Páginas

MICROPROXECTO: O PINGÜÍN

DURANTE ESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE OS PINGÜÍNS.

ALGO SABIAMOS SOBRE ELES, PERO DESPOIS DE BUSCAR, OBSERVAR E INVESTIGAR, DESCUBRIMOS COUSAS QUE NON COÑECIAMOS.

AQUÍ TEDES UN RESUMO DE TODO O QUE FIXEMOS E APRENDIMOS.


DESPOIS DE VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS PINGÜÍNS... 

APETÉCEVOS PROBAR UN XOGO? ÁNIMO, A VER CANTAS COUSAS LEMBRADES.

O INVERNO EN LEDOÑO

XA QUE NO INVERNO, EN LEDOÑO NON NEVA, QUIXEMOS AMBIENTAR A NOSA AULA CON DIFERENTES FOLERPAS. 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

PARA CONMEMORAR ESTA DATA, DENDE A BIBLIOTECA E A TRAVÉS DUNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS, ELABORAMOS UNHA POESÍA REFERENTE AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE QUE ANIMAMOS COA APP "SCRATCH JR".

SE PINCHADES NA IMAXE, PODEDES VER AS POESÍAS E ANIMACIÓNS DE TODAS AS ESCOLAS


 

A HORTA DE LEDOÑO

ESTA SEMANA COMEZAMOS A PLANTAR NA NOSA HORTA.

O LUNS PREPARAMOS A TERRA E PLANTAMOS CEBOLAS E AMORODOS.

PERO O MARTES AO CHEGAR Á ESCOLA, ATOPÁMONOS CUNHA "SORPRESA" QUE NOS FIXO CAMBIAR OS PLANS...

GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, CONTINUAMOS CO PROXECTO DE PLANTACIÓN.

AQUÍ TEDES O RESUMO DESTA SEMANA.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE, 8 DE MARZO, CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O EQUIPO DE CICLO E BIBLIOTECA, PRESENTARON UNHA TAREFA NA QUE TIÑAMOS QUE ESCOLLER E DESTACAR, A LABOR DUNHA DAS MULLERES PIONEIRAS GALEGAS DAS QUE RECOLLEN OS LIBROS DE ANAÍR RODRÍGUEZ "PIONEIRAS" E "PIONEIRAS 2".

NA NOSA ESCOLA INVESTIGAMOS A ÁNGELES ALVARIÑO, QUE FOI A PRIMEIRA CIENTÍFICA NUN BUQUE DE INVESTIGACIÓN INTERNACIONAL. PODEDES VER UN PEQUENO VÍDEO QUE FIXEMOS SOBRE ELA.


PERO AS DEMAIS ESCOLAS DO CRA TAMÉN FIXERON AS SÚAS INVESTIGACIÓNS E CON TODO O QUE APRENDIMOS, XOGAMOS A UN XOGO DE VERDADEIRO OU FALSO.
PODEDES VER TODA A TAREFA NO BLOG DE PEPATECA OU PINCHADO NA IMAXE.



AVENTUREIRA SABELA EN INDIA

DESPOIS DE VIAXAR DURANTE 15 DÍAS, SABELA CHEGOU A CHENNAI, INDIA.

DENDE ALÍ ENVIOUNOS NOVAS IMPORTANTES QUE PODEMOS ESCOITAR NO SEGUINTE AUDIO.

ESTIVEMOS VENDO IMAXES DA FESTA DAS CORES QUE ALÍ SE CELEBRA PARA DAR A BENVIDA Á PRIMAVERA E COMO SABELA ÍA IR CUNHAS AMIGAS, SOLICITOUNOS AXUDA PARA QUE INVESTIGARAMOS COMO PODER FACER CORES CON ALIMENTOS. ABRIMOS O PAQUETE QUE NOS ENVIOU, E PUXÉMONOS A INVESTIGAR.

DESPOIS DE RECIBIR O NOSO VÍDEO COA RESPOSTA, ENVIOUNOS UNHA POSTAL E UN VÍDEO DENDE O SEU HOTEL.

O TESOURO VIAXOU ATA SIDNEY, ASÍ QUE, SABELA PUXO RUMBO A AUSTRALIA! EN 15 DÍAS, TEREMOS NOTICIAS DELA. 

BOA VIAXE SABELA!