Páginas

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O DÍA 23 DE ABRIL, CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

DENDE A BIBLIOTECA DO CRA, PROPÚXOSE ÁS FAMILIAS A RECREACIÓN DA PORTADA DUN LIBRO EN GALEGO. PODEDES VER COMO QUEDARON VISITANDO O BLOG DA PEPATECA.

EN LEDOÑO, O VENRES, RECREAMOS A PORTADA DUN DOS LIBROS EN GALEGO QUE TEMOS ESTE TRIMESTRE NA NOSA AULA, QUE VOS PARECE?


PERO TAMÉN CREAMOS UN MARCAPÁXINAS DE MADEIRA QUE LEVAMOS PARA A CASA. MIRADE COMO NOS QUEDARON.




PLANTAMOS CENORIAS E CALABACÍN

O MES DE ABRIL ESTÁ SENDO UN MES ADICADO A PÓR EN MARCHA A NOSA HORTA. TEMOS MOITAS GANAS DE QUE AS CEBOLAS, ALLOS PORROS E FRESAS MEDREN E PODAMOS DEGUSTAR.

POR ISO, CONTINUAMOS AMPLIANDO A NOSA HORTA; DESTA VOLTA PLANTAMOS CENORIAS E UNHAS PLANTAS DE CALABACÍN QUE NOS REGALARON.

O PROCESO DE PLANTACIÓN SEGUE OS SEGUINTES PASOS:
1º PREPARAMOS A TERRA: QUITAMOS AS HERBAS "MALAS".
2º REMEXEMOS A TERRA QUE SE PON MOI DURA COA CHOIVA.
3º FACEMOS REGOS OU BURATOS PARA AS PLANTAS QUE QUEREMOS PLANTAR.
4º BOTAMOS TERRA CON "VITAMINAS" ONDE IMOS PLANTAR.
5º PLANTAMOS E TAPAMOS COA TERRA
E POR ÚLTIMO, E MOI IMPORTANTE, BOTAMOS AUGA.


PERO NON NOS ESQUECEMOS DE REGAR A MIÚDO E OBSERVAR A NOSA HORTIÑA!

TAREFA DE APRENDIZAXE: ARTE DE PESCA

A ÚLTIMA TAREFA QUE NOS TOCOU FACER NA AULA, CONSISTÍA EN CREAR UN RECANTO PARA EXPERIMENTAR SOBRE AS ARTES DE PESCA.

NO NOSO RECANTO TIÑAMOS CORDA PARA PODER APRENDER E PRACTICAR NÓS MARIÑEIROS. PERO NON ERA O ÚNICO QUE HABÍA NESE RECANTO, MIRADE O VÍDEO E VEREDES AS COUSAS QUE TIÑAMOS.


NON É TAN DOADO FACER NÓS, AÍNDA QUE NOS GUSTOU MOITA A ACTIVIDADE!

TAREFA DE APRENDIZAXE: FESTIVIDADES E TRADICIÓNS GALEGAS

COÑECIMOS ALGUNHAS FESTAS E TRADICIÓNS GALEGAS A TRAVÉS DO LIBRO FOTOGRÁFICO:


VIMOS IMAXES DE FESTAS QUE COÑECIAMOS COMO O ENTROIDO, CUNS TRAXES MOI COLORIDOS!
UNHA DAS TRADICIÓNS GALEGAS RECOLLIDAS NESTE LIBRO SON AS ALFOMBRAS FLORAIS: OBRAS DE ARTE EFÍMERO QUE NALGUNHAS LOCALIDADES GALEGAS RECORREN ALGÚN QUILÓMETRO AO LONGO DAS SÚAS RÚAS.

NA ESCOLA DE LEDOÑO RECREAMOS ESTA TRADICIÓN FACENDO UNHA PEQUENA CREACIÓN SOBRE A MASCOTA DA BIBLIOTECA, PEPATECA.
RECOÑECEMOS QUE É MOI TRABALLO O QUE HAI DETRÁS DESTA TRADICIÓN, PERO GOZAMOS MOITO FACÉNDOA E VENDO O RESULTADO.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

MARTIÑO E TESTA: 5ª ESTRELA

NA MENSAXE QUE RECIBIMOS DE MARTIÑO E TESTA DINNOS QUE SEGUIREMOS INVESTIGANDO SOBRE A LÚA. O VÍDEO QUE NOS ENVIARON PODEDES VELO PICANDO AQUÍ.

NESTA 5ª MISIÓN TEMOS MOITO QUE INVESTIGAR E CREAR; TEMOS QUE INVESTIGAR O NOME DAS DIFERENTES CARAS DA LÚA E RECREALAS.

E PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA POESÍA DE MARZO, TIÑAMOS QUE FACER UNS VERSOS SOBRE A LÚA.

PARA SABER SI CONSEGUIMOS A 5ª ESTRELA, PODEDES VER O SEGUINTE VIDEO.

LEMBRADE QUE PODEDES VER AS MISIÓNS DE MARTIÑO NO BLOG DE PEPATECA.