Páginas

QUE ASPECTO TERÁS CANDO SEXAS VELLO?

POIS BEN... A PREGUNTA NON É DOADA... NON GUSTOU MOITO VERSE RETRATADO COMO UN ANCIÁN OU UNHA ANCIÁ. PERO COMO ESTAMOS A ABORDAR O TRANSCURSO DA VIDA, TOCABA BOTARLLE IMAXINACIÓN E PENSAR COMO SERÍAMOS... 
Resultado de imaxes para A ÁRBORE XENEROSAMOITOS PENSARON NOS SEUS AVÓS E AVOAS COMO REFERENTES PARA PODER RETRATARSE, OUTROS, SIMPLEMENTE DEBUXARON AVÓS MODERNOS E TRANSGRESORES... TODA UNHA DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS! ESTAS NOVAS XERACIÓNS... ;-)
GRAZAS Á PEPATECA E AO CONTO DESTA SEMANA: FERMOSO, FÍXONOS EMOCIONARNOS E MESMO CHORAR, DÉMONOS DE CONTA DE TODO CANTO FAN OS NOSOS PAIS, AVÓS, FAMILIARES... POR NÓS, CADA DÍA.
 "A ÁRBORE XENEROSA"





EMBIGO!



EMPREGANDO OS LIBROS DA PEPATECA COMO MOTIVADORES, A PASADA SEMANA FIXEMOS UNHA CANCIÓN CON COREOGRAFÍA:
 "O POP DO EMBIGO" 

AÍNDA QUE É MELLOR VELOS EN DIRECTO, XA QUE OS NERVIOS DA CÁMARA CAUSAN MOITA VERGOÑA, VELAQUÍ VAI O VÍDEO PARA QUE POIDADES DISFRUTALO, FAMILIAS! 









POLA NOSA BANDA... XA O VIMOS UNHAS CANTAS VECES... AS RISADAS ESTÁN ASEGURADAS... ;-)




TERCEIRA SEMANA DE NOVEMBRO

ESTA SEMANA CONMEMORAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 
25 DE NOVEMBRO.
PERO FIXEMOS MOITO MÁIS! MOITO MÁIS! VELAQUÍ UNHA MOSTRA!


ESTA SEMANA FOI MÁIS QUE O MAGOSTO

AÍNDA QUE A CELEBRACIÓN CLAVE DO OUTONO É O MAGOSTO, ESTA SEMANA ESTIVO, COMO NON, CHEA DE NOVIDADES E DE CELEBRACIÓNS. 
GRAZAS AOS PROFES E FELICIDADES, MARÍA!




MAGOSTO 2016

HOXE, MARTES 15 DE NOVEMBRO, CANDO CHEGAMOS Á CLASE, XA NOTAMOS QUE ERA UN DÍA ESPECIAL. A TEACHER SANDRA ESTABA CON NÓS NA CLASE E FOI A NOSA GUÍA NO TRAXECTO.
PATRICIA, A CONDUTORA, LEVOUNOS A RECOLLER AOS NENOS E NENAS DE SÉSAMO E VINSEIRA.
CHEGAMOS Á TORRE DE CELAS E... A XOGAR! QUE O MAGOSTO NON É SO PAPAR!
PASÁMOLO EN GRANDE COS XOGOS E COA PAPAROLA! PARA MANUEL E LARA FOI A SÚA PRIMEIRA SAÍDA TODOS XUNTOS, PARA OS DEMAIS, UNHA MÁIS NA SÚA VIDA DE "MAIORES."(PALABRAS TEXTUAIS)
VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE TODO O FEITO NO DÍA! 

GRAZAS AOS PROFES POR ESES XOGOS E CANCIÓNS TAN DIVERTIDOS E AOS CASTAÑEIROS POR ESAS CASTAÑAS TAN RICAS QUE, CUN ZUME FRESQUIÑO, FORON  A MERENDA XENIAL! 
MAGOSTO... XA FOI!!!