELIZ DÍA DO LIBRO 2019

ESTE MARTES TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONTAR COMO EN CURSOS PASADOS COA PRESENZA DA DRAGONA RAMONA. UNHA CONTACONTOS XENIAL DO LIBRO MONCHO E A MANCHA PERO UNHA ANIMADORA AÍNDA MELLOR! 

TIVEMOS OBRADOIROS VARIADOS ONDE PRIMOU A ARTE (POLO NOSO PROXECTO), A POESÍA (COMO LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ESTE ANO) E A DIVERSIÓN (ISO SEMPRE, POR SUPOSTO). 
PUIDEMOS MERENDAR TODOS XUNTOS E XOGAR UN ANACO ANTES DE VOLVER ÁS NOSAS ESCOLAS. 

FELIZ DÍA DO LIBRO 2019! 📖
CREAR HÁBITOS NA INFANCIA XOGA UN PAPEL CRUCIAL NO SEU DESENVOLVEMENTO FUTURO. 






REMATAMOS A AVALIACIÓN CON DOCES OVOS DE PASCUA

PARA DAR O REMATE Á NOSA SEGUNDA AVALIACIÓN, BUSCAMOS OVOS DE PASCUA COA NOSA TEACHER SANDRA. 

BOAS VACACIÓNS DE PRIMAVERA! VÉMONOS O DÍA DO LIBRO!!! COLLEDE FOLGOS, QUE O TERCEIRO TRIMESTRE VIRÁ CARGADO DE MOITO MÁIS E MELLOR! 


A ARQUITECTURA É UNHA ARTE APAIXOANTE!

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL. VEU A LEDOÑO UNHA ARQUITECTA CON MOITAS GANAS DE ENSINAR O FERMOSO DA SÚA PROFESIÓN: CAROLINA.
DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO-RESUMO DE TODO CANTO APRENDIMOS! 

GRAZAS, CAROLINA! 


APRENDENDO CON OZOBOT

CO CACO DE PEPA APRENDEMOS MOITO DE ARTE PERO TAMÉN DE DIFERENTES XEITOS DE CREAR, DE ENTENDER, DE SENTIR ARTE...

DESTA VOLTA PROBAMOS CUN NOVO ROBOT PARA NÓS: OZOBOT.
UN PEQUENO FORMATO PERO ALTA CAPACIDADE E MOITAS POSIBILIDADES CREATIVAS.




ELENA BERENJENA VOLVEU Á ESCOLA DE LEDOÑO!

ESTA MAÑÁ CHEGOU Á ESCOLA A NOSA CIENTÍFICA FAVORITA: ELENA BERENJENA. 
CON ELA SEGUIMOS A PESCUDAR SOBRE OS INGREDIENTES PRECISOS PARA TER UNHA BOA SAÚDE. DESTA VOLTA: EXERCIZO E HIDRATOS DE CARBONO!
ENERXÍA Á ESGALLA!💨

COMA SEMPRE, GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA ANIMACIÓN!