Páginas

DÍA DE ROSALÍA

O DÍA 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA E DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN PREPARARON UN VÍDEO PARA CONMEMORAR ESTE DÍA. CONTARON COAS VOCES DAS NENAS E NENOS DAS ESCOLAS PARA RECITAR A ROSALÍA.


 


BAIXO O LEMA: "NO DÍA DE ROSALÍA, UNHA FLOR E UNHA POESÍA", FIXEMOS UNHA POSTAL. PARA O INTERIOR DA MESMA ELABORAMOS UNS TULIPÁNS CON PAPEL E ESCOLLIMOS UNS VERSOS DA ESCRITORA, RECOLLIDOS NO LIBRO "PARECE UNHA ROSA" DA EDITORIAL ESPIRAL.
GUSTÓUNOS MOITO A POESÍA!




 

ENTROIDO EN LEDOÑO

COMEZAMOS A SEMANA DO ENTROIDO COS "MANDADOS" DO CRA: CALCETÍNS POR FÓRA, ALGO DO REVÉS, MOI COLOREADO E XOVES, UNLLAS PINTADAS!



PERO TAMÉN, DURANTE A SEMANA, PREPARAMOS UNHAS MÁSCARAS E UNS COLARES ESPECIAIS, PARA LUCIR BEN DIVERTIDOS O VENRES DE ENTROIDO.

O VENRES 12, TOCOU FESTEXAR! FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES E MESMO BAILAR!! A PROFE LORE PREPAROU A MÚSICA PARA A FESTA QUE PODEDES DISFRUTAR SE VISITADES O SEU BLOG.

PASÁMOLO MOI BEN!

AVENTUREIRA SABELA EN KENIA

SABELA CHEGOU A MOMBASA  E DENDE ALÍ ENVIOUNOS UN PAQUETE!
PERO TAMÉN UN AUDIO, UN CONTO E UNHA CANCIÓN.
DENTRO DO PAQUETE ENVIOUNOS UN PAU DE CHOIVA E ABALORIOS PARA FACER COLARES E BAILAR CON ELES A DANZA ZIMBOLÉ.
GUSTOUNOS MOITO!
DESPOIS DE ENVIARLLE O QUE NOS PEDIU, RECIBIMOS NOVAS DE SABELA: UNHA POSTAL E UN VIDEO NO QUE NOS CONTA QUE O NOSO TESOURO VIAXOU ATA A INDIA!!
SABELA COMEZOU A SÚA VIAXE RUMBO A ESTE PAÍS!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O XOVES 11 DE FEBREIRO, CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA A TRAVÉS DUNHA ACTIVIDADE CO ESCORNABOT.

DESCUBRIMOS 11 MULLERES QUE DESTACARON EN DIFERENTES ÁMBITOS CIENTÍFICOS: ASTRONOMÍA, MATEMÁTICAS, MEDICINA,...

SE PINCHADES NA SEGUINTE IMAXE, PODEREDES DESCUBRIR O XOGO NO TABOLEIRO INTERACTIVO QUE UTILIZAMOS NÓS.





 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O DIA 30 DE XANEIRO CONMEMÓRASE O DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

DENDE A BIBLIOTECA PROPÚXOSE CELEBRALO DURANTE TODA UNHA SEMANA CO LEMA: "5 MINUTOS EN 5 DÍAS" A TRAVÉS DUNHA AXENDA POLA PAZ.

DENDE A ESCOLA, ADICAMOS UN TEMPIÑO CADA DÍA ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS NA AXENDA. SE PINCHADES NAS IMAXES, PODEREDES VER O CONTO, AS CANCIÓNS E A CURTA.

AVENTUREIRA SABELA EN EXIPTO

SABELA CHEGOU A EXIPTO E ENVIOUNOS UN AUDIO ONDE NOS CONTABA A SÚA CHEGADA AO PAÍS.

PARA PODER GRAVAR O INTERIOR DAS PIRÁMIDES PARA NÓS, TIVEMOS QUE ESCRIBIR OS NOSOS NOMES EN XEROGLIFOS.

NO AUDIO TAMÉN NOS PROPUXO FACER UNHA PIRÁMIDE DE PLANTA CUADRANGULAR E PUXÉMONOS MANS Á OBRA!

MENTRES AGARDABA POLOS NOSOS NOMES, VISITOU O MUSEO DO CAIRO E COÑECEU UN CONTO E O BAILE DA MOMIA.

CANDO SABELA RECIBIU OS NOSOS NOMES CON XEROGLIFOS E PUIDO ENTRAR A GRAVAR AS PIRÁMIDES, ENVIOUNOS UN VÍDEO.

NESE VIDEO APARECÍA UN XEROGLIFO QUE DESCIFRAMOS E DI QUE O TESOURO ESTÉ EN MOMBASA, KENIA! 

ASÍ QUE SABELA, PÚXOSE EN MARCHA RUMBO A KENIA.

BOA VIAXE!

"EN XANEIRO, ABRÍGATE CON DÚAS CAPAS E UN SOMBREIRO"

ESTE MES DE XANEIRO VOLTAMOS Á ESCOLA DESPOIS DAS VACACIÓNS DE NADAL E PASARON MOITAS COUSAS:
TIVEMOS UNHA SORPRESA DE REIS, NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA, NOVO ESPAZO FEDELLO, A DESPEDIDA DE JOEL E UNHA MOREA DE VIVENCIAS E ACTIVIDADES NOVAS.

AVENTUREIRA SABELA EN TURQUÍA

ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL, SABELA VIAXOU ATA TURQUÍA, Á CIDADE DE ESTAMBUL. DENDE ALÍ MÁNDOUNOS UN AUDIO E UN PAQUETE.

Á VOLTA DAS VACACIÓNS, RECIBIMOS UNHA POSTAL DO PALACIO DO SULTÁN E UN AUDIO DA LENDA DAS MEDUSAS DA CISTERNA DE ESTAMBUL.

SABELA PASOU O NADAL CUN GRUPO DE REFUXIADAS E REFUXIADOS, E NAVEGOU ATA A ILLA SEDIR DENDE ONDE NOS ENVIOU UN VIDEO.

PERO ALÍ TAMPOUCO ATOPOU O TESOURO...

O SEU PRÓXIMO DESTINO É EXIPTO!