Páginas

FELICES VACACIÓNS!

AXIÑA PASARON AS SEMANAS E OS MESES. ATOPÁMONOS XA NO REMATE, NA DESPEDIDA DUN FERMOSO CURSO E, PARA ALGÚNS DE NÓS, DUNHA ETAPA. 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE UNHA ANDAINA TAN COMPLETA E TAN AFECTUOSA CHEA DE AGARIMO, DE TRABALLO, DE DOZURA E DE COMPROMISO. 

FELIZ VERÁN!
SORTE NOS NOVOS RETOS SEXA AO OUTRO LADO DO ATLÁNTICO, SEXA NO COLE DE PRIMARIA...  
A ESCOLA DE LEDOÑO VOS ESPERA EN SETEMBRO COAS PORTAS ABERTAS! 





ECOMUSEO FORNO DO FORTE: SAÍDA FIN DE CURSO 2018-2019

ESTE VENRES TIVEMOS A NOSA SAÍDA DE FIN DE CURSO. FIXEMOS UNHA FERMOSA VISITA AO ECOMUSEO FORNO DO FORNE, EN BUÑO, MALPICA DE BERGANTIÑOS. 

ESTIVEMOS RODEADOS DE ARTE: BARRO TRABALLADO CON ESMERO E CON MOITO CARIÑO. LOLA DEUNOS UN PASEO POLO MUSEO, DISFRUTANDO DE CADA RECANTO DAS ANTIGAS CASAS DOS ALFAREIROS. ANTONIO, ALFAREIRO DE PROFESIÓN, ENSINOUNOS COMO FABRICAN AS CARACTERÍSTICAS PEZAS DE BUÑO. 

MESMO TIVEMOS OCASIÓN DE FACER AS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS EN BARRO. 
COMIMOS EN GABENLLE PARA DISFRUTAR XUNTOS DE COMER AO AIRE LIBRE E XOGAR ARREO! 

UN COLOFÓN PERFECTO PARA UN CURSO CON MOITA ARTE! VA QUE SI?


CONCERTO ESPECIAL PARA NÓS: ARCOS IRIS!

HOXE, CEDIÑO Á MAÑÁ, VISITAMOS O CEIP VILA DE RUTIS, EN CULLEREDO. 
FUMOS CONVIDADOS E CONVIDADAS A UN CONCERTO ESPECIAL PARA SO PARA NÓS. 
ARCOS IRIS FORON OS ENCARGADOS DESTE ESPECTÁCULO DE MÚSICA DO MUNDO E DE MOITA ARTE!

GRAZAS POR CONVIDARNOS!