Páginas

REMATAMOS TRIMESTRE! REMATAMOS 2016!

ESTES DÍAS PREVIOS AO NADAL FORON COMO DEBEN SER... CON SORPRESAS, CON DOCES, CON ALEGRÍA, CON XOGOS, CON MOITA ILUSIÓN! VA QUE SI?

OGALLÁ TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO PUIDESEN DISFRUTAR COMA NÓS! NOS NOSOS DESEXOS DE ANINOVO ASÍ I DEIXAMOS ESCRITO... ESPEREMOS QUE SE CUMPRA!


DECEMBRO? NON, PROFE... MES DO NADAL!

COMEZAR O MES DO NADAL É XA, DESDE O PRIMEIRO DÍA, ESCOITAR PANXOLIÑAS, OS XOGUETES QUE MÁIS ME GUSTAN, A ÁRBORE QUE VOU MONTAR EN CASA COA FAMILIA... ASÍ QUE... ANTES DE COMEZAR A ENCHER O BLOG COAS NOSAS CANCIÓNS E MANUALIDADES DE NADAL... 
REMATAMOS NOVEMBRO POR TODO O ALTO! AMAIS, O BO TEMPO FÍXONOS COMPAÑA! 
FELIZ COMEZO DE DECEMBRO!





QUE ASPECTO TERÁS CANDO SEXAS VELLO?

POIS BEN... A PREGUNTA NON É DOADA... NON GUSTOU MOITO VERSE RETRATADO COMO UN ANCIÁN OU UNHA ANCIÁ. PERO COMO ESTAMOS A ABORDAR O TRANSCURSO DA VIDA, TOCABA BOTARLLE IMAXINACIÓN E PENSAR COMO SERÍAMOS... 
Resultado de imaxes para A ÁRBORE XENEROSAMOITOS PENSARON NOS SEUS AVÓS E AVOAS COMO REFERENTES PARA PODER RETRATARSE, OUTROS, SIMPLEMENTE DEBUXARON AVÓS MODERNOS E TRANSGRESORES... TODA UNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS! ESTAS NOVAS XERACIÓNS... ;-)
GRAZAS Á PEPATECA E AO CONTO DESTA SEMANA: FERMOSO, FÍXONOS EMOCIONARNOS E MESMO CHORAR, DÉMONOS DE CONTA DE TODO CANTO FAN OS NOSOS PAIS, AVÓS, FAMILIARES... POR NÓS, CADA DÍA.
 "A ÁRBORE XENEROSA"





EMBIGO!



EMPREGANDO OS LIBROS DA PEPATECA COMO MOTIVADORES, A PASADA SEMANA FIXEMOS UNHA CANCIÓN CON COREOGRAFÍA:
 "O POP DO EMBIGO" 

AÍNDA QUE É MELLOR VELOS EN DIRECTO, XA QUE OS NERVIOS DA CÁMARA CAUSAN MOITA VERGOÑA, VELAQUÍ VAI O VÍDEO PARA QUE POIDADES DISFRUTALO, FAMILIAS! 









POLA NOSA BANDA... XA O VIMOS UNHAS CANTAS VECES... AS RISADAS ESTÁN ASEGURADAS... ;-)




TERCEIRA SEMANA DE NOVEMBRO

ESTA SEMANA CONMEMORAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 
25 DE NOVEMBRO.
PERO FIXEMOS MOITO MÁIS! MOITO MÁIS! VELAQUÍ UNHA MOSTRA!


ESTA SEMANA FOI MÁIS QUE O MAGOSTO

AÍNDA QUE A CELEBRACIÓN CLAVE DO OUTONO É O MAGOSTO, ESTA SEMANA ESTIVO, COMO NON, CHEA DE NOVIDADES E DE CELEBRACIÓNS. 
GRAZAS AOS PROFES E FELICIDADES, MARÍA!




MAGOSTO 2016

HOXE, MARTES 15 DE NOVEMBRO, CANDO CHEGAMOS Á CLASE, XA NOTAMOS QUE ERA UN DÍA ESPECIAL. A TEACHER SANDRA ESTABA CON NÓS NA CLASE E FOI A NOSA GUÍA NO TRAXECTO.
PATRICIA, A CONDUTORA, LEVOUNOS A RECOLLER AOS NENOS E NENAS DE SÉSAMO E VINSEIRA.
CHEGAMOS Á TORRE DE CELAS E... A XOGAR! QUE O MAGOSTO NON É SO PAPAR!
PASÁMOLO EN GRANDE COS XOGOS E COA PAPAROLA! PARA MANUEL E LARA FOI A SÚA PRIMEIRA SAÍDA TODOS XUNTOS, PARA OS DEMAIS, UNHA MÁIS NA SÚA VIDA DE "MAIORES."(PALABRAS TEXTUAIS)
VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE TODO O FEITO NO DÍA! 

GRAZAS AOS PROFES POR ESES XOGOS E CANCIÓNS TAN DIVERTIDOS E AOS CASTAÑEIROS POR ESAS CASTAÑAS TAN RICAS QUE, CUN ZUME FRESQUIÑO, FORON  A MERENDA XENIAL! 
MAGOSTO... XA FOI!!!



SA... SA... SAMAÍIIIIIIIIN

ESTA SEMANA FOI UNHA TOLEMIA DE BRUXAS, MONSTRUOS, ESQUELETES, MORCEGOS, MOUCHOS, CASAS ENFEITIZADAS...

Resultado de imaxes para BRUJA FREE

DURANTE A SEMANA PREPARAMOS A DECORACIÓN E APRENDIMOS SOBRE O SAMAÍN E O HALLOWEEN. TAMÉN ESTIVEMOS A BALEIRAR CABAZAS E DECORALAS ENTRE TODOS E TODAS.



HOXE, VENRES 28, FOI O DÍA GRANDE: DISFRAZÁMONOS PARA DAR MOIIIIITOOO MEDOOOOO, TIVEMOS UNHA RICA MERENDA "MACETAS DE CRANIOS DE ESQUELETES," BAILAMOS, CANTAMOS, ESCOITAMOS O CONTO DO SAMAÍN DA MAN DE RAMONA E PEPE E FIXEMOS UNHA INTENSA VISITA ÁS NOSAS VECIÑAS SANDRA E BEA QUE DECORARON AFANOSAMENTE AS SÚAS CASAS PARA FACERNOS TREMER CO MEDOOOOO. 

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE TODO.

MOITAS GRAZAS A TODOS! EN ESPECIAL A GORKA POR SER UN EXCELENTE FOTÓGRAFO, ÁS FAMILIAS POLA IMPLICACIÓN, A SANDRA E BEA POLA VISITA E OS AGASALLOS E A RAMONA E PEPE POR ESE CONTO EXPLICATIVO DO QUE É O SAMAÍN E A SÚA IMPORTANCIA NESTA A NOSA TERRA!
COIDADO, QUE AS BRUXAS E CURUXAS ANDAN A ESPREITARNOS! ;-)


VOTAMOS AOS MELLORES SELFIES DO CRA E... NORABOA, MARÍA!

DURANTE ESTA SEMANA VOTAMOS CALES FORON OS SELFIES MÁIS ORIXINAIS E ÚNICOS.

TRAS AS VOTACIÓNS DE TODO O CRA... A GAÑADORA FOI A NOSA COMPAÑEIRA MARÍA! NORABOA A MARÍA E Á SÚA FAMILIA!

PODEDES PREMER NO BLOG DA PEPATECA PARA VER TODA A INFORMACIÓN.



10-14 de outubro: unha semana de outono moi produtiva! ;-)

Esta semana estamos a traballar xa a un bo ritmo. Somos un grupo dinámico, así que todo canto temos ao arredor é perfecto para aprender! Velaquí unha pequena mostra!

- Traballamos arreo no noso proxecto "EU, " desta volta, fixemos entre outras cousas... Os nosos propios pes.
- Visitamos o outono desde os arredores da escola. O outono ben merece unha merendola ao aire libre!
- Cada día aprendemos máis: as cantidades que nos rodean, as palabras do día a día...

...









Período de adaptación... Aló foi! Outono... Xa chegou!

Coa chegada do outono despedimos o período de adaptación que para nós non foi tal... Adaptados chegamos e adaptados seguimos! 5 Reis e 3 raíñas da escola!!!

Somos poucos pero... De calidade! Va que si? 

Así estivemos a coñecernos durante todos estes días do mes de setembro... 




Resultado de imaxes para CUENTA ATRÁS

Voltamos!!!


Da comezo o curso 2016/2017 no CRA de Culleredo!
Desde a nosa escola de Ledoño  desexámoslle o mellor á profe Pili! Esperamos as túas visitas, eh!
E nós... Temos un proxecto entre mans... Un proxecto con encanto: 

"A miña historia é historia"

A estrear ánimo, moita enerxía e ilusión! 

 3, 2, 1 ... COMEZAMOSSSSSSSSSSSSSS!!!