Páginas

MANS

COMEZA OUTRA SEMANA E SEGUIMOS CUNMPRINDO A CORENTENA. SEGURO QUE ESTADES LAVANDO AS MANS MOITO, PERO ...

FACÉDELO CANTANDO?
 

AQUÍ TEDES UNHA CANCIÓN DE MIGALLAS PARA FACER ESTE HÁBITO MAIS DIVERTIDO.

E FALANDO DE MANS, E DEDOS...MÁNDOVOS UNS XOGOS DE MANS PARA QUE FAGADES EN FAMILIA:

ATENCIÓN !


O NOSO LAR

HAI UN DISCO DOS MEUS FAVORITOS QUE É CANTA O CUCO, DE UXÍA SENLLE E MAGÍN BLANCO, UNHA MARABILLOSA HOMENAXE NA QUE PODER OUVIR VERSOS DE MANUEL MARÍA CON FERMOSA MÚSICA 🎵 

NESE DISCO HAI UN TEMA QUE SE CHAMA O LAR.  ESTES DÍAS MAIS QUE NUNCA TODOS ESTAMOS A PASAR MOITO TEMPO NOS NOSOS LARES. PORQUE A CASA 🏠 É A CONSTRUCIÓN, PERO O LAR É A VIDA QUE HAI NELA.

DENTRO DE CADA LAR, UN UNIVERSO PROPIO, E MOITAS HISTORIAS. 


ONDE ESTÁ O VOSO LAR?
 QUÉ NOME TEN A VOSA RÚA? 
CANTAS PORTAS ABRIDES PARA ENTRAR NO VOSO LAR? TEÑEN NÚMERO? 
CÓMO É O VOSO LAR? QUÉ CORES VISTE ? 
A QUE ULE ? QUÉ OU QUEN SOA DENTRO DO VOSO LAR? 
CAL É O VOSO RECUNCHO PREFERIDO NO LAR?

O MEU LAR É ...CADRADIÑO, MORNO, HOXE ULE A LENTELLAS🍲 E A MANDARINAS🍊, E SOAN 🎵MUIÑEIRAS, XOTAS E VALSES🎵. O MEU RECUNCHO PREFERIDO É O LADO ESQUERDO DO SOFÁ 🛋 PEGADO Á XANELA.

E FÓRA...  SE CADRA ESTAMOS A PASAR MAIS TEMPO MIRANDO POLAS XANELAS, E FICAMOS OLLANDO COUSAS E DETALLES QUE ANTES NON NOS DECATARAMOS. ESAS XANELAS QUE AGORA SON A PORTA QUE NOS ABRE A COMUNICACIÓN CON VECIÑOS DE CASAS OU EDIFICIOS DE ENFRONTE, NO CAMPO OU NA CIDADE. 

QUÉ VEDES E OUVIDES DESDE AS VOSAS XANELAS? 

Caspar David Friedrich, 1822 //         Salvador Dalí, 1925


Déborah Dewit, 2010 //      Creación libre, 2020

EU... VEXO HERBA🌱 , ÁRBORES 🌳, FLORES 🌼🌷  CANS 🐕 PAXAROS 🐦  NUBES, ☁️  SOL ☀️ CASAS🏘, COCHES 🚗 , FAROLAS,  MAR 🌊 , ATARDECER 🌅, LÚA 🌒 🌓🌔E ESTRELAS🌌 🌟 


ANIMARSE A CONTALO OU CANTALO, DEBUXALO...E COMPARTILO!

QUEN PUIDERA...

O RETO DA FINDE É CREAR UNHA VERSIÓN PROPIA E COLECTIVA DO TEMA QUEN PUIDERA NAMORALA,  DE LUIS EMILIO BATALLÁN, TODO UN CLÁSICO NA NOSA MÚSICA 🎵 TRADICIONAL.


A PARTE DO TÍTULO E DO RETROUSO QUE DI QUEN PUIDERA, FOI A QUE ME FIXO IDEAR ESTE RETO. NA CANCIÓN O AUTOR DESEXA ALGO QUE NON É POSIBLE, E AGORA ESTAMOS NUNHA SITUACIÓN NA QUE BOTAMOS EN FALTA ESTAR CON PERSOAS, IR A  LUGARES, E FACER ACTIVIDADES E RUTINAS , QUE NON É POSIBLE ATA QUE NOS PERMITAN. 

ESTADES FACENDO DEBUXOS, CREANDO MOITO A NIVEL ARTÍSTICO E ESCRIBINDO MENSAXES QUE APARECEN NAS VENTÁS ,  E ME ENCANTA 😊
PERO DIN QUE AS PENAS CANTA
DAS LÉVANSE MILLOR. HAI TEMPO QUE NON OIO AS VOSAS VOCES ...



 POIS QUE VOS PARECE EXPRESAR CON MÚSICA O QUE NOS GUSTARÍA FACER XUNTO CO QUE XA ESTAMOS FACENDO?  UN XEITO DE CONTAR CANTANDO O QUE CADA UN DESFRUTA NESTE CONFINAMENTO E O QUE BOTA DE MENOS. 

PRECISAMOS IDEAS, VOZ, UNHA POMBA PARA ESCRIBIR, E UN MÓVIL OU DISPOSITIVO PARA GRAVAR A VOZ E SACAR A FOTO. 

EU XA COMECEI E MANDEI A BOLA A ÓSCAR PARA QUE CONTINÚE A CREACIÓN.🎵




ASÍ QUE TODOS PREPARADOS PARA CREAR!

MENSAXEIRAS, CANTAREIRAS

SEGUIMOS POR AQUÍ VIVINDO ESTA PRIMAVERA HISTÓRICA NAS NOSAS CASAS.


XA HOUBO QUEN ME MANDOU FOTOS DOS PAXAROS QUE VÍA DESDE A SÚA TERRAZA. SABEDES DE QUEN SE TRATA? ANTÓN E A SÚA FAMILIA RETRATARON UNHA OU UN VOANDO E NO CABLE DO TENDIDO TOMANDO O SOL☀️

  E MAIS TARDE AXIÑA TOPOU AMIG@ E FIXERONSE  COMPAÑA. MIRADE QUE BEN ESTÁN Ó PÉ DA CAMÉLIA.


DE LONXE É ALGO DIFÍCIL SABER QUE AVE É, PERO EU XA IDENTIFIQUEI ESTE PAXARO E ESTIVEN A LER MOITO E INVESTIGAR SOBRE EL.

IGUAL CON ESTAS PISTAS ...ADIVIÑADES:

EN GALEGO TEN 5 LETRAS      P_ _ _ _    E EN CASTELÁN 6LETRAS    P_ _ _ _ _

SON AVES MOI INTELIXENTES, RÁPIDAS E RESISTENTES, CUN GRAN SENTIDO DA VISTA E A ORIENTACIÓN.

PODEN VIVIR EN DISTINTOS LUGARES COMO BOSQUES 🌳 MONTAÑAS🏔  🏔  ALDEAS 🏡 E  CIDADES 🏘 ,NOS XARDÍNS E PARQUES.


XA SABEDES?


HAI UNHA GRANDE VARIEDADE ARREDOR DO MUNDO , ATA  300 ESPECIES DIFERENTES, PERO AGRÚPANSE EN 5 SUBFAMILIAS, ENTRE AS QUE SALIENTA A COLUMBINAE, E DENTRO DA MESMA O XENERO COLUMBA, QUE É O XÉNERO TIPO NO QUE ESTÁN AS DENOMINADAS TÍPICAS OU COMÚNS COMO: 

A BRAVÍA OU DOMÉSTICA

A ZURITA


A TORCAZ

E COMO CURIOSIDADE SABEDES QUE ESTES PAXAROS ADEMAIS DE CANTAR, PODEN SER ADIESTRADAS PARA SABER VOLVER Ó LUGAR NO QUE VIVEN E  ENVIAR MENSAXES 📩QUE PODEN LEVAR NA SÚA PATIÑA?

ESTES PAXAROS TIVERON UN PAPEL FUNDAMENTAL NA HISTORIA . EN GRECIA PARA COMUNICAR📣 OS GAÑADORES 🥇🥈🥉DOS XOGOS OLÍMPICOS, PERO TAMÉN OS MILITARES NAS GUERRAS AS USABAN PARA DAR INFORMACIÓN DESDE O CAMPO DE BATALLA Ó SEU EXÉRCITO.

AGORA XA TEMOS TELÉFONOS 📞  📲  E ORDENADORES 🖥...PERO ANTES, AS MENSAXES  A DISTANCIA ERAN POR CARTA,📃 E SE NON ERA POSIBLE ATOPAR UN BUZÓN 📪DE CORREOS, NIN CARTEIROS, SÓ AS POMBAS SERVÍAN.  IMAXINADE QUE ALGUEN VIAXABA LONXE, PODÍA LEVAR UNHA POMBA NA MOCHILA🎒 PARA ENVIAR LOGO AS CARTAS Á FAMÍLIA. 



QUE VOS PARECE SE INICIAMOS UN XOGO DE MENSAXES ENTRE NÓS? ATENTOS PORQUE ESCOLLEREI UN EMAIL PARA ENVIAR A PRIMEIRA MENSAXE DA MIÑA POMBA DOURADA E LOGO ESA NENA OU NENO DEBERÁ ESCOLLER UN COMPI PARA ENVIARLLE A SÚA.    

IDE ESCOITANDO ESTA CANCIÓN PORQUE ALGO IMOS FACER CON ELA.


BUSCA CORES NA COCIÑA

LEMBRADES A SUSO CUBEIRO? O ILUSTRADOR DOS QUE VOS FALEI NA ENTRADA DOS PAXAROS NO ARTE. POIS ESTÁ A PUBLICAR UNS VÍDEOS DEBUXANDO FERMOSOS ANIMAIS, FLORES , PAISAXES CON CORES DE COUSAS QUE ATOPA NA COCIÑA E QUE SEGURO VOS TAMÉN TEDES. 

AQUI FIXO UN PEIZOQUE COMO ROQUE PERO TEN MÁIS VÍDEOS SE PINCHADES EN: 👉🏼COCIÑA GRÁFICA

VOS ATREVEDES A FACER O VOSO DESEÑO?  UNHA LIBRE CREACIÓN DO QUE VOS APETEZA ILUSTRAR ! 

O CORVO MARCELINO

DESPOIS DA HISTORIA DE ROQUE A SEMANA PASADA, HOXE TOCA COÑECER A DUN CORVO Ó QUE UN DÍA LLE ACONTECEU ALGO MOI PECULIAR CUNHA  CASTAÑA 🌰

ORELLAS ESCOITANDO

3.......2 ........1......


A DANZAR, A VOAR


CHEGOU O VENRES, E PARA REMATAR ESTA SEMANA PUBLICO A ÚLTIMA ENTRADA CO RETO DE QUE BAILEDES E VOS SINTADES PAXARIÑOS AGORA MAIS QUE NUNCA.

PARA ESPERTAR E SAÍR DA CAMA CON BO HUMOR VAI MOI BEN ESTA PEZA ORIXINAL DE H.WOODS , VERSIONADA COA VOZ DE DÓRIS DAY


DEIXADEVOS LEVAR DANZANDO, PINTANDO, NA HORA DO BAÑO OU ANTES DE DURMIR  CON  ESTAS MAGNÍFICAS PEZAS CLÁSICAS INSPIRADAS EN PAXAROS.  DOSIFICADE QUE A FINDE É LONGA.

OTTORINO RESPIGHI – GLI UCCELLI (THE BIRDS).


NESTA PEZA LONGA DO COMPOSITOR ITALIANO OTTORINO SUCÉDENSE O CANTO DE VARIAS  AVES: POMBA, GALIÑA, REISEÑOR E CUCO.

POMBA 3:00
GALIÑA 7:31

REISEÑOR 10:34

CUCO 14:26

ANTONIO VIVALDI – CONCERTO “IL GARDELINO” RV428: I. ALLEGRO


NESTA PEZA O COMPOSITOR ITALIANO VIVALDI USA UN INSTRUMENTO QUE IMITA ALEGREMENTE O CANTO DUN XÍLGARO. A VER SE ACERTADES CO INSTRUMENTO .

GEORGE FRIDERIC HANDEL – CONCERTO IN F MAJOR HWV 295: II. ALLEGRO




AQUÍ UN DOS MAIS FAMOSOS CONCERTOS DO COMPOSITOR ALEMÁN HANDEL 

EDVARD GRIEG – LYRIC PIECES III, OP.43: 4. LITTLE BIRD



O NOME ORIXINAL DA PEZA DESTE COMPOSITOR NORUEGO É “PEER GYNT”. “PAXARIÑO OU PEQUENO PAXARO” . 


E MÁIS RECENTE TEMOS UNHA COMPOSITORA AMERICANA Z.M.E. BARNES CON ESTA PECIÑA




PODEDES INCLUSO CARACTERIZARVOS PARA METERVOS MAIS NO PAPEL. PINTADE A CARA, COLLEDE TEAS, OU MATERIAL PARA FACER  👉🏼PICOS E ÁS PARA CONSTRUIR


BOA FINDE 😘

PAXAROS NO ARTE

XA TEDES O VOSO PAXARO 🕊FAVORITO? É DIFÍCIL DECIDIR SÓ UN.  COAS CORES TAN LINDAS QUE TEÑEN E O SEU CANTAR 🎶 POIS DIFÍCIL É TAMÉN ESCOLLER FAVORITAS ENTRE AS OBRAS DE ARTE 🖼 CON 🐦 PAXAROS.



 DESDE HAI MILES DE ANOS OS PAXAROS APARECEN REPRESENTADOS EN MÚLTIPLES MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS. 
DESDE AS PINTURAS RUPESTRES EN COVAS 
ATA OBRAS DE ARTISTAS COMO LUIS SEOANE , DEBUXANTE, PINTOR E GRAVADOR GALEGO QUE  FIXO HOMENAXE ÓS PAXAROS EN MOITOS CADROS SEUS, COMO NESTE:

PABLO PICASSO , PINTOR, DEBUXANTE E ESCULTOR  ANDALUZ , FAMOSO POR CREAR O CUBISMO:
 OU O SEU COMPAÑEIRO GEORGES BRAQUE, PINTOR E ESCULTOR  CUBISTA FRANCÉS CON OBRAS COMO ESTA:

EN GALICIA O AMOR POLAS AVES 🐦 REFLÍCTESE TAMÉN NA CERÁMICA DE SARGADELOS PRODUCINDO FIGURAS COMO ESTES PAXAROS


OU NAS ILUSTRACIÓNS DE  SUSO CUBEIRO , O PINTOR DAS FRAGAS GALEGAS , ILUSTRADOR MAGNÍFICO DE LIBROS INFANTILES E XUVENÍS QUE FAI FERMOSURAS COMO ESTAS ACUARELAS DE DIVERSOS PAXARIÑOS.


E POR ÚLTIMO PRESÉNTOVOS O FOTÓGRAFO E XEÓGRAFO CATALÁN XAVI BOU, QUE COMBINA DIXITALMENTE SECUENCIAS DE IMAXES DE PAXAROS  PARA  CREAR UNHA ÚNICA FOTOGRAFÍA QUE REVELA AS SÚAS RUTAS OU CAMIÑOS DE VOO, É DICIR AS FORMAS QUE XORDEN NO CEO Ó VOAR.






HAI MILES DE OBRAS DE ARTE RELACIONADAS COS PAXAROS. SE COÑECEDES ALGUNHA MANDADEA Ó CORREO, E POR SUPOSTO ANIMARSE A FACER A VOSA PROPIA OBRA DE PAXARO.


CON ARXILA, PLASTILINA OU PAPEL, USANDO REFUGALLO, TODO PODE SER!

INCLUSO PODEDES PROBAR ORIGAMI,  ( PAXARO ORIGAMI) CON AXUDA DOS ADULTOS, E DECORAR DESPOIS O VOSO.

ASÍ CANDO VOLVAMOS Á ESCOLA PODEMOS COLGAR AS NOSAS CREACIÓNS NUN MOBIL COLGANDO NO TEITO DA NOSA ASEMBLEA.

——————————————————————————————————————



RECHOUCHÍOS

ESTOS DÍAS FICAMOS NA CASA PERO OS PAXARIÑOS SEGUEN A CHIAR MAIS QUE NUNCA. EN LEDOÑO SEGURO QUE SEGUEN CANTANDO OS CORVOS, PEGAS, E MERLOS ARREDOR DO PATIO  E A HORTA.

ADEMAIS DE PEIZOQUES COMO ROQUE, E MOI POSIBLEMENTE CHIRLOSMIRLOS, PARDAIS, E REISEÑORES.

A PRIMAVERA 🌷🌿🌸☘️🌼🍀🌺ASOMA E SABENO BEN.

O RETO PARA HOXE VAI NESTE VÍDEO. TRAS ESCOITAR DEBEDES UNIR CADA UN DOS 5 RECHOUCHÍOS COA IMAXE QUE LLE CORRESPONDE.



A) REISEÑOR
 

B) PARDAL
 

C) CHIRLOMIRLO ou ESTORNIÑO

D) MERLO

E) PEIZOQUE, PISCO OU PAPORRUBIO



A RESPOSTA CORRECTA TRAS UNHA SEMANA  (25/03/2020)   É :

1 D
2 E
3 B
4 A
5 C

MOI BEN ANTÓN . FIXECHES PLENOOOOO


E XA QUE ESTAMOS CON ESTA DIVERSIDADE DE PAXAROS, DESPOIS DE ESCRIBIR A VOSA RESPOSTA, ANÍMOVOS A ENTRAR NESTAS LIGAZÓNS E PINCHAR NAS IMAXES

PARA OÍR 50 AVES DIFERENTES DE TODO O MUNDO: 50 CHÍOS DE PAXAROS

PARA OUVIR AVES DE RÍO EN ESPAÑA AVES RÍO


1. CAL É O VOSO PAXARO PREFERIDO? 

2. BUSCADE NA CASA SE TEDES ALGÚN CONTO CUN PAXARO COMO PERSONAXE PROTAGONISTA OU SECUNDARIA, UNHA OBRA DE PINTURA, ILUSTRACIÓN, FOTOGRAFÍA EN REVISTA, OBXECTO DECORATIVO, PELUCHE, OU PRENDA CON ESTAMPADO DE PAXAROS, E POR SUPOSTO SE CONSEGUIDES VER OU OÍR ALGÚN, GRAVADEO.

——————————————————


2. ESTO FOI O QUE ATOPEI EU NA MIÑA CASA. COMO VEDES, VIVEN PAXARIÑOS NO MEU MALETÍN DA ESCOLA E NUN DOS MEUS PANOS DO PESCOZO. BAILA OUTRO AO SON DA MIÑA PANDEIRETA E CANTAN OS DEBUXADOS POR LEANDRO NO SEU LIBRO SOPRA NESTE FURADIÑO.

VEÑA 🕵️‍♀️ 🕵️‍♂️! A BUSCAR 

—————————————-

25/03 ANTÓN ATOPOU ISTO NA SÚA CASA



XA TEMOS ALGUEN QUE VAI FACER MOITOS PAXAROS DE PAPEL A QUE SI?


O PEIZOQUE ROQUE

NESTES DÍAS QUE NON PODEMOS IR Á ESCOLA , PROPOÑO UNHA SERIE  DE RETOS PARA XOGAR TODOS.

HOXE, APROVEITANDO QUE ESTARÍAMOS AGORA MESMO CO CONTO DA HORA DE LER,  INVÍTOVOS A COÑECER A ROQUE.  ESCOITADE ATA O FINAL.


(BASADA NA OBRA DE DORES TEMBRÁS PUBLICADA EN ED.GALAXIA)


ROQUE DURME, PERO XA LLE TEÑO PREPARADO O ALMORZO COAS PALABRIÑAS DE ÓSCAR, CLAUDIA E ANTÓN.




ASÍ QUE,  POR AXUDARLLE, AQUÍ TEDES O CONTO COMPLETO PARA CONTAR XUNTOS NA CASA. BUSCADE UN NARRADOR/A  E A DESFRUTAR!


O PEIZOQUE ROQUE


O SEGUINTE RETO É:


1. BUSCAR UN ANIMAL QUE RIME COAS VOSAS PALABRIÑAS E TENTAR CONTINUAR O CONTO COAS VOSAS APORTACIÓNS. PODEDES ESCRIBIR OU GRAVAR O AUDIO  E ENVIALO.

2INVESTIGAR SOBRE O PEIZOQUE
QUÉ OUTROS NOMES TEN ESTE PAXARO?
CÓMO SE CHAMA EN CASTELÁN ESTE PAXARO?

3.A VER SE SABEDES COMPLETAR ESTE DITO. E SE SABEDES OUTROS DITOS DE PAXAROS TAMÉN SON BENVIDOS.

QUEN FORA PEIZOQUE 

PARA ___________NA TÚA FIGUEIRA

PARA NON SAÍR DO TEU ___________

E ANIÑAR NA TÚA ______________.


MANDADE AS VOSAS RESPOSTAS E ATENTOS Ó BLOG

——————

XA TIVEMOS UNHA RESPOSTA👏🏼 DE ANTÓN



GUSTOUNOS A GAIVOTA COMO AMIGA DE ROQUE 

NORABOA, ERA O PAPORRUBIO OU PISCO, EN CASTELÁN PETIRROJO.

O DITO QUEDOU MOI BEN COAS PALABRAS VIVIR, TRONCO E POLA.

————————————

A RESPOSTA DE ÓSCAR


O DITO MOI ORIXINAL COAS PALABRAS PICAR, OVO E CASA

_______________________________ 

Solución 26/03/2020


QUEN FORA PEIZOQUE 

PARA CANTAR NA TÚA FIGUEIRA

PARA NON SAÍR DO TEU HORTO


E ANIÑAR NA TÚA _SILVEIRA



ESTADO DE ALARMA.

SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA POLO ASUNTO DO CORONAVIRUS , O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO DURANTE 14 DÍAS NATURAIS, QUE PODERÁN PRORROGARSE SEGUNDO ESTABLEZAN OS ORGANISMOS COMPETENTES.
DEBIDO A ISTO, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO, AMPLIARASE A UNHA SEMANA DESDE O DÍA DA NOVA APERTURA DOS CENTROS.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN POÑERSE EN CONTACTO CO CENTRO VÍA E-MAIL: cra.culleredo@edu.xunta.gal
ÁNIMO E VÉMONOS PRONTO.
 

NON O TIRES, IMOS XOGAR


CON MOTIVO DO DÍA DO CONSUMIDOR, 15 DE MARZO, ADICAMOS  ESTA ENTRADA ÓS
PUNTOS 4 E 5 DO NOSO DECÁLOGO AMBIENTAL QUE ANIMAN A REDUCIR OS XOGUETES MERCADOS E REUTILIZAR RESIDUOS E MATERIAIS NATURAIS PARA ELABORALOS. ASÍ AO TEMPO QUE ACTIVAMOS A NOSA CREATIVIDADE, CONTRIBUÍMOS A XERAR MENOS LIXO E A DAR SEGUNDAS E TERCEIRAS VIDAS ANTES DE TIRAR ALGO.

AS FAMILIAS NO NADAL COLABORARON FABULOSAMENTE CREANDO OS AGASALLOS DO AMIGO INVISIBLE. SE PINCHADES NA FOTO VEREDES TODOS OS DO CRA

NA AULA DE LEDOÑO TEMOS TAMÉN MATERIAIS NOS RECUNCHOS SUPEREXPLORADORES E ARTÍSTICO . E IMOS SACANDO IDEAS DE COUSAS QUE ATOPAMOS E QUE TRAE A MESTRA CRIS

APROVEITAMOS DISCOS DE TRONCOS QUE ERAN RESTOS DE LEÑA DO PAI DA MESTRA. ADEMAIS DE XOGAR CO NOSO CORPO E O ESPAZO, COMBINAMOLOS COAS PEZAS DO ARCO WALDORF E CON OUTROS ELEMENTOS PARA CREAR MINIMUNDOS.
FIXEMOS O NOSO PROPIO CAMIÓN CO PROFE IVÁN O DÍA DA PAZ CUN BRICK, TAPÓNS, E PAU PALILLO DE BROCHETA


DEIXAMOS SECAR AS MONDAS DAS MANDARINAS QUE TOMAMOS NAS MERENDAS E LOGO TRITURAMOS ATA FACER UN PÓ SUPER RICO DE ULIR COA AXUDA DUNHA MAMÁ E A SÚA TERMOMIX. XOGAMOS CON EL UN MONTÓN E A CLASE CHEIRABA DE MARABILLA.


USAMOS RAMAS DA PODA DE CERTAS PLANTAS CON ROLLOS DE CARTÓN DO PAPEL 🧻 E  XOGAMOS A VER QUEN PESCABA MAIS , ENSARTANDO OS ROLLOS QUE FUXÍAN CO VENTO.

TAMÉN ESCRIBIMOS NOMES E FIXEMOS CONSTRUCIÓNS COMBINADO AS RAMAS CON TEAS.
ELABORAMOS OS NOSOS TÍTERES CON RAMIÑAS E PAUS MAIS DELGADOS E DE REPENTE NA AULA APARECERON PEDREIRA, PAUTÓN, DONA CASTAÑA, MILLOMILLEIRO, NOGALIÑO...OU COMO VOS PRESTE CHAMARLLE A ESTAS PERSONAXES.

TAMÉN FIXEMOS CORTINAS CON BOLAS DE PAPEL ALUMINIO DAS MERENDAS, CASTAÑOLAS CON TAPAS DE METAL, RECOLLEDOR DE AUGA DE CHUVIA CON BOTELLAS, E TESTOS CON LATAS. 

AS IDEAS 💡 SEGUEN A MEDRAR, TODO É COMEZAR.



7ª ECOMISIÓN

NESTA 7ª ECOMISIÓN CARPIÑO PRESENTOUNOS O SEU AMIGO:
TOMÁS, O CABALIÑO DE MAR


AS ECOAMEAZAS PARA EL SON OS BASTONCIÑOS E TOALLIÑAS 


FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON PAPEL HIXIÉNICO, TOALLIÑAS CON SÍMBOLO DE QUE SE PODEN TIRAR POLO WC  ✅ 🚽 E AS QUE PON QUE NON 🚫 🚽 
PARA COMPROBAR QUE OCORRÍA CON ELES AO MESTURARSE COA AUGA E SE LOGO ESA AUGA PASABA POLA TUBERÍA SEN PROBLEMA OU HABÍA ATASCO.

A CONCLUSIÓN FOI QUE SÓ O PAPEL SERVE PARA TIRAR NO 🚽 
SE USAMOS TOALLIÑAS, SEMPRE NA PAPELEIRA.




O QUE AQUÍ VAI MEDRAR🥕 🍓 🥬

HOXE REMATAMOS COAS TAREFAS DE HORTO DESTA SEMANA, ESTA VEZ CON MÁIS MAN DE OBRA .

PASAMOS BASTANTE TEMPO ALÍ, PERO MOI ENTRETIDOS CON CADA PASIÑO DO PROCESO, CURIOSOS E ATENTOS, E COA EMOCIÓN DE ESPERAR QUE NAZAN FLORES NAS PLANTAS DA FRESA PARA QUE LOGO SE CONVIRTAN EN AMORODOS, E QUE AS RAÍCES DAS CENOURAS E REMOLACHAS ENGORDEN MOITO PARA PODER COMELAS.

ADEMAIS REPETIMOS A OPERACIÓN DE BOTAR SEMENTE DE ACELGA , XA QUE A SEMENTADA EN NOVEMBRO NON MEDROU APENAS. IMOS VER SE A PRIMAVERA SOLEADA ☀️ COA CHUVIA DE ABRIL 🌧 LLES FAI ATA O CEO SUBIR. 


AGORA SÓ QUEDA OBSERVAR.





PEQUENOS GRANDES XESTOS

🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽🌍👍🏽


GRAZAS Ó LIBRO PEQUENOS GRANDES XESTOS POLO PLANETA COÑECEMOS PERSOAS QUE DEIXARON UNHA GRAN PEGADA NO EIDO DA ECOLOXÍA CON ACCIÓNS COMO: PROTEXER OS ECOSISTEMAS E AS ESPECIES DE PLANTAS E ANIMAIS, EVITAR TALAS OU CONSTRUCIÓNS DE MINAS E PRESAS, E DENUNCIAR OS PERIGOS QUE PROVOCAN O CAMBIO CLIMÁTICO .


UNINDO ESTA TAREFA CO DÍA DA MULLER , O 8 DE MARZO ,  🚺 FIXEMOS UN XOGO COAS 7 MULLERES DO LIBRO E ENGADIMOS UNHA MOI PRÓXIMA A NÓS, MARÍA TERESA MARTELLO, GALEGA, DE CELAS,  EMIGRADA A VENEZUELA, CUN PREMIO NOBEL, POLO SEU TRABALLO EN CAMBIO CLIMÁTICO.

ASÍ COA AXUDA DO ESCORNABOT REPASAMOS OS LOGROS E APORTACIÓNS DAS 8 A TRAVÉS DE FRASES QUE ELAS DIXERAN , BUSCANDO A FOTO CORRESPONDENTE A CADA FRASE.


LOGO VIMOS AS PRODUCIÓNS DOS COMPIS DAS OUTRAS ESCOLAS SOBRE 3 DELAS. PINCHADE PARA VER.


DESPOIS DECIDIMOS, VOTANDO, CAL DAS RESTANTES MULLERES ÍBAMOS A INVESTIGAR 🕵️‍♂️

GAÑOU SEVERN SUZUKI. ABRAIOUNOS A SÚA VALENTÍA CON TAN SÓ 12 ANOS  E DESCUBRIR QUE XA EN 1992  EXISTÍAN OS MESMOS PROBLEMAS E QUE EN 30 ANOS APENAS MELLORARON. SE QUEREDES SABER QUEN FOI E QUÉ FIXO...EN BREVES SAIRÁ O VÍDEO QUE ESTAMOS A PROCESAR.

NA ACTUALIDADE SEVERN TEN 40 ANOS E SEGUE A LOITAR ESIXINDO MEDIDAS ÓS GOBERNOS E LEMBRANDO Á CIDADANÍA TODO O QUE PODEN FACER.  ASÍ COÑECEU A GRETA THUNBERG, OUTRA NENA QUE TAMÉN FIXO O ANO PASADO UN DISCURSO MEMORABLE EN FAVOR DO MEDIOAMBIENTE




E TI, SE TIVESES DIANTE OS GOBERNANTES DO MUNDO, QUE LLES DIRÍAS ?