Páginas

ECOMUSEO FORNO DO FORTE: SAÍDA FIN DE CURSO 2018-2019

ESTE VENRES TIVEMOS A NOSA SAÍDA DE FIN DE CURSO. FIXEMOS UNHA FERMOSA VISITA AO ECOMUSEO FORNO DO FORNE, EN BUÑO, MALPICA DE BERGANTIÑOS. 

ESTIVEMOS RODEADOS DE ARTE: BARRO TRABALLADO CON ESMERO E CON MOITO CARIÑO. LOLA DEUNOS UN PASEO POLO MUSEO, DISFRUTANDO DE CADA RECANTO DAS ANTIGAS CASAS DOS ALFAREIROS. ANTONIO, ALFAREIRO DE PROFESIÓN, ENSINOUNOS COMO FABRICAN AS CARACTERÍSTICAS PEZAS DE BUÑO. 

MESMO TIVEMOS OCASIÓN DE FACER AS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS EN BARRO. 
COMIMOS EN GABENLLE PARA DISFRUTAR XUNTOS DE COMER AO AIRE LIBRE E XOGAR ARREO! 

UN COLOFÓN PERFECTO PARA UN CURSO CON MOITA ARTE! VA QUE SI?


No hay comentarios:

Publicar un comentario