Páginas

CRA DE CULLEREDO: PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016

ONTE RECIBIMOS UNHA GRANDE NOVA: SOMOS OS GAÑADORES DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016 NA MODALIDADE DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE CONCEDE A DEPUTACIÓN DE A CORUÑA.


O NOSO PROXECTO POLA IGUALDADE DE XÉNERO, "SON EU!" FOI O SELECCIONADO.

GRAZAS A TODOS E NORABOA AOS OUTROS DOUS COLES SELECCIONADOS NAS CATEGORÍAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA RESPECTIVAMENTE: CEIP CANOSA RUS DE CORISTANCO E AO IES PLURILINGÜE FONTEXEIRA DE MUROS.



A BRUXA MALAUVA VISITA LEDOÑO

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPACIAL... SABEDES QUEN?

A BRUXA MALAUVA!!!

UNHA BRUXA DIVERTIDA, TRABALLADORA E MOI BOA. CON ELA COMPARTIMOS XOGOS, RISADAS E ENSINOUNOS A CONSTRUIR FERMOSAS PALABRAS. 
VEU DO PICO DAS BRUXAS, EN ILLA FANTASÍA E PASOU CON NÓS UN BO ANACO, AÍNDA QUE TIÑA QUE IR BUSCAR AO MAGO ALFA PARA ARRANXAR O SEU MÁXIMO PAO DE ESCOBA... E TIVO QUE LISCAR AXIÑA! OGALLA NOS VISITE MÁIS VECES!!!




APRENDENDO AQUÍ E ACOLÁ!

ESTA SEMANA DO 15 AO 19 DE XANEIRO FOI PRODUTIVA, TANTO NA ESCOLA COMO FÓRA DELA. 
VISITAMOS A DOMUS E PUIDEMOS COMPROBAR DE PRIMEIRA MAN MOITOS FEITOS DA HISTORIA, REPASAMOS AS PARTES DO NOSO CORPO, XOGAMOS COA LUZ, COA COR, COA MÚSICA, CO ESPAZO...  VIMOS UN VÍDEO SOBRE COMO NACEMOS, LOGRAMOS FACER DA LUZ E DA SOMBRA XOGOS BEN DIVERTIDOS E... SOBRE TODO, SEGUIMOS APRENDENDO! 
AMAIS, O VENRES TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL... SECADRA UN NOVO COMPAÑEIRO PODE CHEGAR!OGALLÁ!



A VOLTA DAS VACACIÓNS... A POR TODAS!

COMEZAMOS O 2017 CON MOITAS GANAS. PESCUDAMOS SOBRE A ÉPOCA DO ANO E, DADO O NOSO ENORME INTERE POLO PASADO... IMOS IR PASO A PASO POLAS ÉPOCAS DA HISTORIA. DEIXÁMOSVOS CUN PEQUENO EXEMPLO DE CANTO FIXEMOS!