Páginas

XA É NADAL

O MARTES, FESTEXAMOS ENTRE TODAS E TODOS A CHEGADA DO NADAL. PERO AO NON PODER XUNTARNOS COAS DEMAIS ESCOLAS DO CRA, CADA ESCOLA REALIZOU UNHA GRAVACIÓN QUE VISIONAMOS ESA MAÑA. SE QUEREDES VELAS, PODEDES VISITAR OS SEUS BLOGS.

NA ESCOLA DE LEDOÑO, FIXEMOS UN VIDEOCLIP COA CANCIÓN DE "PAN DE MILLO" DE MIGALLAS QUE VOS COMPARTIMOS POR AQUÍ  PARA QUE O PODADES VER.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

PERO TAMÉN PARTICIPAMOS COA PROFE LORE NUN VIDEOCLIP QUE REALIZOU CON TODO O ALUMNADO DO CRA. PODEDES VELO NO SEU BLOG SE PINCHADES AQUÍ.

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO E COMEZAMOS AS VACACIÓNS DE NADAL.

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODAS E TODOS!

BO NADAL

MARTIÑO E TESTA: CONSEGUIMOS A 2ª ESTRELA

NO ÚLTIMO VÍDEO, MARTIÑO COMENTOUNOS O PROBLEMA ELÉCTRICO QUE TIÑAN NA ESTACIÓN ESPACIAL E PROPÚXONOS COMO SEGUNDA MISIÓN A DE INVESTIGAR COMO FUNCIONAN OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS.


DESPOIS DE VER O QUE SE PRECISA PARA CREALO E PROBAR COMO FUNCIONA, AVERIGUAMOS COMO PODER SOLUCIONAR ALGÚN QUE OUTRO PROBLEMA ELÉCTRICO. 
ISO FOI O QUE LLE ENVIAMOS A MARTIÑO E RECIBIMOS EMOCIONADAS E EMOCIONADOS A MENSAXE DE TESTA ANTES DE NADAL. 
SE QUEREDES ESCOITALA, PICADE AQUÍ.

PEGAMOS A SEGUNDA ESTRELA NA NOSA TARXETA E PENSAMOS QUEN ERA ESPECIAL PARA NÓS PARA ENVIARLLE A POSTAL QUE TESTA NOS ANIMOU A DECORAR.

DESPOIS DE PENSAR, E PESE A QUE AS NENAS QUE COMEZARON ESTE CURSO NA ESCOLA NON O COÑECÍAN, DECIDIMOS ENTRE TODOS E TODAS, QUE A POSTAL TIÑA QUE SER PARA JOEL, O PROFE DE PRÁCTICAS QUE ESTIVO CON NÓS O CURSO PASADO.

TAREFA DE APRENDIZAXE: DE DONDE ERES?

A ÚLTIMA TAREFA QUE FIXEMOS ESTE TRIMESTRE FOI A DE INVESTIGAR O LUGAR ONDE NACEMOS.

PARA ISO, ENVIAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS PARA QUE NOS AXUDASEN A COMPLETAR UNHA TÁBOA ONDE TIÑAMOS QUE ESCRIBIR O LUGAR DO NOSO NACEMENTO E O DOS DEMAIS MEMBROS DA FAMILIA QUE VIVE CON NÓS. 

PERO TAMÉN PEDIMOS UNHA FOTO DOS PRIMEIROS DÍAS DE VIDA COAS QUE XOGAMOS A ADIVIÑAR QUEN ERA QUEN. AQUÍ O COMPARTIMOS CON VÓS, SEREDES CAPACES DE RECOÑECELOS A TODOS E TODAS?

MARTIÑO E TESTA: 1ª MISIÓN E 1ª ESTRELA CONSEGUIDA!

PARA PODER CONSEGUIR A PRIMEIRA ESTRELA TIVEMOS QUE RESOLVER A PRIMEIRA MISIÓN NA QUE EXPERIMENTAMOS COA GRAVIDADE.

MARTIÑO ENVIOUNOS UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA QUE NÓS FIXESEMOS AS NOSAS HIPÓTESES, EXPERIMENTASEMOS E SACASEMOS CONCLUSIÓNS SOBRE A GRAVIDADE.




PODEDES VELAS TODAS VISITANDO O BLOG DA PEPATECA.

CANDO MARTIÑO RECIBIU TODAS AS NOSAS RESPOSTAS ENVIOUNOS UN VÍDEO ONDE NOS CONCEDEU A PRIMEIRA ESTRELA QUE XA PEGAMOS NA NOSA TARXETA!
                                                                  
PERO NO VÍDEO MARTIÑO TAMÉN NOS PROPUXO A SEGUNDA MISIÓN.
COMEZAMOS COA INVESTIGACIÓN!