Páginas

ADIVIÑA QUEN...

AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO DUNHA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS A COMEZOS DE MARZO DENTRO DA RECOPLIACIÓN DE XOGOS ORAIS EN GALEGO PROPOSTA POLO EDLG, PARA COMPARTIR COS COMPIS DO CRA.


TAMÉN PODEDES VER O DOS PEQUES DE VINSEIRA PINCHANDO NA IMAXE.


http://escoladevinseira.blogspot.com/2020/03/xogos-de-patio-edlg.html


2ªPROPOSTA INTERCRA: IOGA SEN PARAR

AQUÍ CHEGA A SEGUNDA PROPOSTA INTERCRA PARA TODOS!

PINCHADE PARA VER A EXPLICACIÓN NO BLOG DA PROFE RAQUEL DA ESCOLA DA  CHOEIRA.

.

A GALIÑA MEDOÑENTA

CANTOS ANIMAIS QUE CONTAN NOS CONTOS 
CANTOS CONTOS CON ANIMAIS QUE CONTAN

TRAS O PEIZOQUE ROQUE, O CORVO MARCELINO, A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, E FREDERICK O RATO POETA, CHEGA OUTRA PERSONAXE DE CONTO ANIMAL...



BOA FINDE 

23 ABRIL, MOITOS LIBROS PARA TI

XA TEDES NO BLOGUE DE PEPATECA  OS VÍDEOS DOS RESULTADOS DOS OBRADOIROS ORGANIZADOS POLO PROFE IVÁN. QUEDARON MOI CHULOS . PINCHADE NA IMAXE



FELICES LECTURAS 

DÍA DA TERRA

GRAZAS TERRA 🌎 POR TODO O QUE NOS DAS !

LEVAMOS TODO O CURSO INVESTIGANDO SOBRE A PARTE NATURAL DO NOSO PLANETA TERRA EN BUSCA DA MELLOR RELACIÓN POSIBLE DOS HUMANOS CON ELA. PORQUE HAI QUE COIDALA MÁIS DO QUE O FACEMOS. 

HOXE DÍA 22 DE ABRIL, É O SEU DÍA, ESCOITADE UNHA  CANCIÓN BEN LINDA DE MARÍA FUMAÇA NO BLOG DA PROFE LORE PINCHANDO NA SEGUINTE FOTO:



XA SABEMOS QUE SACAMOS PROVEITO DELA PARA TODO, ESPECIALMENTE DA AUGA, AIRE, SOL, FAUNA E FLORA. 

DA IMPORTANCIA DAS  FLORES 💐 FALAMOS NA ENTRADA DE PRECISASE UNHA FLOR  E HOXE O DOODLE DE GOOGLE ILÚSTRANOS CUNHA HOMENAXE ÁS ABELLIÑAS 🐝  E O SEU IR E VIR DE FLOR EN FLOR. PROBADE A XOGAR A COLLER OS GRANS DE POLE DE CORES E LOGO DEPOSITALOS NAS FLORES DA MESMA COR PARA QUE OS CAMPOS SIGAN A ENCHERSE DE FLORES.


https://www.google.es/webhp?hl=es&ictx=2&sa=X&ved=0ahUKEwit6P_l-PvoAhVI9IUKHU1nDkoQPQgH
O GRUPO DE LEDOÑO NESA TOMA DE CONCIENCIA E ENORME GRATITUDE CARA ÁS PLANTAS ESTOS DÍAS ESTIVEMOS A MIRAR NAS NOSAS CASAS E ISTO FOI O QUE ATOPAMOS DE ORIXE VEXETAL:


ÁFRICA 



ANTÓN





AARÓN 



PROFE CRIS



1ªPROPOSTA INTERCRA : A COCIÑAR

DESDE O EQUIPO DOCENTE DO CRA DE CULLEREDO QUEREMOS LANZAR PROPOSTAS A REALIZAR, CONXUNTAMENTE, POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

ESTA SEMANA INAUGURAMOS CUNHA PROPOSTA DESDE A ESCOLA DE SÉSAMO.

ENTRADE NO SEU BLOG E MIRADE OS VÍDEOS EXPLICATIVOS DA PROFE BEA:


CO QUE NOS GUSTA EN LEDOÑO COCIÑAR, CREO QUE TODOS IMOS GOZAR!

OBRADOIROS DÍA DO LIBRO

PASOU O DÍA DO LIBRO INFANTIL O 2 DE ABRIL, E NA PRÓXIMA SEMANA TEMOS O DÍA UNIVERSAL DO LIBRO, O VINDEIRO XOVES 23, POLO QUE CELEBRAMOS A EXISTENCIA DE TODO TIPO DE LIBROS, TAMÉN  DE LITERATURA  PARA ADULTOS, DE COCIÑA, DE CIENCIA, DE HISTORIA, ATLAS DO MUNDO,  DE CINE, MANUAIS, E TODO O QUE PODEMOS ATOPAR NAS BIBLIOTECAS DAS NOSAS CASAS E NAS PÚBLICAS, NAS LIBRARÍAS E NAS FEIRAS DE LIBROS.

EU O QUE NON ATOPEI ÁINDA FOI UN LIBRO VOADOR, PERO NESTE VÍDEO DOS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES  APARECEN UNS QUE SÍ QUE TEÑEN PODERES PARA VOAR.

 A VER SE VOS GUSTA ESTA HISTORIA DUN RAPAZ CON MOITO AMOR POLOS LIBROS.



COMO OS MESTRES AMAMOS TAMÉN OS LIBROS, O PROFE IVÁN INCLÚE UNHA PROPOSTA A PARTIR DUN LIBRO MOI CHULI CUN TÍTULO BEN FERMOSO NO BLOG DA PEPATECA. ENTRADE PARA VELO E ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NALGÚN DOS OBRADOIROS QUE APARECEN.

EN FAMILIA DÍA DO LIBRO


XOGOS DE DEDOS


QUE TAL SAÍRON AQUELES XOGOS DE MANS QUE VOS PASARA?

INTENTASTES FACELOS?

TEÑO UNHA AMIGA MESTRA, MAIKA, QUE SABE OUTROS RECITADOS DIFERENTES, MIRADE, HOXE DEIXOVOS AQUÍ OS SEUS VÍDEOS. PROBADE ESTA FINDE E XA ME CONTAREDES




O DE ADIVIÑAR EN CAL DAS MANS SE AGOCHA UN OBXECTO, XA O FIXERAMOS EN LEDOÑO PERO CON OUTRO RECITADO E GUSTÁBANOS MOITO

RABO DE BOI
RABO DE BESTA
DIXO MEU PAI/ MIÑA NAI QUE ESTABA....
NESTA


E O DE IR AGOCHANDO OS DEDIÑOS É IGUAL QUE O DO PAXARIÑO RECHONCHIÑO , PERO NESTE CASO FALA DUNHAS VACAS .



AGORA A PROBAR CO CHAPARRÓN E O COCODRILO. 


E SE SABEDES ALGÚN E VOS ANIMADES A COMPARTILO, XA SABEDES.

APERTAS

PRECÍSASE UNHA FLOR


A ÚLTIMA SEMANA ANTES DO ESTADO DE ALARMA ESTÁBAMOS A DESFRUTAR DA FLORACIÓN DE MOITAS PLANTAS DE LEDOÑO E INCLUSO FIXEMOS UN PASEO PARA ATOPAR FLORES, SACARLLES FOTOS, E COMPARALAS. 


NON SABÍAMOS O NOME DE TODAS. SÓ DO ALECRIN DO TOXO, O DENTE DE LEÓN, E DA MARGARIDA DOS CAMPOS, LOGO VIMOS AS FLORES DAS CERDEIRAS E OUTROS FRUTAIS, E AS FLORES DOS PIÑEIROS.


OUTRAS ÁRBORES, TODAVÍA NON TIÑAN FLOR, PORQUE AÍNDA ESTABAN BOTANDO MOITAS FOLLAS NOVAS. FOI TAMÉN UN FENÓMENO CURIOSO OBSERVAR COMO DESDE INICIO DE MARZO SAÍAN CADA DÍA MOITAS NOVAS. E DESDE LONXE, IBA AUMENTANDO A MELENA DOS PLATANEIROS DA SOMBRA E DOS CARBALLOS . MIRADE CÓMO O VIVIMOS AQUEL DÍA.


O QUE MÁIS NOS GUSTOU DAS FLORES APAÑADAS FOI FIXARNOS NAS CORES E NA FORMA. TAMÉN MIRAMOS O NÚMERO DE PÉTALOS. DEBUXAMOS TODAS, E RECREAMOS ESCULTURAS DE MARGARIDAS. 





POR QUÉ SERÁN TODAS TAN COLORIDAS? PARA DESTACAR ENTRE O VERDE DAS FOLLAS? ASÍ SON FÁCILES DE ATOPAR PARA OS INSECTOS.

CÓMO LLES GUSTAN AS FLORES ÓS INSECTOS !



CANDO ANTÓN NOS FALOU DAS ABELLAS ENTENDIMOS QUE ZUGABAN O NÉCTAR DAS FLORES PARA ALIMENTARSE E LEVABAN NAS PATIÑAS POLE PARA A COLMEA, USANDOO PARA O PANAL E PARA AS LARVAS. PERO NO CAMIÑO DEIXAN CAER PARTE DESE POLE, IGUAL QUE FAN AS XOANIÑAS E BOLBORETAS.


OUTRO POLINIZADOR, OSEA, SEMENTEIRO DE POLE, É O VENTO, QUE CANDO SACUDE AS RAMIÑAS ONDE HAI FLORES CON POLE, FAI QUE SE DISPERSE CONSEGUINDO ENTRAR NOS PISTILOS DOUTRAS FLORES VECIÑAS PARA CREAR UNHA SEMENTE. AQUÍ É ONDE NOS QUEDAMOS NA CLASE. É DICIR QUE SE NON FOSE POR O VENTO E ALGÚNS INSECTOS E PAXAROS , MOITAS FLORES NON LOGRARÍAN REPRODUCIRSE.

AI, QUE IMPORTANTES SON AS FLORES PORQUE..
SABÍADES QUE DENTRO DAS FLORES ESTÁ A ESENCIA DA VIDA NA NATUREZA?


AS COUSAS COTIÁS CONTAN SEGREDOS
PARA OS QUE SABEN MIRAR E ESCOITAR
PARA FACER UNHA MESA PRECÍSASE MADEIRA
PARA FACER MADEIRA PRECÍSASE UNHA ÁRBORE
PARA FACER A ÁRBORE PRECISASE A SEMENTE
PARA TER UNHA SEMENTE PRECÍSASE UN FROITO
PARA TER UN FROITO PRECÍSASE UNHA FLOR
PRECÍSASE UNHA FLOR, PRECÍSASE UNHA FLOR
PARA FACER UNHA MESA PRECÍSASE UNHA FLOR

PARA TER UNHA FLOR, PRECÍSASE UN RAMO
PARA TER UN RAMO, PRECÍSASE UNHA ÁRBORE
PARA TER UNHA ÁRBORE PRECÍSASE UN BOSQUE
PARA TER UN BOSQUE PRECÍSASE UN MONTE
PARA TER UN MONTE PRECÍSASE A TERRA
PARA TER A TERRA PRECÍSASE UNHA FLOR
PARA FACER TODO, PRECÍSASE UNHA FLOR

(LETRA TRADUCIDA DA CANCIÓN ORIXINAL:
CI VUOLE UN FIORE)



COMO DI ESTA CANCIÓN ITALIANA, PRECISAMOS FLORES PARA UN SINFÍN DE COUSAS, PORQUE NAS FLORES OU NAS FLORES QUE SE CONVIRTEN EN FROITOS, ESTÁN AS SEMENTES QUE FAN MEDRAR PLANTAS NOVAS, E DESAS PLANTAS E ÁRBORES, OBTEMOS DE TODO. 

OBTEMOS ALIMENTOS CHAMADOS HORTALIZAS, POIS XA APRENDIMOS COA NOSA HORTA QUE AS RAÍCES, TALOS, FOLLAS E FLORES DALGUNHAS PLANTAS CÓMENSE. 
É O CASO DAS NOSAS CEBOLAS, ACELGAS, E COLES E BRÓCOLIS DA NOSA HORTA. COMO A RECENTE FLOR DA COLIFLOR MORADA ! OUTRAS FOLLAS E FLORES TEÑEN PROPIEDADES ESPECIAIS E DEIXANSE SECAR PARA USAR EN BEBIDAS COMO INFUSIÓN, COMO AS FOLLAS DA HERBABOA E FLORES DA MANZANILLA, OU TRITURADAS COMO ESPECIAS PARA COCIÑAR ,COMO O OUREGO, QUE TEMOS TAMÉN NA HORTA.

PERO TAMÉN OBTEMOS MAIS COUSAS DAS PLANTAS!!!

OCÓRRESEVOS ALGO? 



MIRADE NA VOSA CASA E PENSADE SE AS COUSAS QUE TEDES EN CADA LUGAR, NON SÓ A COCIÑA, PODEN ESTAR FEITAS DE MATERIAL SACADO DE PLANTAS. INICIADE O PERCORRIDO EXPLORATORIO ( COA CANCIÓN ITALIANA DE FONDO SE QUEREDES) E FACEDE UN LISTADO DOS POSIBLES ...SEN MEDO A ERRAR. NON TEDES QUE SABER A PLANTA, SÓ SE CREDES QUE SE PRECISA UNHA PARA ELABORALO .

VEREDES O QUE IMOS DESCUBRIR!

A NATUREZA SEGUE O SEU CURSO

TEMOS A SORTE DE CONTAR COA FAMILIA DE DANI QUE DE VEZ EN CANDO VAI MIRAR A NOSA HORTIÑA E SE PRECISA AUGA REGAN UN POUCO.

GRAZAS ÁS FOTOS QUE MANDARON PODEMOS VER QUE OCORRERON COUSAS NESTE MES , COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA. FIXÁDEVOS NAS FOTOS SACADAS O 3  E o 13 DE ABRIL . 

VEDES OS CAMBIOS? 

MEDRARON AS NOSAS PLANTAS CON FOLLAS NOVAS E SORPRENDEUNOS A COLIFLOR MORADA QUE FLOREOU CON FORZA GRAZAS Ó CALORIÑO DE ABRIL.



NON PODÍA DEIXARSE PERDER ASÍ QUE PEDINLLES QUE A RECOLLESEN E COCIÑASEN. MIRADE, PARECE QUE PERDE O COLOR AO COCIÑALA E QUEDA LARANXIÑA.



 INCLUSO A NOSA PRIMEIRA SEMENTE DE SETEMBRO NO BOTE DAS PEGATINAS SACOU 2 FLORIÑAS ROSAS. VEDELAS ? SON INTENSAS EH!  AS CEBOLAS  E CENOURAS 🥕 BAIXO A TERRA SEGURO QUE ESTÁN ENGORDANDO TAMÉN .
E AS REMOLACHAS  E ACELGAS VAN POR BO CAMIÑO.A CHUVIA 🌧 E O SOL 🌞 QUE TRABALLO FAN TAN BO.

 ESPEREMOS QUE OS AMORODOS TAMÉN SAQUEN FLOR E EN MAIO PODER VER ALGÚN 🍓

MOITOS BICOS VOADORES QUERIDA HORTA, A SEGUIR ASÍ 

MEUS AMIGOS

POR FIN SAIU DO FORNO A NOSA OBRA, TRAS A INSPIRACIÓN DAS POMBAS QUE VIU ANTÓN POLA XANELA E DESPOIS DE XUNTAR AS NOSAS VOCES E IMAXES PARA A  CANCIÓN COLECTIVA DE  QUEN PUIDERA , VERSIÓN DA ORIXINAL COMPOSTA POR L. EMÍLIO BATALLÁN A PARTIR DA LETRA DO POEMA DE ÁLVARO CUNQUEIRO.



🕊🕊🕊🕊🕊🕊🌼🌼🌼🌼🌼🌼🐦🐦🐦🐦🐦🐦🎵🎵🎵🎵🎵🎵

FREDERICK, O RATO POETA

DESPOIS DO PEIZOQUE ROQUE, E O CORVO MARCELINO, CHEGA O CONTO DESTA SEMANA CUN PROTAGONISTA ESPECIAL, O RATO FREDERICK.

ESTE RATO  TEN ALGO MOI EN COMÚN CON ROQUE, XA QUE LLE GUSTA TAMÉN RECOLLER PALABRAS, PERO MOITAS OUTRAS COUSAS ...


XA VEDES, UN RATO BEN SENSIBLE QUE FAI UN TRABALLO BEN IMPORTANTE.

PORQUE AGORA MÁIS QUE NUNCA, NESTE CONFINAMENTO, HAI QUE DARLLE ÁS GRAZAS A TODOS OS ARTISTAS QUE XUNTAN CORES, PALABRAS, SONS E COA MAXIA DA IMAXINACIÓN LOGO MESTURAN E CREAN BELEZA PARA QUE TODOS DESFRUTEMOS.  E SOBRE TODO, MANTEÑAMOS ESPERTO CADA UN 
O RATIÑO ARTISTA QUE LEVAMOS TODOS DENTRO.

UNIDADE E HARMONÍA


 COMPARTO CON VÓS ESTE MANDALA QUE FIXEN CON PARTES NATURAIS QUE TIÑA POLA CASA,(MONDA DE MANDARINA E FLORES QUE LLE VAN CAENDO Ó MEU CALANCHOE) E VOU GARDANDO POLA SÚA BELEZA, E UNHA PEDRIÑA VERDE TRANSPARENTE QUE ME ENCANTA PARA DAR LUZ NO CENTRO DO MANDALA.

SABEDES QUE NA NOSA ESCOLA COMEZAMOS A FACER MANDALAS NO MES DE OUTUBRO , CON MOTIVO DO OUTONO , E CONVERTEUSE NUNHA TRADICIÓN PARA RECIBIR A CHEGADA DE CADA NOVA ESTACIÓN, XA QUE OS MANDALAS SIMBOLIZAN O REPETITIVO DOS CICLOS DA NATUREZA E O UNIVERSO.



TOCABA POIS FACER O DA PRIMAVERA, QUE NOS PILLOU EN PLENO CONFINAMENTO. EU DESFRUTEI MOITO FACENDO ESTA PROPOSTA. UNHA MESMA FLOR DEUME DÚAS CORES DIFERENTES, A VERMELLA E A MORADA, E A MONDA DEUME A LARANXA E A BRANCA, NON É MARABILLOSO? E FIXÁDEVOS COMO CAMBIA A SENSACIÓN VISUAL MUDANDO SÓ AS CORES DOS CÍRCULOS EXTERIOR E INTERIOR.


GUSTARÍAME QUE NA CASA FAGADES OS VOSOS, XA QUE ESTA VEZ NON PUIDEMOS FACER UN ÚNICO COLECTIVO. 
 LEMBRADE:

DEBUXAR UNHA BASE DE CÍRCULOS CONCÉNTRICOS
LOGO  PODEDES USAR ELEMENTOS NATURAIS OU DE REFUGALLO
DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN, E...


A XOGAR COA XEOMETRÍA, SIMETRÍAS, FORMAS, CORES...


VANSE REFLECTIR COUSAS DIFERENTES SEGUNDO O VOSO ESTADO DE ÁNIMO E AS EMOCIÓNS QUE SINTADES. PODEDES POÑER MÚSICA MENTRES O FACEDES OU EN PLENO SILENCIO DE CONCENTRACIÓN. A CUESTIÓN É DESFRUTAR CREANDO.







AGARDO AS VOSAS CREACIÓNS.


CONTOS PARA SENTIR, COMPRENDER E MEDRAR


HOXE É UN DÍA ESPECIAL PORQUE SE CELEBRA O DÍA DO LIBRO INFANTIL


QUE SE PRECISA PARA FACER UN LIBRO? 
E PARA FACER UN LIBRO PARA NENAS E NENOS?

MATERIAL SI, PERO SOBRE TODO PERSOAS CON IDEAS, SENSIBILIDADE E TALENTO. QUE MARABILLA PODER GOZAR DE HISTORIAS PARA PÚBLICO INFANTIL EN CENTOS DE LIBROS FEITOS CON AMOR POR ESCRITORES, ILUSTRADORES E EDITORIAIS DE TODO O MUNDO QUE CONSEGUEN FACERNOLOS CHEGAR ÁS LIBRARÍAS E ÁS BIBLIOTECAS.


OS LIBROS SON UN TESOURO

EU TEÑO MOITOS LIBROS NA CASA. E AÍNDA QUE XA NON SON NENA ME SEGUEN A ENCANTAR AS HISTORIAS DOS LIBROS INFANTÍS, PORQUE...

OS LIBROS INFANTÍS VALEN PARA TODAS AS IDADES,  SON AS MELLORES HISTORIAS!!


UN DOS MEUS FAVORITOS É O PRINCIPIÑO. 
 CÓMO ME GUSTARÍA IR VOANDO CON AXUDA DESAS ANDORIÑAS ATA AS VOSAS CASAS  E PODER SAUDARVOS POLA VENTÁ.

PERO TAMÉN TEÑO OUTRO QUE ME ENCANTA, É A COLECCIÓN DE POMELO. SE NON O COÑECEDES, ASEGÚROVOS QUE LLE COLLEREDES CARIÑO AXIÑA A ESTE ELEFANTE QUE SE FAI MOITAS PREGUNTAS E GÚSTALLE SOÑAR


TAMÉN DISFRUTO COS CONTOS CANTADOS E CON MÚSICA COMO A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, POIS FOI O PRIMEIRO CONTO QUE REPRESENTEI CUN GRUPO DE ALUMNOS CANDO COMECEI A SER MESTRA.

E SEGUIRÍA, POÑENDO MAIS HISTORIAS, NUNHA LONGA LISTA QUE NON COLLERÍA NO BLOG. PERO SOBRE TODO...

ME GUSTAN OS LIBROS QUE NUNCA  LIN, OS QUE TEÑO POR DESCUBRIR.

NESTES DÍAS MAIS QUE NUNCA, HAI MOITOS NARRADORES EN INTERNET CONTANDO HISTORIAS, E EU APROVEITO PARA ESCOITAR TANTAS NOVAS HISTORIAS.

ASÍ QUE LEMBRO AS RECOMENDACIÓNS QUE VOS FIXEN CANDO COMEZOU O CONFINAMENTO, DAS CANLES DE YOUTUBE DE KALANDRAKA E OQO, E  TAMÉN DA INICIATIVA PANDEMIA DE CONTOS DO COLECTIVO NOGA, (NARRACIÓN ORAL GALEGA). ADEMAIS NOGA PROPUXO QUE RECOMENDEMOS OS NOSOS LIBROS FAVORITOS NAS REDES SOCIAIS CUN FERMOSO: #lerparavoar 

E AQUÍ DEIXO OUTROS RECURSOS XENIAIS:

CATÁLOGO BIBLIOTECAS - GALICIA LE  AQUÍ PODEDES REXISTRARVOS E ACCEDER A UN CATÁLOGO DE LIBROS E PELÍCULAS DE DIVERSOS XENÉROS , ENTRE ELES O XÉNERO DE LITERATURA INFANTIL. XA QUE NON PODEMOS SAÍR ÁS BIBLIOTECAS, POLO MENOS TEMOS VARIEDADE SE XA NOS SABEMOS TODOS OS LIBROS DA CASA.

CONTOS PARA DESPOIS DAS 8 E VINTE UNHA LIBRARÍA DE BETANZOS, BIBLOS, AGASÁLLANOS CADA DÍA CUN CONTIÑO ÁS 20.20. UNHA HORA CURIOSA, COMO O NOSO ANO 2020! O PRIMEIRO CONTO É PRECIOSO, TITÚLASE, PONTE EN MI LUGAR. PERO TEDES MOITOS MAIS. DOSIFICADE!

INVENTANDO HISTORIAS ESTE É UN ARTIGO PARA QUE LEAN AS FAMILIAS E LOGO XOGUEDES TODOS XUNTOS COAS IDEAS DO GRAN GIANNI RODARI, UN AUTÉNTICO XENIO DA LITERATURA INFANTIL.


E PARA DESPEDIRME , XA QUE HOXE TAMÉN É O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO, DEIXOVOS UN CONTO ENTRAÑABLE QUE XA LEMOS UN DÍA NA ESCOLA:

 O CAZO DE LORENZO. 


 SEXAMOS TODOS PERSOAS EXTRAORDINARIAS. 
APRECIEMOS AS CUALIDADES DE CADA SER ÚNICO. 

BIODIVERSIDADE

SE HAI ALGUÉN QUE ELABOROU UN MATERIAL DIDÁCTICO ESTUPENDO EN GALEGO E DE CALIDADE NO QUE A TEMÁTICA DA CONTORNA NATURAL EN GALICIA SE REFIRE, É ADELA LEIRO.


RECOMENDO A SÚA PÁXINA PORQUE TEN DOCUMENTOS E RECURSOS DE TODO TIPO, COAS ILUSTRACIÓNS DE MON DAPORTA, E CLASIFICADOS POR TEMAS.

EN RELACIÓN CO LIXO,DO QUE TANTO ESTAMOS A APRENDER ESTE CURSO,  TEN DOUS POSTER MOI ILUSTRATIVOS:




EN CANTO A FAUNA E FLORA, SE QUEREDES XOGAR UN POUQUIÑO... AQUÍ VOS DEIXO AS SÚAS ADIVIÑAS:




TAMÉN ESTAS GUÍAS DE PAXAROS E FLORES VOS PODEN SERVIR PARA IMPRIMIR DOBLE COPIA E XOGAR ÁS PARELLAS DE CARTAS, OU SIMPLEMENTE IMPRIMIR 1 COPIA E IR CLASIFICANDO POR DIVERSOS CRITERIOS.



E NON PERDADES OCASIÓN DE BOTARLLE OLLO ÓS CONTIÑOS, PORQUE TEN O PODER DE FACER HISTORIAS INCRÍBLES DAS COUSAS MAIS SIMPLES.