Páginas

ANIVERSARIO DE CLAUDIA


CLAUDIA CUMPRIU 4 ANOS E ACOMPAÑÁMOLA FELICES  NO SEU ANIVERSARIO. 


   ENCANTOUNOS O BISCOITO QUE COMPARTIU CON TODOS. MOITAS GRAZAS!



SEGUNDA ECOMISIÓN

A SEGUNDA ECOMISIÓN TIÑA QUE VER COA ECOAMEAZA DAS REDES PANTASMA 
QUE QUEDAN OLVIDADAS NO MAR E SON UN PERIGO PARA OS PEIXES. MENOS MAL QUE CARPIÑO TEN A LARA A PEIXE-ESPADA CO SEU ECOPODER PARA AXUDARLLE A CORTAR AS REDES CANDO QUEDAN ATRAPADOS.

XOGAMOS COA REDE E SIMULAMOS QUEDAR ATRAPADOS PARA COMPROBAR CÓMO NOS SENTIMOS CANDO ESTAMOS APRESADOS


LOGO DÉMOSLLE UN USO CREATIVO Á REDE, COLGANDOA NA NOSA PEPATECA,  USANDO AS PINZAS E PAPEIS  QUE NOS ENVIOU CARPIÑO . ENCÁNTANOS COMO QUEDOU!

DEREITOS PARA TODOS

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA (20NOVEMBRO) LEMOS UN LIBRO FANTÁSTICO (ALGO LONGO) EN DÚAS SESIÓNS.


 FÍXONOS PENSAR NO DÍA A DÍA, AS NOSAS NECESIDADES, O QUE DEBE SER E O QUE NON, O QUE MERECEMOS E O QUE TEMOS, E IMAXINAR SE NON O TIVERAMOS. 

DESDE A PEPATECA,  PEPA INVITOUNOS A IMAXINAR QUE SOMOS ÁRBORES E PENSAR E REDACTAR CALES SERÍAN OS DEREITOS DAS ÁRBORES. 

OS MESMOS QUE OS DAS NENAS E NENOS? OUTROS?

COMEZAMOS POR DOUS DEREITOS BÁSICOS:

 DEREITO A TER UN NOME +   DEREITO A COMER E BEBER

SOBRE OS NOMES ENSEGUIDA NOS PERCATAMOS DE QUE AS ÁRBORES TEÑEN TAMEN DEREITO A NOME POIS LEMBRAMOS O INVENTÁRIO DAS ÁRBORES E A NOSA RECENTE EXPEDICIÓN ARREDOR DA ESCOLA.


EN CANTO Á ALIMENTACIÓN, COMIDA E BEBIDA, CON TODO O TRABALLO DE PLANTACIÓNS E XERMOLACIÓN DE SEMENTES QUE FIXEMOS , TAMÉN AFIRMAMOS QUE AS ÁRBORES PRECISAN AUGA E NUTRINTES POLO QUE TEÑEN DEREITO A TERRA NA QUE ASENTAR AS RAÍCES E CON ELAS ALIMENTARSE ABSORBENDO O QUE AS FAI MEDRAR E ESTAR VIVAS.







AGORA O RESTO DE COMPIS DO CRA SEGUIRÁN ESCRIBINDO MAIS DEREITOS E LOGO PEDIREMOS QUE SE CUMPRAN IGUAL QUE OS NOSOS.

LETRAS QUE FAN NOMES


 GÚSTANOS  XOGAR COAS LETRAS DOS NOSOS NOMES


BUSCALAS E ESCRIBILAS




MOLDEALAS, PINTALAS


ESTAMPALAS


E DEBUXALAS EN SUPERFICIES DIFERENTES DO PAPEL OU PIZARRA





XERMOLOS


PASEANDO POLA CARBALLEIRA PARA COLLER MAIS LANDRAS LEVAMOS A SORPRESA DE ATOPAR UNHAS QUE TIÑAN ALGO BRANCO VERDOSO QUE SE DIRIXÍA CARA A TERRA COMO QUERENDO INTRODUCIRSE NELA.

NON ERAN VERMES, NIN CABLES, ERAN ...  RAÍCES


DECIDIMOS COLLER 7 E LEVALAS PARA A AULA PARA PODER OBSERVAR MELLOR ESE  XERMOLAR DE RAÍCES E LOGO PODER PLANTALAS EN TERRA PARA QUE NAZAN OS CARBALLOS E COIDALOS ATA A PRIMAVERA.

DE MOMENTO CUBRÍMOLAS CUNS PANOS DE PAPEL MOI EMPAPADOS EN AUGA QUE CADA DÍA MOLLAMOS CO CONTA-GOTAS.

 SEGUIREMOS OBSERVANDO.


Mmmmm QUE RICO!

A TERCEIRA TAREFA INTEGRADA QUE NOS CHEGOU DA PEPATECA TEN QUE VER CUN LIBRO CHAMADO  COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO.  O LIBRO ANÍMANOS A EXPLORAR OS SABORES, EXPRESAR AS NOSAS PREFERENCIAS NA COMIDA, E A COCIÑAR XUNTOS!!
Resultado de imagen de COCINANDO CON BOLBORETAS
TRAS MIRAR AS FOTOGRAFÍAS DE TODAS AS RECEITAS DO LIBRO VOTAMOS E SAIU COMO GAÑADORA: OS FLOCOS DE MILLO DOCE. EN PRINCIPIO ERA ALGO SINXELO. NON PUIDEMOS USAR O MILLO QUE TIÑAMOS NA ESCOLA PORQUE NON SE CONVERTÍAN OS GRANS EN FLOCOS. PERO TRAS MERCAR O PRECISO PUXÉMONOS MANS Á OBRA. 

COMO PODEDES VER NO VÍDEO, HOUBO UN PRIMEIRO INTENTO NO QUE TARDABA MOITO O ALMÍBAR E FINALMENTE NON ACADAMOS O RESULTADO DESEXADO PORQUE SE NOS PASOU O PUNTO DO ALMÍBAR. EN CUESTIÓN DE 35 SEGUNDOS ESCARCHOU E CONSEGUIMOS AZUCRE DE COR EN LUGAR DE FLOCOS DE COR. PERO COMIMOS IGUALMENTE CON MOITA EMOCIÓN. NUN SEGUNDO INTENTO BOTAMOS MENOS AUGA E AZUCRE, PARA QUE SE EVAPORASE ANTES E AUMENTAMOS A TEMPERATURA CO NOSO ROBOT. ASÍ CONSEGUIMOS DOUS ALMÍBAR DE COR VERDE ESCURA E CLARIÑA. CELEBRAMOLO DEGUSTANDO OS FLOCOS DOCES PERO CONCLUIMOS QUE MAIORMENTE NOS GUSTABAN MÁIS SEN O ALMÍBAR.


A SEGUNDA RECEITA QUE FIXEMOS FORON OS NEVADITOS. PARA ESTA RECEITA TIVEMOS ALGO MÁIS DE ELABORACIÓN E INGREDIENTES QUE MERCAR. GUSTOULLES IR ULINDO E PROBANDO ANTES DE COMEZAR, E FOMOS COMPROBANDO TAMÉN QUE A PROPORCIÓN DE FARIÑA E MANTEIGA DO LIBRO NON ERA CORRECTA E FOMOS ENGADINDO MÁIS FARIÑA PARA ACADAR A CONSISTENCIA QUE NOS PERMITISE TRABALLAR A MASA.

COMO SE VE NO VÍDEO ENCANTOULLES  ALISAR CO RODILLO E CORTAR AS FIGURAS. ESTABAN ANSIOSOS POR VELAS TRAS O FORNO. ULÍA A AULA QUE DABA GUSTO. A TEXTURA SORPRENDEU A ALGÚNS QUE SE CADRA AGARDABAN UNHA GALLETA TÍPICA E NON A PROPIA DO POLVORÓN OU MANTECADO DE NADAL QUE TEÑEN ESTES NEVADITOS. E POR SUPOSTO LEVARON A PROBA PARA AS CASAS NUNHAS CAIXIÑAS DECORADAS POR ELES.  TRIUNFARÍAN NAS FAMILIAS?


HORTIÑA QUE QUEREMOS TANTO

DESPOIS DE INICIARNOS NA PLANTACIÓN CON AQUEL CORAZÓN DE SEMENTE SORPRESA NO MES DE SETEMBRO , AGORA QUE SABEMOS ALGO MAIS SOBRE AS PLANTAS DECIDIMOS DARLLE USO ÁS BANCAIS DE TERRA QUE  TEMOS CONSTRUÍDOS FÓRA DA ESCOLA. OS DO CONCELLO VIÑERON A QUITAR AS HERBAS E RASTRILLAR A TERRA PARA TELA A PUNTO.




TRAS INVESTIGAR AS PRANTAS QUE SE PODEN SEMENTAR NO MES DE NOVEMBRO EN GALICIA E COA AXUDA DAS FAMILIAS, CONSEGUIMOS SEMENTES E PLANTIÑAS QUE NOS DERON OS AVÓS E OUTRAS MERCÁMOLAS.  TAMEN PREPARAMOS AS FERRAMENTAS E DECIDIMOS REPARTIR O ESPAZO QUE TIÑAMOS DO SEGUINTE XEITO.

 2 COLIFLORES, 1COLIFLOR MORADA, 1ROMANESCO, 2BRÓCOLIS.



2 REPOLOS, 2 REPOLOS CORAZÓN DE BUEI, 2 BERZAS


ACELGA, NABIZA, PEREXIL

NO VÍDEO PODEDES VER O PROCESO. POR FIN CANDO A METEO NOS DEU TRÉGUA CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE PUCHO E RUBÉN QUE TROUXERON UNS CARRETILLOS CON TERRA E NOS ENSINARON A RASTRILLAR, SACHAR PARA FACER BURACOS NA TERRA, BOTAR ABONO, COLOCAR AS PLANTIÑAS CON COIDADO E TAPAR COA TERRA.  

ESTIVEMOS MOI ATENTOS E PARTICIPAMOS CON ENTUSIASMO, ADEMAIS DE COLOCAR OS CARTEIS PARA SABER CAL É CADA PLANTIÑA.

AGORA SÓ QUEDA COIDAR E AGARDAR CON PACIENCIA O PROCESO DE MEDRA.

PRIMEIRA ECOMISIÓN

A PRIMEIRA ECOMISIÓN QUE NOS MANDOU CARPIÑO TIÑA QUE VER COA CONTAMINACIÓN  ACÚSTICA NOS MARES .

ENTENDIMOS QUE ESA É UNHA ECOAMEAZA PARA OS PEIXES E AMIGOS  E COMPROBAMOS A MOLESTIA DO RUÍDO E SOBRE TODO DO VOLUME EXCESIVO COA AXUDA DUN MEGÁFONO.

LOGO APROVEITAMOS PARA PENSAR MENSAXES E FALAR POR EL
 
GUSTOUNOS ESCOITARNOS E GRAVAR MENSAXES QUE LOGO PODÍAMOS REPRODUCIR

PODEDES VER AQUÍ   Mensaxes polo medio ambiente    A  EXPLICACIÓN E VÍDEO NO BLOG DA PEPATECA :

UN PASEO POLOS RECUNCHOS: A MAXIA DA LÓXICA

NO RECUNCHO MATEMÁTICO APRENDEMOS A CONTAR, AGRUPAR, CLASIFICAR , CO QUE TEMOS A MAN E AS TARXETAS DE CANTIDADES








TAMÉN NOS GUSTAN OS BLOQUES LÓXICOS E OS RETOS QUE PROPOÑEMOS COAS TARXETAS ENTRE OS COMPAÑEIROS


EXPERIMENTAMOS ALGÚNS  CONCEPTOS CONTRARIOS (moitos/poucos; enriba/debaixo ) USANDO O NOSO CORPO E OS OBXECTOS DA AULA PARA COMPRENDELOS




E IMOS DESCUBRINDO XOGOS NOVOS DO RECANTO QUE NOS ENTRETEÑEN







FESTA DE OUTONO: SAMAÍN/MAGOSTO EN CELAS


O MÉRCORES TIVEMOS SESIÓN DE CONTICRA EN CELAS A CARGO DOS MESTRES QUE PREPARAMOS UN CONTO MOI ESPECIAL: OS ESQUELETES DIVERTIDOS!!!


AÍNDA QUE HOUBO ALGÚN SUSTO DESPOIS PASÁMOLO XENIAL PINTANDO AS CARAS DE ESQUELETES


BAILANDO E XOGANDO COS PROTAGONISTAS E COS NENOS E NENAS DAS OUTRAS ESCOLAS, XOGANDO E DECORANDO AS CASTAÑEIRAS

E PARA REMATAR DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS E TIVEMOS UNHA SORPRESA DOCE DE CHOCOLATE. MMMMM QUE RICO MAGOSTO. 

PODEDES  VER O VÍDEO RESUMO COA CANCIÓN DO RELOXO CANTADA POLOS NENOS E NENAS DO CRA E O BAILE DOS ESQUELETES  QUE APRENDERON COA PROFE LORE 


AS NOSAS ÁRBORES

A SEGUNDA TAREFA INTEGRADA DO CURSO QUE CHEGOU DA PEPATECA PARTIU DO LIBRO  INVENTARIO  DAS ÁRBORES QUE RECOLLE 51 ÁRBORES DIFERENTES EN FERMOSAS ILUSTRACIÓNS 
Resultado de imagen de INVENTARIO DAS ARBORES

TIÑAMOS QUE BUSCAR AS ÁRBORES DA CONTORNA DA NOSA ESCOLA PARA AVERIGUAR SE ERAN ALGUNHAS DAS DO LIBRO. PARA ISO TIVEMOS QUE FIXARNOS BEN NA FOLLA DE CADA UNHA, XA QUE ERA A FORMA MAIS SINXELA DE IDENTIFICALAS. 


PRIMEIRO VENDO O LIBRO IDENTIFICAMOS O CARBALLO, O CASTIÑEIRO E O PLATANEIRO  PORQUE  XA TRABALLAMOS COS SEUS FROITOS NA AULA.

 PERO SAÍMOS EN BUSCA DE MAIS E DESCUBRIMOS OUTRAS COMO O PRADAIRO E O PIÑEIRO, ASÍ COMO UNHAS CERDEIRAS QUE ÁINDA QUE NON ESTABAN NO LIBRO, O AVÓ DE DANI QUE PASABA POR ALÍ NO RECREO, DÍXONOS QUE ERAN CERDEIRAS. 

PASÁMOLO EN GRANDE GRAVANDO OS VÍDEOS COMO REPORTEIROS EN ACCIÓN.

LOGO XOGAMOS CO ESCORNABOT SUPERANDO O RETO DE LEVALO DE PASEO POLAS ÁRBORES DUNHA PLANTILLA SEGUNDO A FOLLA DA TARXETA QUE NOS TOCABA.


VOLVIMOS ASÍ A REPASAR OS NOMES DE ÁRBORES GALEGAS QUE ALGÚNS DIXERON TIÑAN NAS SÚAS CASAS COMO A NOGUEIRA  OU MACIÑEIRA E FALAMOS DOS ANIMAIS QUE SAÍAN NO LIBRO E QUE LLES GOSTA COMER OS FROITOS, COMO OS XABARÍNS, OS ESQUÍOS, OS COELLOS OU AS PEGAS.


GUSTOUNOS MOITO ESTA TAREFA. ATA A PRÓXIMA!