Páginas

COLLEITA NA HORTA

ESTA SEMANA OBSERVAMOS MOITAS NOVIDADES NA NOSA HORTA: AS CENORIAS XA COMEZAN ASOMAR, UNHA DAS PLANTAS DO BRÓCOLI COMEZA A MEDRAR E AS XUDÍAS TAMÉN ESTÁN A GABEAR, DE FEITO, TIVEMOS QUE POÑER UNHAS VARAS MÁIS ALTAS.

E PARA REMATAR, ESTE XOVES, LEVAMOS PARA A CASA LEITUGA RIZADA.

SEGURO QUE ESTABA BOÍSIMA!
















TAREFA INTEGRADA DE LITERATURA: BOOKTUBERS

UNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS DA BIBLIOTECA DESTE TRIMESTRE, FOI A DE VOTAR UN DOS 5 LIBROS MÁIS VALORADOS POLO ALUMNADO DO CRA: LA VOCECITA, A CASA DA MOSCA CHOSCA, DANIELA PIRATA, A DORMIR MONSTRUOS E NO ABRAS ESTE LIBRO.

NA NOSA ESCOLA ESCOLLIMOS DANIELA PIRATA E PRESENTÁMOLO COMO BOOKTUBERS.

SABELA EN RÍO DE XANEIRO

SABELA CHEGA AO PORTO DE RÍO DE XANEIRO PARA ATOPARSE CO MESTRE DE LINGUA PORTUGUESA E DENDE ALÍ ENVIOUNOS UN AUDIO

ESCOITAMOS 25 PALABRAS BONITAS EN PORTUGUÉS. A NOVA MISIÓN FOI ESCOLLER 5 PALABRAS EN GALEGO QUE NOS GUSTAN: APERTA, BOLBORETA, ARCO DA VELLA, NAMORADA E BICO. CADA ESCOLA FIXO O MESMO, E CONSEGUIMOS RECOMPILAR 25 FERMOSAS PALABRAS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. PODEDES COÑECELAS TODAS PINCHANDO AQUÍ.

SABELA ENVIOUNOS UNHA POSTAL DA PRAIA DE IPANEMA EN BRASIL E UN VÍDEO DENDE O PORTO DE RÍO CUNHA GRAN SORPRESA....

SABELA VOLVE A CORUÑA CO TESOURO!!! QUE SERÁ??!!

ESPERAMOS IMPACIENTES A SÚA CHEGADA!!

                        

TAREFA INTEGRADA DE ARTE: YAYOI KUSAMA

NA TAREFA INTEGRADA DE ARTE DESTE TRIMESTRE, DOS 5 ARTISTAS MÁIS VALORADOS, ESCOLLIMOS A YAYOI KUSAMA.
A TRAVÉS DA APP LITTLE BIG ARTIST FIXEMOS CADAQUEN A SÚA OBRA DE ARTE SEGUINDO AS FORMAS QUE EMPREGA A ARTISTA XAPONESA.


AARÓN
                                      
     

QUEDARON XENIAL!

DESPOIS, ENTRE TODAS E TODOS REPRODUCIMOS NUN NÚMERO 5 A TÉCNICA QUE UTILIZA YAYOI.
MIRADE O VÍDEO PARA VER O PROCESO E COMO QUEDOU A NOSA CREACIÓN ARTÍSTICA.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 DE MAIO, CELÉBRASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, PERO ESTA SEMANA NA ESCOLA ESTIVEMOS COÑECENDO Á ESCRITORA HOMENAXEADA NESTE 2021, XELA ARIAS.

CADA DÍA, FOMOS COÑECENDO COUSAS DE XELA A TRAVÉS DE DIFERENTES ACTIVIDADES.


TAMÉN APRENDIMOS UNHA CANCIÓN TRADICIONAL GALEGA "O GALO CANTA", QUE APRENDEMOS TODAS AS NENAS E NENOS DO CRA E COA QUE FIXEMOS UN VÍDEO.

MAIO, MES DAS FLORES

COMEZAMOS A SEMANA NUN NOVO MES, O MES DE MAIO, MES DAS FLORES.

EN LEDOÑO QUIXEMOS DECORAR A AULA CUN MURAL COLORIDO, UTILIZANDO DIFERENTES SOPORTES PARA PINTAR. PODEDES VER O RESULTADO NO VÍDEO.

PERO TAMÉN APROVEITAMOS O BO TEMPO PARA FACER UN PICNIC Á SOMBRA DAS ÁRBORES QUE TEMOS FRENTE Á ESCOLA. PASÁMOLO MOI BEN E GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA QUE SEGURO REPETIREMOS.

AVENTUREIRA SABELA NOS ÁNXELES (ESTADOS UNIDOS)

SABELA ENVIOUNOS UN AUDIO DENDE O PORTO DOS ÁNXELES, ESTADOS UNIDOS E UNHA CAIXA PARA PODER FACER UN TÓTEM ENTRE TODAS AS ESCOLAS DO CRA.

EN LEDOÑO ELIXIMOS QUE O ANIMAL QUE NOS REPRESENTA É O GATO PORQUE É UN ANIMAL AMOROSO, CARIÑOSO... TAMÉN CONSTRUÍMOS TÓTEMS A TRAVÉS DA APP TOTEMUP.

ASÍ QUEDOU O TÓTEM DO CRA DE CULLEREDO. QUE VOS PARECE?


DESPOIS DE ENVIARLLE A SABELA A FOTO DO NOSO TÓTEM, ENVIOUNOS UN VÍDEO E TAMÉN CHEGOU Á ESCOLA UNHA POSTAL DENDE OS ÁNXELES.


AGORA MESMO XA SE ATOPA RUMBO AO SEU NOVO DESTINO: O PORTO DE RÍO DE XANEIRO EN BRASIL!

ESTAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS PORQUE É O DERRADEIRO DESTINO NA BÚSQUEDA DO TESOURO!!
EN 7 DÍAS TEREMOS NOVAS DE SABELA.
BOA VIAXE!

PRIMEIRA COLLEITA NA HORTA

HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL NA NOSA HORTA.

COMEZOU A NOSA PRIMEIRA COLLEITA!!

RECOLLIMOS OS PRIMEIROS AMORODOS QUE PROBAREMOS MAÑA NA MERENDA E AS LEITUGAS MORADAS QUE CADAQUÉN LEVOU PARA A SÚA CASA PARA COMPARTIR COA SÚA FAMILIA.

ESPERO QUE A TODAS E TODOS VOS GUSTASE MOITO.