Páginas

MUNDO EN PAZ, MUNDO INTRANQUILO

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, ESTA SEMANA FIXEMOS VARIAS COUSAS.
DESPOIS DE COÑECER ALGÚNS SÍMBOLOS DA PAZ   ✌️ ☮️ 🕊 E FALAR SOBRE EXPRESIÓNS COMO ESTAR EN PAZ, DEIXAME EN PAZ, FACER AS PACES, REFLEXIONAMOS, E ELABORAMOS NA PANTALLA DIXITAL ENTRE TODOS, UN DEBUXO DE PERSOAS EN PAZ ——-  PERSOAS SEN PAZ. 


TIÑAN CLARO QUE AS PELEAS, OS INSULTOS, EMPURRÓNS, MENTIRAS, QUE NOS QUITEN AS COUSAS, ESTAR SÓS, DESPROTEXIDOS OU PERDIDOS AMEAZAN A NOSA PAZ.
E BUSCANDO OS CONTARIOS, QUE OS AMIGOS, A FAMILIA, AS APERTAS, OS BICOS, AS FELICITACIÓNS, COMPARTIR, AXUDAR, DAR AS GRACIAS,  NOS FAN SENTIR EN PAZ.

LOGO PENSANDO NO 🌍, TAMÉN IDENTIFICAMOS QUE OS PROBLEMAS QUE  LLE QUITAN A PAZ SON DOS QUE XA FALAMOS (EXCESO DE FABRICACION E CONSUMO DE PRODUCTOS, EXCESO DE RESIDUOS, CONTAMINACIÓN POR TÓXICOS DE INDUSTRIAS, AGOTAMENTO DE RECURSOS, DEFORESTACIÓN, SECAS, EXTINCIÓN DE ESPECIES, ETC).


E O QUE PRECISA É ECOSISTEMAS LIMPOS, CHEOS DE VIDA, E ACCIÓNS HUMANAS COMO AS DO NOSO DECÁLOGO. ASÍ QUE TAMÉN  O DEBUXAMOS E IMPRIMIMOS AS OBRAS.


PARA ILUSTRALO E TER REFERENCIA NA AULA ELABORAMOS UN MURAL NA ASEMBLEA SOBRE O PLANETA EN PAZ E PLANETA INTRANQUILO QUE SEGUIREMOS ENCHENDO ESTE CURSO.

E TAMÉN CREAMOS UNHA PAISAXE METAFÓRICA TIRANDO NO CONTENEDOR O QUE NON SERVE PARA A PAZ E SEMENTANDO NA TERRA O QUE QUEREMOS QUE MEDRE PARA OBTER FROITOS DE PAZ.




TIRAMOS OS BERROS E SEMENTAMOS BICOS
TIRAMOS O INSULTO E SEMENTAMOS RISA
TIRAMOS EMPURRÓN E SEMENTAMOS MASAXE


TIRAMOS PATADA E SEMENTAMOS APERTAS
TIRAMOS RUÍDO E SEMENTAMOS MÚSICA
TIRAMOS DOMINAR E SEMENTAMOS COMPARTIR

PATRULLA DO LIXO NO RECREO

TRAS MOITOS DÍAS OBSERVANDO LIXO NO TRAXECTO AO PARQUE E NOS ARREDORES DO MESMO, DECIDIMOS LEVAR O NOSO MALETÍN DE #COUSAS DE AQUÍ# E UNHAS PINZAS PARA COLLELO DO CHAN E LOGO TIRALO NA PAPELEIRA. 


ESTAMOS SENSIBLES CO TEMA DOS PLÁSTICOS E RESTOS DE RESIDUOS DE CORES QUE ATRAEN A VISTA DE ANIMAIS EN BUSCA DE COMIDA, E QUE PODEN IMPLICAR SERIOS RISCOS PARA ELES.


GUSTARÍANOS QUE A XENTE TODA USASE CORRECTAMENTE AS PAPELEIRAS. NON ENTENDEMOS POR QUÉ TIRAN COUSAS QUE NON PERTENCEN Á NATUREZA E QUE SUPOÑEN PERIGO PARA OS ANIMAIS E POR TANTO Á BIODIVERSIDADE. 


SOMOS OS HUMANOS OS QUE XERAMOS COUSAS QUE NON SE DEGRADAN NO CICLO DA NATUREZA. OS ANIMÁIS NON CONTAMINAN. NÓS SI.


SE CADRA TEMOS QUE POÑER CARTEIS IMPACTANTES PARA QUE PODAMOS GOZAR DUNHA CONTORNA NATURAL COMO A PROPIA PALABRA DEFINE.



IMOS SEGUIR COIDANDO DA CONTORNA PERO PREFERIRÍAMOS NON TER QUE USAR TEMPO DE RECREO A SOLUCIONAR UN PROBLEMA DO QUE SON RESPONSABLES OUTRAS PERSOAS.


QUÉ VOS PARECE O QUE ACUMULAMOS EN 15min .?  


NON PERMITAMOS QUE AS NOSAS MIRADAS SE ACOSTUMEN A ESES LIXOS.

🙏 🙏 🙏

ECOLOXISTAS, NATURALISTAS...

DESDE A PEPATECA CHEGOU HAI DÚAS SEMANAS UNHA TAREFA MOI INTERESANTE A RAÍZ DA LECTURA  DO LIBRO “Qué le pasa al Planeta?


ENTENDEMOS QUE NON É UN SE NON VARIOS, OS PROBLEMAS QUE LLE AFECTAN.
NESTAS FOLLAS ESTÁN ESCRITOS, VEDES?


EN LEDOÑO SEGUIMOS COMPROMETIDOS CO PLANETA 🌍 E TEMOS CLARO QUE POLA NOSA PARTE ESTAMOS DISPOSTOS A MELLORAR E APRENDER ACCIÓNS PARA AXUDALO.


COMO PATRULLA VERDE LEVAMOS A CABO ACCIÓNS MOI IMPORTANTES DO DECÁLOGO AMBIENTAL  COMO REDUCIR ENVOLTORIOS E ENVASES PLÁSTICOS DE UN SÓ USO, SEMENTAR E COIDAR PLANTAS, REUTILIZAR RESÍDUOS NA AULA, E LIMPAR O LIXO QUE ATOPAMOS NA NATUREZA PARA PROTEXER OS ANIMAIS.

SOMOS ENTÓN  ECOLOXISTAS ?

SEGUNDO A CANCIÓN QUE TEN ESE TÍTULO NO ÁLBUM NA FRAGA DO MEU AVÓ, DE MAMÁ CABRÁ, SI. TRAS DÚAS SEMANAS ESCOITANDO A CANCIÓN XA A SABEMOS 🎤 CANTAR E BAILAMOS 🎶 E ACOMPAÑAMOS CON INSTRUMENTOS O RITMO PEGADIZO. PINCHADE  👉🏻ECOLOXISTAS (Mamá Cabrá).  PARA ENTRAR NO NOSO SYMBALOO DE CANCIÓNS PRONATURA, QUE TAMÉN ATOPADES NA MARXE DEREITA DO BLOG, E A CANTAR!!

O RETO ERA REPRESENTAR ALGÚNS VERSOS DA CANCIÓN E ESTIVEMOS GRAVANDO E SACANDO FOTOS, COMO AUTÉNTICOS PRODUCTORES E ACTORES.


USAMOS O QUE TIÑAMOS NA AULA E CREAMOS O NECESARIO PARA AS IMAXES.


TIVEMOS QUE REPETIR ESCEAS PORQUE ASÍ SON OS PROCESOS: ENSAIO, PROBA, ERRO, CAMBIO, LOGRO, SATISFACCIÓN.


HOXE REMATAMOS E ESTAMOS DESEXANDO VER O VÍDEO FINAL CONXUNTO COAS APORTACIÓNS DO ALUMNADO DAS OUTRAS ESCOLAS.

CUARTA ECOMISIÓN

HOXE CONSEGUIMOS ACABAR A 4ª ECOMISIÓN E FACER AS NOSAS TARTARUGAS COMO PURA USANDO O ROBOT MIND

  

DESOIS  REMATAMOS REUTILIZANDO RESIDUOS DE ENVOLTORIOS DE PLÁSTICO DAS MERENDAS



E PEGÁMOLAS NUN PAU PARA TER A NOSA TARTARUGA TÍTERE

CO SEU COLORÍN CO SEU COLORIDO

ESTREAMOS ESTA SEMANA UN FERMOSO XOGO DE PEZAS: O ARCO DA VELLA WALDORF FEITO POR UN ARTESÁN DE OLEIROS NO SEU OBRADOIRO HABITANDO LAS FORMAS.

 

TEN MOITAS POSIBILIDADES DE XOGO MANIPULATIVO, SENSORIAL, SIMBÓLICO, LÓXICO, E ARTÍSTICO. ASÍ QUE DESFRUTAMOS MOITO CON EL.







NO PARQUE DE BOMBEIROS DA CORUÑA

O MARTES 21  FOMOS DE EXCURSIÓN Ó PARQUE DE BOMBEIROS


FIXEMOS PREGUNTAS E PROBAMOS OS CASCOS. SUBIMOS A UN CAMIÓN E VIMOS O XIMNASIO NO QUE ENTRENAN. LOGO ENCANTOUNOS USAR A MANGUEIRA CON TANTA POTENCIA







PODEDES VER O VÍDEO DA SAÍDA

COA MOTIVACIÓN AÍNDA NA PEL, NA AULA XOGAMOS  A  SER BOMBEIRAS E BOMBEIROS CUN TRAXE QUE AGORA ESTÁ NO RECUNCHO IMAXINARIO .




ELABORAMOS UNHA MANGUEIRA E SEGUIMOS CO PROXECTO DE CASCO E DE CAMIÓN EN PROCESO, PARA COMPLETAR O ATUENDO 



A VIDA ANIMAL DE LEDOÑO

DESDE QUE COMEZAMOS O CURSO COINCIDIMOS CON DIVERSOS ANIMAIS NO TEMPO DO PATIO . 

 AS ABELLAS NO PARQUE DE XOGOS  ERAN MOI HABITUAIS. 
AGORA NO INVERNO XA NON SE VEN APENAS.

OUTRO DÍA NUN PEQUENO TRONCO, A CARÓN DA CERDEIRA, TOPAMOS UNHA FAMILIA DE BECHOS BOLA QUE SE MOVÍAN RÁPIDO.
CAMÚFLANSE MOI BEN, SODES CAPACES DE VELOS NA FOTO?
MIRADE O VÍDEO 


NA HORTA, E ARREDORES DA ESCOLA, Ó ESCARVAR  NA TERRA VEMOS MIÑOCAS.  OUTRA VEZ TOPAMOLAS NO CHAN DO PARQUE. SEMPRE LONGAS E ROSADAS. PERO NAS SEMANAS RECENTES HOUBO UNHA INVASIÓN DUNS VERMES PEQUENOS QUE AINDA NON TEMOS CLARO SE SON DA FAMÍLIA MIÑOCA OU DOUTRA. 

  
QUE PENSADES?

 ÁS VECES NA AULA, AS PRIMEIRAS QUE MAIS NOS VISITABAN ERAN AS FORMIGAS 🐜 🐜 🐜. INCLUSO UNHA SEMANA TIÑAMOS UNHA PLAGA E DESCUBRIMOS QUE ERA POR UNS RESTOS DE NON LIMPAR BEN O MANTEL DA MERENDA  E SEGURAMENTE POLO AZUCRE DE CANDO FIXEMOS OS FLOCOS DE MILLO DOCE. 
SONCHE LARPEIRAS!

LOGO TIVEMOS UN CARACOL 🐌 NUNHA DAS VENTÁS , DURANTE VARIOS DÍAS, E NON SAÍA NUNCA DA CUNCHA. INCLUSO COA HERBA QUE LLE POÑÍAMOS NON SE INMUTABA.

COÑECEMOS TAMÉN AS CHINCHES VERDES E CHINCHES DA MALVA, ESTES ÚLTIMOS MOI PARECIDOS ÁS XOANIÑAS SE OS VEMOS DE LONXE, PERO CUN CORPO DIFERENTE


VISITOUNOS TAMÉN ALGUNHA QUE OUTRA 🕷 ARAÑA E TENTAMOS SEMPRE QUE SAÍSEN POLA VENTÁ. 

E POR ÚLTIMO EMPEZAMOS HAI UNHA SEMANA A PRESTAR ATENCIÓN AOS PAXAROS QUE REVOLOTEAN E CANTAN NA ESCOLA. GRAVAMOS VÍDEOS E COMPARAMOS O SON DA GRAVACIÓN CO SON BUSCADO EN YOUTUBE.



CON ISO, E XUNTO COA AXUDA DUN FABULOSO LIBRO DA NOSA PEPATECA, 

LOGRAMOS DAR COS NOMES DOS PAXAROS QUE VIVEN EN LEDOÑO:

PEGA
CORVO
MERLO
PARDAL




ASÍ QUE DE TODOS OS ANIMAIS, DECIDIMOS REPARTIR POR SORTEO UN ANIMAL A CADA 👧 👶  RECIBIRON  HOXE UNHA LUPA VERDE CO ANIMAL DO QUE DEBEN INVESTIGAR PARA LOGO CONTAR ÓS COMPIS E PROFE O QUE DESCUBRAN.