Páginas

FIN DE CURSO

O DÍA 22 FOI DÍA DE FESTA E DESPEDIDA.

OS DÍAS PREVIOS PREPARAMOS AS COUSAS QUE TIÑAMOS QUE LEVAR PARA A CASA E AS BOLSAS ONDE IAMOS LEVAR TODO, PASEAMOS E XOGAMOS MOITO XUNTOS.

E O MARTES 22...CHEGOU O DÍA ESPECIAL!

ENTRE TODOS DECORAMOS UNHA "VENTÁ" MOI ESPECIAL PARA FACER UNHA SESIÓN DE FOTOS. TIÑAMOS VARIOS OBXECTOS PARA ADEREZARNOS. FOI MOI DIVERTIDO!

PERO NUNHA BOA FESTA, TAMÉN HAI UNHA BOA MERENDOLA... PREPARAMOS UNS PINCHOS DE FROITA COA FROITA QUE MÁIS NOS GUSTA E PARA REMATAR... BOTAMOS CHOCOLATE POR RIBA! ESTABAN DELICIOSOS! 

TAMÉN TOCOU DESPEDIRSE DOS CATRO COMPAÑEIROS QUE MARCHAN... BOTARÉMOSVOS DE MENOS!

BO VERÁN E ATA SETEMBRO!

AS NOVAS DE PEPA

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA XUNTO A TODO O PROFESORADO, ELABORARON A REVISTA "AS NOVAS DE PEPA".

ESTA XV EDICIÓN A REVISTA PRESÉNTASE EN FORMATO INTERACTIVO NO QUE SE PODEN VISIONAR VÍDEOS, FOTOS, E TAMÉN VEREDES TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE LEVARON A CABO DURANTE ESTE CURSO 2021-2022.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

ÚLTIMA COLLEITA

CHEGOU O MOMENTO DE RECOLLER OS ÚLTIMOS FROITOS QUE NOS DEU ESTE CURSO A NOSA HORTA.

TOCOU COLLER AS LEITUGAS QUE NON SAÍRON MOI GRANDES, OS ALLOS PORROS E AS CEBOLAS; E TAMÉN RECOLLIMOS UNHAS FRESAS.
QUEDAN OS CALABACÍNS QUE NON DERON SAÍDO A TEMPO DE REMATAR O CURSO... 

TEREMOS QUE AGARDAR AO CURSO QUE VEN PARA SEGUIR COIDANDO A HORTA.

MARTIÑO E TESTA ESTÁN DE VOLTA NA CASA!

VIMOS EN DIRECTO A AMARAXE DE MARTIÑO E TESTA E FOI MOI EMOCIONANTE.
NO BLOG DE PEPATECA PODEDES VER O VÍDEO QUE GRAVARON.
A ÚLTIMA COMUNICACIÓN QUE TIVEMOS DE MARTIÑO FOI DENDE A SÚA CASA E TIÑAN UNHA SORPRESA PARA NÓS! 
NON ESPERAMOS NADA PARA POÑERNOS NA BÚSQUEDA DA MALETA DE MARTIÑO E TESTA , DESCIFRAMOS AS MENSAXES E CONSEGUIMOS ABRIR A MALETA!!
FOI MOI ESPECIAL ATOPAR O QUE HABÍA DENTRO!


GRAZAS MARTIÑO E TESTA POR ESTA VIAXE E POLA SORPRESA FINAL!

FOMOS AO TEATRO!

O MARTES FIXEMOS UNHA SAÍDA AO TEATRO.
FOMOS VER O ESPECTÁCULO "QUIXOTE" AO EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES DO BURGO.
ESTIVO XENIAL E GUSTOUNOS MOITO!

      
PODEDES VER O VÍDEO PROMOCIONAL DO ESPECTÁCULO

COLLEITA NA HORTA

DURANTE ESTA PRIMAVERA ESTIVEMOS ADICANDO TEMPO A COIDAR A NOSA HORTA: QUITANDO "HERBAS MALAS", REGANDO E OBSERVANDO OS CAMBIOS QUE ÍAN PASANDO.


                                                                                                                                                  
                                                                                                                                                           
GRAZAS A TODO ISTO, A HORTA COMEZOU A DAR OS SEUS FROITOS E PUIDEMOS PROBAR FRESAS!! XA LEVAMOS COMIDAS UNHAS CANTAS E QUE RICAS ESTÁN!     
 
             

ESTE VENRES, TOCOU RECOLLER AS CENORIAS. TIÑAMOS MOITAS GANAS XA DE FACER ESTA RECOLLEITA!                                         
                                                                                                                                                                 
        

COMO VEDES ALGUNHAS TIÑAN UNHA FORMA UN POUCO RARA PERO ULÍAN...
ESPERO QUE A TODOS E TODAS VOS GUSTASE MOITO!

PERSONAXES EN LEDOÑO

APROVEITANDO A NOSA CONTORNA E OS TESOUROS QUE NELA ATOPAMOS, E DESPOIS DE INVESTIGAR E COÑECER UN POUCO O CORPO, FIXEMOS  UNS PERSONAXES MOI INTERESANTES.

QUEREDES COÑECELOS? POIS MIRADE O VÍDEO.

 

PODEDES ANIMARVOS A FACELOS! XA VEDES QUE SE PRECISA POUCO MATERIAL.

ÚLTIMA MISIÓN DE MARTIÑO E TESTA

RECIBIMOS UN NOVO VÍDEO DE MARTIÑO E TESTA ONDE NOS COMUNICABA QUE NUNHA SEMANA REMATABA A SÚA ESTANCIA NA ESTACIÓN ESPACIAL. 

FALOUNOS DAS ESTRELAS E DAS CONSTELACIÓNS E LÁNZOUNOS A ÚLTIMA MISIÓN: CREAR CONSTELACIÓNS. ASÍ QUE, NON ESPERAMOS TEMPO E PÚXEMONOS A CREAR: PEGAMOS ESTRELAS, UNÍMOLAS, PUXÉMOSLLE NOME E PICÁMOLAS. DESPOIS, NUN LUGAR OSCURO INTENTAMOS VER COMO QUEDARAN E FOI XENIAL!

GRAZAS A ISTO, CONSEGUIMOS A 7ª ESTRELA E COMPLETAMOS A CONSTELACIÓN DA MISIÑON DE MORRIÑA 21!