Páginas

TAREFA DE APRENDIZAXE: XOGOS POPULARES

PARA LEVAR A CABO ESTA TAREFA, CONTAMOS COA ENCICLOPEDIA DE XOGOS POPULARES "CHIRLOSMIRLOS", DE ANTÓN CORTIZAS.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA SELECCIONOU 5 XOGOS POPULARES E NÓS, ESCOLLIMOS OS BIRLOS.

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE O MESMO, ATOPAMOS QUE É UN XOGO QUE AÍNDA SE PRACTICA NALGÚNS LUGARES DE GALICIA E MESMO NALGÚNS PAÍSES DE AMÉRICA.

NÓS ADAPTAMOS O XOGO ELABORANDO OS ELEMENTOS QUE SE PRECISAN E MESMO A CANTIDADE DOS MESMOS. OS BIRLOS E AS BÓLAS, CONSTRUÍMOLOS UTILIZANDO MATERIAIS QUE SE PODEN REUTILIZAR E ASÍ, APRENDEMOS QUE HAI COUSAS QUE PODEN TER UN SEGUNDO USO.

QUEREMOS ENSINARVOS COMO ELABORAMOS O XOGO E COMO SE XOGA.

 

ESPERAMOS QUE VOS ANIMEDES A XOGAR PORQUE A NÓS GÚSTANOS MOITO!

TAREFA DE APRENDIZAXE: OS PUNTOS CARDINAIS

CHEGOU Á ESCOLA ESTA TAREFA QUE NOS AXUDOU A SITUARNOS E ORIENTARNOS GRAZAS AO COMPÁS.

COÑECIMOS DIFERENTES TIPOS DE COMPÁS E CON ELES UBICAMOS OS PUNTOS CARDINAIS EN DIFERENTES LUGARES: NA PISTA E DENTRO DA ESCOLA.

TIÑAMOS 4 PLANTILLAS PARA DECORAR LIBREMENTE OS CATRO PUNTOS CARDINAIS. DECIDIMOS UTILIZAR ELEMENTOS DO OUTONO QUE TIÑAMOS AO REDOR E MESMO NA ESCOLA. DESPOIS TIVEMOS QUE SITUALOS NA AULA, E TAMÉN, O NOROESTE, IMPORTANTE PARA NÓS NO NOSO PROXECTO.

MARTIÑO E TESTA

COMEZOU A MISIÓN "MORRIÑA 21"!

MARTIÑO ENVIOUNOS INFORMACIÓNS IMPORTANTES. PODEDES VELAS SI PINCHADES ENRIBA DA PRIMEIRA IMAXE.


TAMÉN RECIBIMOS NA ESCOLA: UN CALENDARIO PARA SINALAR AS DATAS IMPORTANTES DA MISIÓN E UNHA TARXETA PARA CADA UN DE NÓS, ONDE APARECEN 7 ESTRELAS PARA COMPLETAR A OSA MAIOR.


NO CALENDARIO XA ANOTAMOS UNHA DATA IMPORTANTE, O DÍA 11 DE NOVEMBRO, POIS ESE DÍA, EN DIRECTO, VIMOS O DESPEGUE DO COHETE ONDE VIAXARON MARTIÑO E TESTA. SE QUEREDES VELO, PODEDES FACELO VISITANDO O BLOG DA PEPATECA.


MAGOSTO

CHEGOU O DÍA TAN ESPERADO! ERA A PRIMEIRA VEZ QUE IAMOS DE EXCURSIÓN E ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS!

O VENRES DÍA 12 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS XUNTO CON TODAS AS NENAS E NENOS DAS ESCOLAS DO CRA, O MAGOSTO NA RECTORAL DE CELAS.

PARA ESE DÍA, ESTIVEMOS PREPARANDO UNHAS CAIXAS PARA PODER COMER AS CASTAÑAS E NON TIRAR LIXO NO CHAN. FIXÉMOLAS APROVEITANDO CARTÓNS DE LEITE QUE NOS ENVIARON AS FAMILIAS.


E PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS, AQUÍ TEDES UN VÍDEO DESE DÍA.

QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS SAÍDAS!

TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA: O PASO DO TEMPO

COMEZAMOS COAS TAREFAS QUE NOS PROPOÑEN DENDE A BIBLIOTECA DO CRA  RELACIONADAS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI), QUE ESTE CURSO TITÚLASE: "NOROESTE CREACCIÓNS, FEITO POR NÓS".
GRAZAS A ELAS DESCUBRIREMOS UN POUCO MÁIS ONDE VIVIMOS: O NOROESTE.

A PRIMEIRA TAREFA QUE REMATAMOS FOI A RELACIONADA CO PASO DO TEMPO.
ESTA TAREFA VIÑA ACOMPAÑADA DE DOUS LIBROS: 


PEDIMOS AXUDA ÁS FAMILIAS PARA QUE NOS ENVIASEN FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE LUGARES DO NOROESTE E FOTOGRAFÍAS ACTUAIS NO MESMO LUGAR.

UNHA VEZ RECIBIDAS TODAS AS FOTOS, VISIONÁMOLAS NA AULA E COMENTAMOS AS DIFERENZAS E SEMELLANZAS QUE ATOPAMOS. 
O QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN É QUE A MAIORÍA DAS FOTOS ANTIGAS ERAN "GRISES" E AS ACTUAIS, TIÑAN COR.
FALAMOS TAMÉN DE COMO MUDOU A PAISAXE E MESMO COMO VESTÍAN AS PERSOAS QUE SAÍAN NAS FOTOS.

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA:




MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!


NOVAS DE AVENTUREIRA SABELA

FAI UN PAR DE SEMANAS TIVEMOS NOTICIAS DA AVENTUREIRA SABELA.

PARA QUEN NON A COÑEZADES É UNHA PERSOA MOI ESPECIAL COA QUE O CURSO PASADO VIVIMOS MOI BOAS EXPERIENCIAS!

POIS BEN, ENVIOUNOS UNHA MENSAXE CUNHA PROPOSTA MOI INTERESANTE! PODEDES VER O VÍDEO PINCHANDO AQUÍ.

SABELA ENSINOUNOS UN CARTEL NO QUE SE SORTEABA UNHA VIAXE Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL. ALGÚNS DE NÓS, ANIMÁMONOS A PARTICIPAR!


O SORTEO CELEBROUSE O DÍA 21 DE OUTUBRO E NÓS VIMOS EN DIRECTO NA ESCOLA, A RESOLUCIÓN DO MESMO. SE O QUEREDES VER, PINCHADE AQUÍ.

MARTIÑO FOI O GAÑADOR DA VIAXE! PERO QUEN É MARTIÑO?
COÑECIMOS A MARTIÑO E A SÚA CADELIÑA TESTA QUE O VAI ACOMPAÑAR, NESTE VÍDEO.


MENUDA SORPRESA QUE TIÑA ESTE VÍDEO, NÓS AXUDAREMOS NO QUE PRECISEN!

COMEZAMOS NOVA AVENTURA!