Páginas

AIRE DE NADAL


XA A SEMANA PASADA COMEZAMOS A DECORACIÓN CON POSTAIS E ADORNOS A BASE DE ELEMENTOS DO NOSO RECUNCHO NATURAL COMBINADOS COS RECURSOS ARTÍSTICOS QUE TEMOS. 


TAMÉN ELABORAMOS UN NOVO MANDALA INVERNAL PARA RECIBIR ESTA ESTACIÓN SEGUINDO A ESTELA DO QUE FIXERAMOS NO OUTONO


ESTREAMOS BANDEXAS CON ACTIVIDADES MANIPULATIVAS VARIADAS DE TEMÁTICA NAVIDEÑA





O MERCORES RECIBIMOS A VISITA DE SANDRA E BEA, QUE  NOS AGASALLARON CUNHA BOLSA PERSONALIZADA CUN XOGO DE MESA SÚPER ORIXINAL FEITO POR ELAS. NÓS DEMOSLLE A CADA UNHA A SÚA POSTAL DE BO NADAL CON MOITO AGARIMO. CHARLAMOS, ENSINAMOSLLE COUSIÑAS DA AULA E DESPEDÍMONOS MOI AGRADECIDOS.



E PARA REMATAR AQUÍ ESTÁ A NOSA ÁRBORE ESPECIAL DOS DESEXOS DO 2020



BICOS E APERTAS

                      PAZ
     RISAS
                  
        SAÚDE                DESCUBRIR COUSAS NOVAS
                                                                                                                  
                     SEMPRE AMIGOS                   
    
                                          MOITAS FLORES                             XOGOS DIVERTIDOS


PARABÉNS PARA ANTÓN


O DERRADEIRO ANIVERSARIO DESTE ANO FOI O DE ANTÓN QUE CONTABA OS DÍAS QUE FALTABAN PARA ESTA DATA CON MOITA EXPECTACIÓN.

 AGORA XA SUBIU Á TARTA DOS CATRO ANOS CON CLAUDIA
SOPROU LEDO E AGARIMOSO A CANDEA E CANTAMOS VÁRIAS CANCIÓNS PARA FESTEXALO


LINDO AGROMAR


DESDE O LUNS 2 QUE METIMOS AS LANDRAS E CASTAÑAS NA TERRA,  O LUNS 9 XA HABÍA ALGO VERDE MINI NUN TESTO E O 11 FXEMOSLLE A FOTO DA ESQUERDA A UN BROTE DE CASTIÑEIRO. O LUNS ESTABA XA ASÍ DE DEREITO CON FERMOSAS FOLLAS AGROMANDO. PRESTA MIRALO VERDADE?

EN CANTO Á HORTA SEGUIMOS CON ATENCIÓN O PROCESO E OBSERVAMOS OS PERIGOS DA SARAIBA, O VENTO, OU O EXCESO DE CHOIVA QUE AS NOSAS PRANTIÑAS VAN SUPERANDO.

 COMPROBAMOS QUE EN 10 DÍAS AS NABIZAS XA TIÑAN NACIDO E FORON MEDRANDO DE FORMA ESPECTACULAR (25 NOV; 4; 9; 11; DEC)


MENTRES QUE AS ACELGAS TARDARON MAIS E O PEREXIL FOI O ÚLTIMO.

 
9 DEC           11DEC


PARA COIDAR A HORTA QUITAMOS PAUS GORDOS, PEDRAS GRANDES E CALQUERA COUSA QUE POIDA AMEAZALAS.







DECÁLOGO AMBIENTAL



ESTIVEMOS MOI CONTENTOS DO RESULTADO DAS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS PARA ELABORAR ESTE DECÁLOGO. 
PARA QUE NON SE NOS ESQUEZAN AS 10 ACCIÓNS ESTIVEMOS XOGANDO CO ESCORNABOT.




OS DEREITOS DAS ÁRBORES

LEMBRADES AQUEL DÍA QUE FALANDO DOS DEREITOS DA INFANCIA COMEZAMOS A REDACTAR OS DAS ÁRBORES E ENVIAMOS A TAREFA PARA QUE REMATARAN AS OUTRAS ESCOLAS?


XA ESTÁ AQUÍ : DEREITOS DAS ÁRBORES 






INVERNO ASOMA NA ESCOLA

FERMOSURA DE ESTAMPAS A  SEMANA PASADA COA BAIXADA DE TEMPERATURAS!
ATOPAMOS TODO O ARREDOR DA ESCOLA CUBERTO DE XEO


OS CAMPOS EN LEDOÑO FICARON BRANCOS 
OS COCHES MARCABAN -2 º


AS HERBIÑAS E FOLLAS NO CHAN CONXELADAS


E AS NOSAS PRANTIÑAS DA HORTA SOBREVIVINDO

CON RAZÓN DECEMBRO É O MES DE COMEZO DO INVERNO

XA VIMOS ACONTECER COUSAS NO PATIO
OS PAXAROS ANDAN ATAREFADOS COLLENDO COMIDA 

AS ÁRBORES XA PERDERON MAIS DA METADE DAS FOLLAS, E CURIOSAMENTE COMO SE VE NA FOTO, OS PLÁTANOS DA SOMBRA ESTÁN MAIS ESPIDAS POLA PARTE ALTA DAS COPAS, SABEDES POR QUÉ?  A PENSAR!


NA CARBALLEIRA HAI CARBALLOS MAIS ESPIDOS QUE OUTROS E AOS CASTIÑEIROS APENAS LLES QUEDAN FOLLAS



PERO TEMOS UNHAS FERMOSAS ALFOMBRAS DE CORES E SEGUIMOS XOGANDO COAS FOLLAS QUE APAÑAMOS








VISITA Á LONXA E Ó ACUARIO DE CORUÑA

FIXEMOS A SEGUNDA XUNTANZA COS COMPIS DAS ESCOLAS DO CRA PARA IR DE EXCURSIÓN XUNTOS Á CORUÑA

NA LONXA ÍA MOITO FRÍO E HABÍA XEO POR MOITOS SITIOS. LOGO DESCUBRIMOS A MÁQUINA QUE USAN PARA ENCHER AS CAIXAS CO PEIXE E MANTELO FRESQUIÑO

NO ACUARIO DESFRUTAMOS E APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS PEIXES, MEDUSAS, ESTRELAS, FOCAS....



ALUCINAMOS COS CONGRIOS, AS MORENAS E O FAMOSO TIBURÓN GASTÓN


MIRADE O VÍDEO RESUMO E A DESFRUTAR COA MÚSICA 🦑🎵🎶🦀🎵🎶🦈🎵🐟





O PRACER DOS TRAZOS

AQUÍ VEDES ALGUNHA MOSTRA DO QUE FACEMOS COS ROTUS POSCA

 1 , 2 , 3, ESTRELA E CORAZÓN 

4, 5, 6,  ESPIRAIS A MOGOLLÓN 


  DESFRUTAMOS MOITO DEBUXANDO EN SUPERFICIES GRANDES E OBSERVANDO A COMBINACIÓN DO QUE FACEMOS CO FONDO TRAS O CRISTAL DA VENTÁ

 TAMÉN VIMOS AS SOMBRAS DOS DEBUXOS NAS CORTINAS E NO CHAN. BRUXERÍAS DA LUZ😊

 NO ESPELLO EXPLORAMOS OS NOSOS REFLEXOS, SILUETAS E CONTORNOS DO CORPO, E TENTAMOS DEBUXAR OS COMPIS QUE SE QUEDABAN QUIETOS . LOGO RIMOS MOITO COS RESULTADOS.


XERMOLOS II


 ADEMAIS DAS LANDRAS ATOPAMOS TAMÉN CASTAÑAS XERMOLADAS E TRAS UNHA SEMANA E MEDIO NA ESCOLA, AS RAÍCES FIXERONSE MAIS LONGAS E DECIDIMOS POÑELAS NOS TESTOS COA TERRA.

CADA UN APADRIÑOU UNHA LANDRA OU CASTAÑA PARA COIDAR AS FUTURAS ÁRBORES . TEREMOS POIS 3 CASTIÑEIROS E 4 CARBALLOS CONTANDO CO DA MESTRA.  AGARDAMOS QUE TODOS MEDREN SANS.




ANIVERSARIO DE CLAUDIA


CLAUDIA CUMPRIU 4 ANOS E ACOMPAÑÁMOLA FELICES  NO SEU ANIVERSARIO. 


   ENCANTOUNOS O BISCOITO QUE COMPARTIU CON TODOS. MOITAS GRAZAS!



SEGUNDA ECOMISIÓN

A SEGUNDA ECOMISIÓN TIÑA QUE VER COA ECOAMEAZA DAS REDES PANTASMA 
QUE QUEDAN OLVIDADAS NO MAR E SON UN PERIGO PARA OS PEIXES. MENOS MAL QUE CARPIÑO TEN A LARA A PEIXE-ESPADA CO SEU ECOPODER PARA AXUDARLLE A CORTAR AS REDES CANDO QUEDAN ATRAPADOS.

XOGAMOS COA REDE E SIMULAMOS QUEDAR ATRAPADOS PARA COMPROBAR CÓMO NOS SENTIMOS CANDO ESTAMOS APRESADOS


LOGO DÉMOSLLE UN USO CREATIVO Á REDE, COLGANDOA NA NOSA PEPATECA,  USANDO AS PINZAS E PAPEIS  QUE NOS ENVIOU CARPIÑO . ENCÁNTANOS COMO QUEDOU!