Páginas

FIN DE CURSO

REMATA ESTE CURSO CHEO DE MOITOS MOMENTOS QUE VIVIMOS E EXPERIMENTAMOS  NA NOSA ESCOLA.
AQUÍ TEDES UN RESUMO DE MOITAS DAS COUSAS QUE FIXEMOS E NOS GUSTARON DURANTE ESTES MESES.

AOS QUE MARCHAN, BOTARÉMOSVOS DE MENOS!!


BO VERÁN PARA TODAS E TODOS!
VÉMONOS EN SETEMBRO!

MÁIS FLORES

A PRIMAVERA EN LEDOÑO ENCHEU DE FLORES A NOSA ESCOLA.

COMEZAMOS MAIO FACENDO O NOSO MURAL: MAIO, MES DAS FLORES CON FLORES E BOLBORETAS. 

PERO APROVEITANDO QUE A NOSA ESCOLA ESTÁ RODEADA DE NATUREZA E COMO NON DE FLORES, FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES CON ESA TEMÁTICA: RECOLLEMOS FLORES NA CONTORNA, COÑECIMOS AS PARTES DAS PLANTAS E FLORES,  PINTAMOS, FIXEMOS FLORES CON BLOQUES LÓXICOS E CON GOMETS, E PARA REMATAR, PINTAMOS UN CADRO CON FLORES COMO ARTISTAS QUE SOMOS.

ÚLTIMA COLLEITA

CHEGOU O MOMENTO DA ÚLTIMA COLLEITA DO CURSO.

VIMOS COMO MEDROU TODO O QUE PLANTAMOS E COMO AS FLORES COMEZARON A BROTAR.

APAÑAMOS AS CENORIAS E AS CEBOLIÑAS. AS XUDÍAS TEÑEN QUE SEGUIR MEDRANDO!


AGORA TOCA AGARDAR ATA SETEMBRO PARA SEGUIR COA NOSA HORTA!

A AVENTUREIRA SABELA CHEGA A CORUÑA

A SEMANA PASADA TIVEMOS NOTICIAS DE SABELA NA SÚA CHEGADA A CORUÑA.
ENVIOUNOS UN VÍDEO CON INFORMACIÓN MOI INTERESANTE E EMOCIONANTE!

E A SEMANA PASADA, O TESOURO CHEGOU Á NOSA AULA!! MENUDA SORPRESA!!
A MENSAXE QUE AGOCHABA É MOI VALIOSA E NON DEBEMOS ESQUECELA:

"O IMPORTANTE DO XOGO NON É GAÑAR SENÓN PARTICIPAR, 
AO IGUAL QUE O FUNDAMENTAL DA VIDA NON É O ÉXITO SENÓN A APRENDIZAXE"

GRAZAS SABELA POR ESTA AVENTURA E POR COMPARTIR O TESOURO!!

TAREFA INTEGRADA DE CIENCIA: O LUME

A ÚLTIMA TAREFA QUE NOS PROPUXO A BIBLIOTECA, FOI UNHA TAREFA DE CIENCIA E TOCOUNOS INVESTIGAR SOBRE O LUME.

SABIAMOS QUE O LUME APRENDERON A FACELO NA PREHISTORIA, ÉPOCA QUE INVESTIGAMOS ESTE TRIMESTRE. NA PREHISTORIA FACÍAN LUME GOLPEANDO DÚAS PEDRAS OU FRICCIONANDO DOUS PAUS, E USÁBANO PARA COCIÑAR, QUENTARSE E PARA VER NA ESCURIDADE.

HOXE EN DÍA, O LUME TAMÉN CONSERVA ALGÚN DESES USOS PERO TAMÉN SABEMOS QUE É PERIGOSO E PROVOCA INCENDIOS.

NA ESCOLA, FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON LUME, PARA VER COMO REACCIONABA ANTE TRES ELEMENTOS: AUGA, VENTO E OSÍXENO.

COMO DESCUBRIMOS QUE O LUME TAMÉN PRECISA OSÍXENO COMA NÓS PARA RESPIRAR, QUIXEMOS INVENTAR UNHA CÚPULA XIGANTE QUE CUBRISE O LUME, PODER QUITARLLE O OSÍXENO E ASÍ, PARARÍA DE ARDER. A CÚPULA TEN QUE SER RESISTENTE E PENSAMOS QUE SERÍA METÁLICA.

FIXEMOS UNS DEBUXOS ONDE REFLEXAMOS COMO A CÚPULA TAPA O LUME E PROTEXE O ESPAZO QUE RODEA: ÁRBORES, PERSOAS...

TAREFA INTEGRADA DE HISTORIA: A PREHISTORIA

NESTA TAREFA INTEGRADA DE HISTORIA, ELIXIMOS INVESTIGAR SOBRE A PREHISTORIA.
INVESTIGAMOS E BUSCAMOS INFORMACIÓN EN VARIOS LIBROS.


SOLICITAMOS, A TRAVÉS DUN CORREO ELECTRÓNICO, COLABORACIÓN ÁS FAMILIAS QUE NOS AXUDARON A BUSCAR IMAXES RELEVANTES DESA ÉPOCA E COÑECER COUSAS IMPORTANTES QUE SUCEDERON FAI MILES DE ANOS.

NO PEQUENO CLIP DE VÍDEO, RECOLLIMOS AS IMAXES QUE NOS PARECERON MÁIS INTERESANTES DO QUE INVESTIGAMOS DA PREHISTORIA.

XOGOS CANTADOS

DURANTE ESTE CURSO, CADA ESCOLA DO CRA PRESENTOUNOS UN XOGO CANTADO PARA QUE TODAS E TODOS APRENDÉSEMOS E PUIDESEMOS XOGAR CANDO QUIXERAMOS. 
ALGÚNS COÑECÍAMOLOS PERO CON OUTRAS RETAÍLAS.

SE PINCHADE NAS IMAXES, PODEDES VER COMO CADA ESCOLA NOS AMOSOU COMO XOGAR.

A ESCOLA DE VINSEIRA ENSINOUNOS O XOGO DE "LOBO, LOBIÑO QUE HORA É?"

A ESCOLA DE A CHOEIRA 2, "1, 2, 3 VOLTA ATRÁS QUEN  MOVA OS PÉS"


A ESCOLA DE SÉSAMO, "AS AGOCHADAS"


A ESCOLA DE A CHOEIRA 1, "SON UNHA SERPE"


XOGAMOS MOITO!

DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

O DÍA 14 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS.

COMO SABEDES, ESTE ANO O CRA PARTICIPOU NO CONCURSO ORGANIZADO POLA FAXPG (FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA).

NA SÚA IV EDICIÓN "CANTAMOS CON LAS MANOS", PRESENTAMOS A CANCIÓN DE "AS MANS" DE PABLO DÍAZ E PODEDES DISFRUTALA NO BLOG DE MÚSICA SE PINCHADES NA IMAXE.


TORRE DE CELAS

GRAZAS Á TAREFA INTEGRADA PROPOSTA POLA BIBLIOTECA PARA COÑECER LUGARES EMBLEMÁTICOS DE CULLEREDO, DESCUBRIMOS A TORRE DE CELAS.

ALGÚNS NENOS E NENAS COÑECÍAN O LUGAR PORQUE TEN UN PARQUE PRETO, POR CELEBRACIÓNS QUE SE FIXERON EN ANOS ANTERIORES NO CRA... 

PERO DESTA VEZ TOCOU INVESTIGAR UN POUCO SOBRE A TORRE E FACER UNHA VISITA COA FAMILIA DE CADA UN DELES E DELAS.

A TORRE É O QUE SE CONSERVA DUNHA FORTALEZA DEFENSIVA. OBSERVAMOS TEN AS VENTÁS PEQUENAS E ALTAS PARA PROTEXERSE E MESMO DESCUBRIMOS QUE EXISTEN UNHAS VENTÁS MÁIS PEQUENAS POLAS QUE SE PODÍA DISPARAR.

NINGÚN DOS NENOS OU NENAS PUIDERON ENTRAR VELA POR DENTRO PORQUE ESTÁ PECHADA, SÓ VIRON QUE TEN UNHA PORTA GRANDE DE MADEIRA.

MIRADE QUE FOTOS MÁIS CHULAS FIXERON PRETO DA TORRE.



ADIVIÑA QUEN CHE DOU

AS NENAS E NENOS DAS OUTRAS ESCOLAS DO CRA, ENSINÁRONNOS UNS XOGOS CANTADOS QUE NOS GUSTARON MOITO.

AGORA É O NOSO TURNO!
O XOGO QUE VOS PRESENTAMOS É: ADIVIÑA QUEN CHE DOU, QUE NO LOMBO TE MALLOU.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E XOGUEDES!!