Páginas

MACCRA: 31 DE MAIO DE 2019

TEDES PLANS PARA O VENRES??
NÓS PROPOÑÉMOSVOS UN PLAN CHEO DE XOGOS E DE DIVERSÓN, DE ARTE E DE ACCIÓN: O NOSO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DO CRA DE CULLEREDO.

ABERTO O NOSO MACCRA A TODA PERSOA QUE TEÑA A BEN VIR A DESFRUTAR DA ARTE CONTEMPORÁNEA: VENRES DE 16:30 A 19:30 HORAS NA REITORAL DA TORRE DE CELAS, EN CELAS DE PEIRO, CULLEREDO.
CONVIDÁMOSVOS EN VÍDEO SE OLLADES O CÓDIGO QR DO CARTAZ ;-) 




AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO-RESUMO DE TODO CANTO EXPERIMENTAMOS NO MACCRA: LUCES E SOMBRAS, CROMA, HOLOGRAMAS, MAPAS E RUTAS, ROBÓTICA ARTÍSTICA, EXPERIMENTACIÓN EN COLUMPIO... GRAZAS A CARMEN (DO CONCELLO), A CHEMA (PROFESOR DE ARTE DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA), AO PROFESORADO DO CRA POLO TRABALLO REALIZADO, ÁS FAMILIAS E COMUNIDADE DO CRA POR ACHEGARSE ESTE VENRES CALUROSO, A EXCOMPAÑEIROS E NOVOS COMPAÑEIROS POLA AXUDA NA RECOLLIDA...
 EN DEFINITIVA, POR FACER UN MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DESDE OS CIMENTOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A EXPERIENCIA!




24 DE MAIO: CONTACONTOS PARA CONCIENCIAR SOBRE A CELIAQUÍA

HOXE VENRES 24 DE MAIO TIVEMOS A VISITA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS CELÍACAS DE CULLEREDO. EN COLABORACIÓN CO CONCELLO, VIÑERON Á ESCOLA DE LEDOÑO PARA CONTARNOS UN CONTO. O PROPÓSITO É DAR A COÑECER A CELIAQUÍA E A SÚA NORMALIZACIÓN, SENSIBILIZAR SOBRE A IMPORTANCIA DA ALIMENTACIÓN, DO RESPECTO E DAS NECESIDADES DESTE COLECTIVO. 
PREGUNTAMOS SOBRE OS SEUS HÁBITOS, RESOLVIMOS DÚBIDAS E AMAIS DE PASAR UN BO RATIÑO... DÉRONNOS ALGÚNS AGASALLOS!

UN DÍA MÁIS APRENDENDO ALGO NOVO E DE FORMA DIFERENTE.

OS NOSOS AGRADECEMENTOS AO CONCELLO E Á ASOCIACIÓN. 


VISITAMOS A CASA-TALLER DE PUCHO: ARTISTA ARTESÁN EN LEDOÑO

HOXE TIVEMOS A SORTE DE IR VISITAR A CASA-TALLER DUN AVÓ DE LEDOÑO: O AVÓ DE ANTÓN, PUCHO! 
PESE A AFIRMAR E REITERAR QUE NON É ARTESÁN, AS SÚAS OBRAS FALAN POR EL E NON LLE DAN A RAZÓN. 

EL E NIEVES, A AVOA DE ANTÓN, CONVIDÁRONNOS A DAR UN PASEO POR LEDOÑO, A APRENDER SOBRE MATERIAIS, SOBRE TÉCNICAS DE TRABALLO SOBRE A MADEIRA, HISTORIA DE LEDOÑO... AMAIS, TIVEMOS A SORTE DE PODER SERRAR, LIMAR, LIXAR, TOCAR AS PEZAS DE ARTESANÍA, XOGAR CON ELAS... E MESMO MERENDAR UN RICO BISCOITO RECÉN FEITO PARA NÓS POR NIEVES.
COMO PECHE: AGASALLOS! UNS FERMOSOS COLGANTES FEITOS A MAN CON CARIÑO E PACIENCIA. 

PASAMOS UNHA XORNADA XENIAL: APRENDIMOS E ADEMAIS COMIMOS E PASEAMOS... UN AUTÉNTICO PRACER!!!

QUE SORTE TER ARTISTAS EN LEDOÑO!
GRAZAS, PUCHOOOOO!!!






16 DE MAIO: ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

ESTE ANO DEDICAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A ANTONIO FRAGUAS. TRABALLAMOS SOBRE EL, A SÚA OBRA E A SÚA FACETA COMO ANTROPÓLOGO. AMAIS, ESTIVO PRESENTE NESTA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
DEIXAMOS AQUÍ OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS DESDE A ESCOLA DE LEDOÑO E EN CONXUNTO CON TODO O CRA ASÍ COMO UN RESUMO DE TODA A XORNADA: XOGOS, CANTIGAS, COMIDA CONXUNTA COAS FAMILIAS E XOGOS PARA ELAS. 
GRAZAS POR FACER POSIBLE, UN ANO MÁIS, A NOSA ROMARÍA D'ENCANTO! 
FELICES LETRAS GALEGAS 2019



CONCERTO DE MAMÁ CABRA: 13 DE MAIO DE 2019

ESTA MAÑÁ TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR UN CONCERTO DE MAMÁ CABRA NUN LUGAR PRIVILEXIADO: O TEATRO COLÓN, EN A CORUÑA. ARTE POR TODAS PARTES: MÚSICA, ESCULTURA, ARQUITECTURA, PINTURA... 

ESTIVEMOS ESCOITANDO, APLAUDINDO, CANTANDO E BAILANDO CANCIÓNS DE SEMPRE E CANCIÓNS NOVAS. 




VISITA Á PEPATECA!

HOXE VENRES DÍA 10 FIXEMOS UHNHA XUNTANZA NA PEPATECA PARA COMPARTIR CONTOS, VER O STOPMOTION CREADO A PARTIRES DO CONTO ELABORADO ENTRE TODAS AS ESCOLAS,  OBRADOIROS VARIADOS DE 3D, DE IPAD, DE MANUALIDADES, DE PSICOMOTRICIDADE E DE COCIÑA! AMAIS, TIVEMOS A VISITA XENIAL DE EDGAR ORTIZ E CREAMOS UNHA OBRA DE ARTE COLABORATIVA COA SÚA BATUTA. 
UNHA GRAN XORNADA DE XOGOS, DE COMIDA CASEIRA RECÉN FEITA E DE ARTE, MOITA ARTE! 




ARTE EN 3D

ESTA MAÑÁ TIVEMOS A VISITA DE BEATRIZ, A NAI DE MANUEL. ENSINOUNOS COMO CREAR OBRAS DE ARTE EN TRES DIMENSIÓNS CON INGREDIENTES NATURAIS: FARIÑA, SAL, FERMENTO, COLORANTE ALIMENTICIO E AUGA. 
SIMPLEMENTE XENIAL! GRAZAS, BEATRIZ! 







ELIXIR CON ELENA BERENJENA

ESTA MAÑÁ TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, COMA SEMPRE, ÚNICA E XENIAL: ELENA BERENJENA. 
CON ELA FIXEMOS O ELIXIR DA FORZA E DA SAÚDE!!! 
GRAZAS, ELENA! 
E GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA FANTÁSTICA ANIMACIÓN. 




SABES CEPILLAR OS DENTES?

A PRIMEIRA RESPOSTA  A ESTA PREGUNTA É: CLARO! POR SUPOSTO! 
POIS BEN... IMOS AMOLARVOS UN CHISCO PORQUE... HAI MÁIS TRUCOS QUE OS MOVEMENTOS TÍPICOS PARA DEIXAR BEN BRILLANTES DENTES E MOAS. 

NÓS, GRAZÁS A MARÍA, HIXIENISTA DENTAL E NAI DE COMPIS NOSOS DO CRA, APRENDIMOS COMO REALIZAR OS MOVEMENTOS:
1. DESDE A ENXIVA ATA O DENTE NA MANDÍBULA SUPERIOR POLA CARA EXTERIOR
    DESDE A ENXIVA ATA O DENTE NA MANDÍBULA INFERIOR POLA CARA EXTERIOR
2. REPETIMOS PERO AGORA POLA CARA INTERIOR 
3. MOVEMENTOS CIRCULARES POR TODAS AS MOAS
4. LIMPAMOS A LINGUA DE DENTRO ATA FÓRA.
5. PEDIMOS AOS NOSOS ADULTOS QUE REPASEN A NOSA DENTADURA (É RECOMENDABLE QUE O FAGAN ATA APROX. OS 12 ANOS DE IDADE).

SEMELLA DIFÍCIL? POIS CON ESTA CANCIÓN PEGADIZA QUE DURA OS 2 MINUTOS RECOMENDADOS PARA O CEPILLADO... TODO AMAÑADO! 

GRAZAS, MARÍA! POR ENSINARNOS TANTO E POLOS AGASALLOS! ;-)