EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: BELELLE

O XOVES 20 DE XUÑO FIXEMOS A ÚLTIMA SAÍDA DO CURSO, A EXCURSIÓN Á GRANXA DE BELELLE. QUE BEN O PASAMOS!

AS NOVAS DE PEPA

XA PODEMOS DESFRUTAR DUNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA AS NOVAS DE PEPA, ONDE ATOPAREDES TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZARON DURANTE ESTE CURSO QUE REMATA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!


A VIAXE DE BREOGÁN: VENECIA

O ÚLTIMO PAÍS QUE VISITOU BREOGÁN ANTES DE REGRESAR Á CASA, FOI ITALIA.
ENVIOUNOS NOVAS DENDE VENECIA E A ÚLTIMA PROPOSTA PARA REMATAR O SEU TRABALLO DE FIN DE GRAO. 

NON FOI MOI COMPLICADO PENSAR NA ESCULTURA GASTRONÓMICA ESTANDO EN ITALIA... FIXEMOS UNHA PIZZA! QUE BOA ESTABA!


BOA VIAXE BREOGÁN!

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE E VERÁN

CHEGOU O ÚLTIMO TRIMESTRE E CON EL, TOCA FESTEXAR OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS QUE CUMPLIRON ANOS EN MAIO, XUÑO E TAMÉN OS QUE O FARÁN NO VERÁN.

COMO TRADICIÓN DESTE CURSO, VOLVIMOS A PREPARAR GOFRES QUE XA COÑECEMOS A RECEITA DE MEMORIA E, DESTA VOLTA, REPETIMOS CON ALGUNHA FROITA: FRESAS, FRAMBOESAS, ARANDOS, PLÁTANO, MELOCOTÓN E MELÓN.

SAÍRON TAN RICOS E DELICIOSOS, QUE DESTA VOLTA, CASE NON LLES BOTAMOS CHOCOLATE. BUENO, UN POUCO SI.

OS NOSOS MINIMUNDOS

UN DOS XOGOS FAVORITOS NA ESCOLA SON OS MINIMUNDOS. 

PERMITEN DESENVOLVER MOITAS HABILIDADES COMO POR EXEMPLO: A CREATIVIDADE, A IMAXINACIÓN, VOCABULARIO E MOTRICIDADE FINA.

AÍNDA QUE ESTE CURSO, ESTREAMOS UNHA SUPERFICIE PENSADA PARA CREAR, CALQUERA ESPAZO DENTRO E FÓRA DA AULA, FORON ESCENARIOS PARA DESENVOLVER ESTES MINIMUNDOS.

COMO SOMOS: O AUTORRETRATO

DURANTE TODO O CURSO, O ENCARGADO OU ENCARGADA DO DÍA FOI DEBUXÁNDOSE NUNHA PIZARRA. A TRAVÉS DESTES AUTORRETRATOS, COMPROBAMOS A EVOLUCIÓN NAS SÚAS PRODUCIÓNS QUE PASARON A GAÑAR MÁIS DETALLES.
TAMÉN FIXEMOS ALGUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA COA SÚA CARA, RETRATOS DAS SÚAS FAMILIAS (PUBLICACIÓN "AS NOSAS FAMILIAS") E FINALMENTE, CONVERTEMOS OS SEUS AUTORRETRATOS EN "MARIONETAS".

A VIAXE DE BREOGÁN: VIENA

O SEGUINTE PAÍS QUE VISITOU BREOGÁN FOI AUSTRIA E ENVIOUNOS UN VÍDEO DENDE A SÚA CAPITAL, VIENA

ESCOITAMOS "O VALS DO DANUBIO AZUL", DE STRAUSS E COMEZAMOS A DECORAR OS NOSOS VASOS PARA PODER REPRODUCIR ESTE RITMO. 


CREMOS QUE CONSEGUIMOS A MISIÓN PORQUE QUEDOU MOI BEN A NOSA REPRODUCIÓN. PODEDES VELA NO BLOG DE PEPATECA.

NÓS AGARDAMOS NOVAS DE BREOGÁN EN CANTO CHEGUE A ITALIA!

PEQUENOVAS

ESTE ANO, COÑECENDO A AUTORA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, LUISA VILLALTA, SOUBEMOS QUE FOI XORNALISTA E ESCRIBÍA ARTIGOS NALGUNHA REVISTA.

XURDIU UNHA PROPOSTA DE ESCRIBIR UN ARTIGO PARA A NOSA REVISTA "AS NOVAS DE PEPA", NUNHA NOVA SECCIÓN QUE SE CHAMA "PEQUENOVAS".

COMO NA NOSA ESCOLA ESTAMOS MOI CONCIENCIADAS E CONCIENCIADOS DE COIDAR O NOSO PLANETA, DO IMPORTANTE QUE É MANTER LIMPOS OS MARES, AS PRAIAS, OS BOSQUES, SEMPRE ESTAMOS ATENTAS E ATENTOS A QUE A NOSA CONTORNA SE MANTEÑA LIMPA. 

COMO XA SABEDES, POR ESA NECESIDADE NACEU A NOSA "PATRULLA DE LIMPEZA" E PENSAMOS QUE A TRAVÉS DESTE ARTIGO PODERIAMOS DAR A COÑECER ESTA REALIDADE QUE ESTÁ A PASAR ARREDOR DA NOSA ESCOLA.

PATRULLA DE LIMPEZA

DESPOIS DE LEVAR VARIOS DÍAS VENDO COMO O ARREDOR DA NOSA ESCOLA ESTABA CON LIXO, DECIDIMOS SAÍR A LIMPAR, PORQUE PARA ISO SOMOS A "PATRULLA DE LIMPEZA".

SAÍMOS E COMPROBAMOS QUE A PESAR DE QUE HAI BASTANTE PAPELEIRAS NA NOSA CONTORNA, A XENTE NON FAI USO DELAS NA MAIOR PARTE DAS VECES.

PERO NÓS SOMOS INCANSABLES E INTENTAREMOS QUE POLA NOSA PARTE, O PLANETA ESTÉ MÁIS LIMPO. 

A TÁCTICA DO COLIBRÍ, FUNDACIÓN LUIS SEOANE

O MARTES 4 DE XUÑO, VOLVIMOS A SAÍR EN AUTOBÚS ATA CORUÑA.

DESTA VOLTA, ESTIVEMOS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE VISITANDO A EXPOSICIÓN "A TÁCTICA DO COLIBRÍ" E FACENDO UN OBRADOIRO DE CERÁMICA, SIMULANDO ESA ESCOLA DE CERÁMICA NA QUE LUIS SEOANE SE FORMOU.

DESPOIS FIXEMOS UNHA PEQUENA ANDAINA ATA A PRAZA DE AZCÁRRAGA ONDE PUIDEMOS FACER UNHA PEQUENA MERENDA CON PAN QUE MERCAMOS NUNHA PANADARÍA QUE HABÍA NA PRAZA. XOGAMOS UN POUCO TODAS E TODOS XUNTOS, E VOLTAMOS DE NOVO ÁS ESCOLAS. 

A VIAXE DE BREOGÁN: BERLÍN

BREOGÁN PÚXOSE EN CONTACTO CON NÓS CANDO CHEGOU A BERLÍN.

ESTIVEMOS VENDO NUN MAPA O TRAXECTO QUE FIXO EN TREN DENDE BRUXELAS ATA BERLÍN.


E DESPOIS VISUALIZAMOS O VÍDEO QUE NOS ENVIOU DESDE ALÍ. PODEDES VER O QUE NOS CONTOU PICANDO NA IMAXE.


GUSTOUNOS MOITO PROBAR OS BRETZELS, PERO COÑECER A HISTORIA DO MURO DE BERLÍN FÍXONOS PENSAR NO IMPORTANTE QUE É FALAR E CHEGAR A ACORDOS.
CON ISTO, CHEGOU A NOVA MISIÒN NA QUE TIÑAMOS QUE FACER CONSTRUCIÓNS QUE UNAN E NON SEPAREN ÁS PERSOAS.


PODEDES VER TODA A INFORMACIÓN DE BREOGÁN EN BERLÍN, VISITANDO O BLOG DE PEPATECA.

CONCURSO "CANTANDO COAS MANS"

O XOVES 30 DE MAIO, DESPRAZÁMONOS ATA A CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO PARA RECOLLER UN PREMIO.  POIS FOMOS GALARDOADOS CO PREMIO DO XURADO DO VII CONCURSO CANTAMOS COAS MANS, QUE ORGANIZA A FAXPG.

FOI UN DÍA MOI EMOCIONANTE XA QUE ACTUAMOS PARA O PÚBLICO E  ACOMPAÑOUNOS A CANTANTE UXÍA, INTÉRPRETE XUNTO A MARÍA FUMAÇA DA CANCIÓN QUE INTERPRETAMOS "FUN AO MERCADO".

SE QUEREDES VOLVER A VER O VÍDEO CO QUE PARTICIPAMOS, SÓ TEDES QUE VISITAR O BLOG DE MÚSICA, LALALA

ROMARÍA 2024

O MÉRCORES 29 DE MAIO PUIDEMOS CELEBRAR A NOSA TRADICIONAL ROMARÍA.

TIÑAMOS MOITAS GANAS DE FESTEXAR, E ASÍ FOI, UNHA XORNADA ESTUPENDA QUE COMPARTIMOS CON TODO O ALUMNADO DO CRA, FAMILIAS, ANTIGOS ALUMNOS E ALUMNAS COAS SÚAS FAMILIAS, ANPA...

TAMÉN FINALIZOU O NOSO PDI "SEMENTANDO SAÚDE" CUNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA QUE TIVEMOS A COLABORACIÓN DE ALUMNADO E PROFESORADO DO IES DE SABÓN, DE ARTEIXO.

VELAQUÍ TEDES UN RESUMO DESE DÍA:

MOITAS GRACIAS A TODAS E TODOS POR COMPARTIR E FORMAR PARTE DESTA XORNADA TAN ESPECIAL.

LETRAS GALEGAS 2024

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS SEMPRE É UNHA SEMANA EMOCIONANTE, POIS É A CONTA ATRÁS PARA A NOSA ROMARÍA, QUE FINALMENTE HOUBO QUE SUSPENDER POR MOR DO TEMPO...

ESTE ANO COMEZAMOS A SEMANA CON CABEZOLOS NA ESCOLA QUE NOS TROUXO A PROFE TATI, PERO QUE XA VOLVERON PARA A SÚA POZA. FOI MOI CHULO PODER VELOS TAN DE CERCA. 

ESTE CURSO, COÑECIMOS A AUTORA HOMENAXEADA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TRAVÉS DUN RETO. 

APARECEU NA ESCOLA UN BOTE CHEO DE COUSAS QUE FOMOS DESCUBRINDO E ELABORAMOS HIPÓTESES DE QUE SE PODERÍA TRATAR. COMO NO BOTE HABÍA LETRAS, ESTIVEMOS INTENTANDO COLOCALAS DE MANEIRA QUE PUIDESE SER UN NOME, E FINALMENTE AVERIGUAMOS QUE SE CHAMABA LUISA.



DESPOIS DE DESCUBRIR O NOME E OS OBXECTOS QUE HABÍA DENTRO DO BOTE, INTENTAMOS RELACIONALOS CON COUSAS QUE PODÍA FACER LUISA OU QUE ERAN COUSAS QUE LLE GUSTABAN. SEGUIMOS ELABORANDO HIPÓTESES E FINALMENTE COÑECIMOS A RELACIÓN DESES OBXECTOS CON LUISA GRACIAS A UN GENIALLY ELABORADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA.
DEIXÁMOLO AQUÍ POR SI QUEREDES COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE LUISA VILLALTA.