MARTIÑO E TESTA: XA TEMOS A 4ª ESTRELA!

A NOVA MISIÓN QUE NOS PROPOÑEN MARTIÑO E TESTA TEN QUE VER COA LÚA.
CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES DELA. PICADE PARA VER O VÍDEO.

PARA PODER REALIZAR ESTA MISIÓN, TIVEMOS NA AULA DIFERENTES LIBROS SOBRE O UNIVERSO E TAMÉN O MERGE CUBE.


AGORA QUEDABA EXPERIMENTAR FACENDO AS PEDRAS LUNARES. 
MIRADE QUE BEN O PASAMOS E COMO CONSEGUIMOS A 4ª ESTRELA!

A NOSA HORTA

A PIQUES DE COMEZAR A PRIMAVERA, ESTA SEMANA COMEZAMOS A PLANTAR NA NOSA HORTA.
TIVEMOS QUE ESPERAR ATA QUE O TEMPO NOS PERMITIU FACELO, PERO IGUALMENTE, ESTABAMOS EMOCIONADOS E ANSIOSOS.
O XOVES REPASAMOS A HORTA E PLANTAMOS CEBOLAS E ALLOS PORROS E O VENRES ADICÁMONOS A PLANTAR FRESAS E FRESÓNS.
MIRADE QUE BEN SAIU TODO!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 DE MARZO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

ESTE ANO TENDO EN CONTA O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO, NOROESTE CREACCIÓNS E UNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS DESTE SEGUNDO TRIMESTRE, INVESTIGAMOS SOBRE UNHA MULLER IMPORTANTE DO NOROESTE.

CHEGOUNOS UNHA MENSAXE PRESENTÁNDOSE E NÓS ELABORAMOS UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA COÑECELA MELLOR.

A MULLER QUE COÑECIMOS É AZUCENA MORA, UNHA CIENTÍFICA E PROFESORA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

PODEDES VER A PRESENTACIÓN E A ENTREVISTA QUE LLE FIXEMOS PICANDO NA IMAXE.

NON SÓ ATOPAREDES A AZUCENA, XUNTO CON ELA COÑECEREDES OUTRAS CATRO MULLERES QUE AS DEMAIS ESCOLAS ENTREVISTARON.


ENTROIDO EN LEDOÑO

DURANTE A SEMANA SEGUIMOS OS MANDADIÑOS DE ENTROIDO QUE NOS ENVIABA UN ASTRONAUTA DENDE O ESPAZO: ALGO NA CABEZA,  ALGO DIVERTIDO QUE FIXESE RUÍDO, A CARA PINTADA E POR ÚLTIMO, UNLLA S PINTADAS. 


O MARTES APROVEITANDO QUE TODAS E TODOS TROUXEMOS ALGO QUE FACÍA RUÍDO, IMPROVISAMOS UN PEQUENO DESFILE E DEMOS UN PASEO POLO POBO TOCANDO O NOSO "INSTRUMENTO". FOI MOI DIVERTIDO!


O VENRES 25 TOCOU FESTEXAR! ATOPAMOS UNHA NOTA NA AULA QUE NOS LEVOU A SEGUIR UNHAS PISTAS E ATOPAR UN XOGO: UN BINGO DE ENTROIDO! XOGAMOS UNHAS PARTIDAS ANTES DE DISFRAZARNOS DE ASTRONAUTAS.

CANDO XA ESTABAMOS TODAS E TODOS VESTIDOS CO NOSO TRAXE ESPACIAL, SAÍMOS Á PISTA XOGAR E MESMO DEMOS UN PASEO POLO POBO!

PASÁMOLO MOI BEN!!