Mabel e Iván viñeron a escola a contarnos o conto de elefantes: Blancos e negros". Logo cantamos todos xuntos a canción "a muralla".
Tamén fixemos murais o "Día da Paz".
dia da Paz on PhotoPeach
CASA DAS CIENCIAS
Fomos de visita a Casa das Ciencias . Ademais de ter unha sesión no Planeterio onde vimos estrelas, planetas...que nos deixou abraiados, fixemos un percorrido por todo. ¡Canto experimentamos e canto nos gustou!.
Logo na escola fixemos uns debuxos preciosos da visita. casa das ciencias on PhotoPeach
Logo na escola fixemos uns debuxos preciosos da visita. casa das ciencias on PhotoPeach
Festa de Nadal
Pasámolo moi ben na Festa de Nadal en Almeiras. Antes recibimos na escola o Carteiro Real e preparamos postais e adornos. ¡que emoción!Festa Nadal on PhotoPeach
CHEGOU UNHA CARTA DE CRABELA
O 21 de novembro chegou a nosa escola unha carta de CRABELA. Contábanos que tiñamos que gardar a peza de alfarería que fixemos para entregarlle ao dragón o día que vaiamos a salvar a ARTURO.
Para chegar a ese día aínda temos que superar máis probas. Agora precisamos investigar sobre os estamentos da Idade Media, pois o dragón quere saber quen coida a porta onde está encerrado ARTURO.
Na casa xa estivemos a investigar e contamos aos nosos compis que é o que aprendimos na casa.
TRABALLAMOS OS OFICIOS DO MEDIEVO
Na escola fixemos diferentes traballos artesáns, como na idade media. Pintamos, cosimos ... fomos alfareiros e panadeiros. Pasámolo moi ben.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)