Páginas

CHEGOU O NADAL

AÍNDA QUE ESTE ANO NON PUIDEMOS ESTAR FÍSICAMENTE CON TODAS AS ESCOLAS PARA FESTEXAR, FIXEMOS UN FESTIVAL DIXITAL.
DENDE LEDOÑO GRAVAMOS UN VIDEOCLIP COA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "DIN, DON, DAN" TOCANDO AS CAMPÁS QUE DECORAMOS.
AQUÍ O COMPARTIMOS E ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES COMA NÓS CANDO O FIXEMOS.


COA PROFE LORE, PARTICIPAMOS TAMÉN NUN VIDEOCLIP NAVIDEÑO QUE REALIZOU CON TODO O ALUMNADO DO CRA.
AS DEMAIS ESCOLAS GRAVARON CADA SÚA ACTUACIÓN PARA O FESTIVAL DIXITAL. SE QUEREDES VELAS, VISITADE OS SEUS BLOGS.

E CON ESTE DÍA, DAMOS POR REMATADO O PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO E COMEZAMOS AS VACACIÓNS DE NADAL.

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESTAS FESTAS E....



MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL

COMEZAMOS O MES DE DECEMBRO CUNHA SORPRESA!

UN CALENDARIO PARA CONTAR OS DÍAS QUE QUEDAN ATA NADAL DENDE QUE COMEZA O MES DE DECEMBRO.

O NOSO CALENDARIO TIÑA UNS BOLSILLIÑOS COS DÍAS DO 1 AO 24 DE DECEMBRO, E CADA DÍA DE ESCOLA, APARECÍA UNHA NOTA.

PASÁMOLO XENIAL DESCUBRINDO AS SORPRESAS QUE SE AGOCHABAN NELES.

NO VÍDEO VEREDES UN RESUMO DE TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS.

TAREFAS INTEGRADAS DA BIBLIOTECA

DURANTE ESTE TRIMESTRE, DENDE A BIBLIOTECA CHEGÁRONNOS 5 BOLSAS QUE CONTIÑAN UN LIBRO E UNHA TAREFA PARA REALIZAR RELACIONADA CO QUE NOS CONTABA ESE LIBRO.

A PRIMEIRA BOLSA QUE RECIBIMOS TRAÍA O CONTO DE "PACO PAPÁN" DE PARACRÚA, QUE CONTA A HISTORIA DO QUE FAI PACO DURANTE OS DÍAS DA SEMANA. A TAREFA QUE TIÑAMOS QUE FACER ERA ESCOLLER AO AZAR UN DÍA DA SEMANA E COMPOÑER UNHA PEQUENA RIMA CON ALGO QUE FACEMOS ESPECIAL ESE DÍA NA ESCOLA. A NÓS TOCOUNOS O VENRES E A RIMA QUE COMPUXEMOS FOI: 

"O VENRES EN LEDOÑO

      LEVAMOS O CONTO"      

       

A PROFE LORE ENCARGOUSE DE XUNTAR AS 5 RIMAS DE TODAS AS ESCOLAS E CREAMOS CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA DO CRA DE CULLEREDO. SE PREMEDES NA IMAXE DO CONTO, PODEREDES ESCOITAR A CANCIÓN.

                                           

NA SEGUNDA BOLSA, CHEGOUNOS UNHA PROPOSTA DE ARTE ACOMPAÑADA DO LIBRO DE PABLO DÍAZ, "COAS NOSAS MANS". A NOSA APORTACIÓN FORON UNS OURIZOS QUE PINTAMOS COAS NOSAS MANS.



A TERCEIRA BOLSA CONTIÑA O LIBRO "TODOS JUNTOS" DE BRITTA TECKENTRUP QUE FIXO QUE NOS DERAMOS CONTA QUE CADA UN DE NÓS É ÚNICO E ESPECIAL, PERO TODOS XUNTOS FORMAMOS UN BO EQUIPO.

A TAREFA PROPOSTA CON ESTE LIBRO ERA DE PENSAR 5 NORMAS PARA QUE A ESCOLA SEXA UN SITIO NO QUE ESTAR BEN E RESPETARNOS UNS AOS OUTROS. DESPOIS DE DECIDIR CALES PODIAMOS DICIR DENDE LEDOÑO, ESCRIBÍMOLAS PARA COMPARTIR COAS OUTRAS ESCOLAS.


CADA ESCOLA APORTOU 5 NORMAS COAS QUE SE ELABOROU O REGRAMENTO DO CRA. PODEDES VELAS TODAS AQUÍ.


A CUARTA BOLSA, FOI A RELACIONADA COAS TICS E TRAÍA O LIBRO "EL PRIMER DÍA DE COLE" DE SERGIO BLOCH, ONDE SE PROPOÑÍA COÑECER AS ESCOLAS QUE FORMAN O CRA. O NOSO VÍDEO ESTÁ COLGADO NO BLOG PERO SE PREMEDES NA IMAXE, PODEDES VELO DE NOVO.



E A ÚLTIMA BOLSA, A QUINTA, TRAÍA O CONTO "¡CONTEMOS 5 RANAS!" DE PATO MENA. FOI A ACTIVIDADE QUE FIXEMOS GRAZAS A AXUDA DE TODAS AS FAMILIAS ONDE NOS CONVERTEMOS EN DETECTIVES BUSCANDO O NÚMERO 5 NO NOSO ENTORNO.

O OUTONO EN LEDOÑO

REMATA O OUTONO E COMEZA O INVERNO.

NA NOSA ESCOLA APROVEITAMOS A CONTORNA E SAÍMOS MOITOS DÍAS ATA A CARBALLEIRA E ARREDORES, FACENDO ALGUNHA QUE OUTRA MERENDA AO AIRE LIBRE E MESMO BUSCANDO COUSAS DO OUTONO COMO FOLLAS, PAUS, CASTAÑAS, LANDRAS,... E ATOPAMOS ATA COGUMELOS!

DURANTE ESTE TEMPO FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES E ALGUNHA DELAS COS ELEMENTOS QUE RECOLLIMOS. ATA MONTAMOS UN MURAL!

QUEREDES VER TODO O QUE FIXEMOS? POIS AQUÍ TEDES UN VÍDEO RESUMO.

A NOSA ESCOLA

A TRAVÉS DO CONTO "EL PRIMER DÍA DE COLE" DE SERGIO BLOCH, DESCUBRIMOS O COLEXIO DUN NENO CHAMADO LEÓN.

UNHA DAS TAREFAS PROPOSTAS DENDE A BIBLIOTECA É COÑECER O CRA E AS AULAS QUE O FORMAN.

PARA QUE TODOS E TODAS COÑEZAN A ESCOLA DE LEDOÑO, FIXEMOS UN VÍDEO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


AVENTUREIRA SABELA EN ITALIA

SABELA CHEGOU A ITALIA!
DENDE ALÍ, ENVIOUNOS UN PAQUETE E UN AUDIO.
UNHA VEZ ESCOITADO O AUDIO, ABRIMOS O PAQUETE E VIMOS QUE TIÑAMOS TODO O QUE PRECISABAMOS PARA FACER A RECEITA DO CHEF VALENTINO.
ASÍ QUE, ENTRE TODOS E TODAS ELABORAMOS: "GIRELLE DI PANE CON CREMA DI NOCCIOLE E CIOCCOLATO"
SAÍRONNOS RIQUÍSIMOS!

PERO TAMÉN RECIBIMOS UNHA POSTAL DENDE ITALIA E UN VIDEO CON NOVIDADES INTERESANTES ONDE NOS CONTA CAL VAI SER O SEU NOVO DESTINO: TURQUÍA!
COMEZA A CONTA ATRÁS...

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

DESPOIS DA LECTURA DO CONTO "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO", QUIXEMOS COMPROBAR SI REALMENTE MESTURANDO A COR AZUL COA COR AMARELA, SE CONSEGUÍA A COR VERDE.

A MELLOR MANEIRA DE COMPROBALO, FOI USANDO PINTURA NAS NOSAS MANS.
NUNHA MAN BOTAMOS UN POUCO DE PINTURA AMARELA E NA OUTRA MAN, AZUL.
REPETIMOS O QUE DICÍA O CONTO E "ABRAZÁNDOSE PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO".... CONSEGUIMOS A COR VERDE!!


EXPERIMENTANDO

O MES PASADO, JOEL PROPUXO FACER UN EXPERIMENTO COAS NOSAS MANS UTILIZANDO DÚAS COUSAS QUE TRAÍA NA SÚA MOCHILA: AUGA E MAIZENA.

AO MESTURALAS CONSEGUIMOS UNHA MASA QUE SI A COLLÍAMOS COA MAN ESCORRÍASE ENTRE OS DEDOS E SI LLE DABAMOS GOLPES COS PUÑOS, ERA DURA; PODÍA SER COMA UN LÍQUIDO OU COMA UN SÓLIDO.

PASÁMOLO XENIAL CON ESTE EXPERIMENTO!


O ÚLTIMO VENRES DE NOVEMBRO, MENTRES ESTABAMOS NA ASAMBLEA, ATOPAMOS UNHA NOTA MISTERIOSA QUE POÑÍA: "PISTA Nº1".
DESPOIS DE LELA, SEGUIMOS BUSCANDO E ATOPAMOS ATA 3 PISTAS!

A ÚLTIMA PISTA, A NÚMERO 3, LEVOUNOS A ATOPAR 4 OBXECTOS QUE CASE TODOS E TODAS RECOÑECIMOS, PERO NON SABIAMOS MOI BEN QUE FACER CON ELES.

JOEL PROPUXO EXPERIMENTAR MESTURÁNDOOS A VER QUE PASABA.

SE VEDES O VÍDEO, PODEREDES DESCUBRIR O RESULTADO!



AVENTUREIRA SABELA

RECIBIMOS NA ESCOLA A VISITA DE CARPIÑO!

PARA AS NENAS E NENOS NOVOS, CONTARVOS QUE CARPIÑO É UNHA CARPA PEQUENA QUE AXUDAMOS O CURSO PASADO A SUPERAR AMEZAS QUE ATOPABA NO MAR ONDE VIVÍA, A TRAVÉS DUNHAS MISIÓNS.

ESTE CURSO, CARPIÑO PRESENTOUNOS A SABELA QUE PRECISA A NOSA AXUDA EN TERRA FIRME.


TODAS E TODOS QUEREMOS PRESTARLLE A NOSA AXUDA.      PARA ISO, ELA ENVIOUNOS Á ESCOLA UN MAPA DO MUNDO E UN CALENDARIO DA CONTA ATRÁS PARA OBSERVAR OS DÍAS DE NAVEGACIÓN DAS VIAXES QUE VAI FACER. 

A PRIMEIRA VIAXE LEVOU A SABELA ATA MARROCOS.



AGARDANDO POLAS NOVAS DE SABELA EN ITALIA

LAS ARAÑITAS DE LA RISA

APROVEITANDO O LIBRO "LAS ARAÑITAS DE LA RISA", DE LUISA VERA E MAR BENEGAS DA EDITORIAL COMBEL, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE COAS NOSAS MANS.

O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) DESTE CURSO: " 5, ESTÁ NA NOSA MAN" FAI REFERENCIA AOS DEDOS QUE FORMAN PARTE DA NOSA MAN E XUNTOS CONSEGUEN COUSAS.

NESTA ACTIVIDADE USAMOS OS DEDOS PARA CONSEGUIR UNHAS ARAÑIÑAS CHULÍSIMAS.

VENRES EN LEDOÑO

APROVEITANDO O BO TEMPO QUE FACÍA HOXE, SAÍMOS DE PASEO. VISITAMOS UNS ANIMAIS QUE TEMOS DE VECIÑOS E QUE ALGÚNS NENOS DA ESCOLA XA COÑECÍAN.

TAMÉN FIXEMOS ALGUNHA ACTIVIDADE MÁIS NO EXTERIOR, COMO A LECTURA DO CONTO E DEBUXAR NA PISTA UN MAPA DE TESOUROS CON TIZAS DE CORES. 

QUE BEN O PASAMOS!

SAMAÍN

O PASADO VENRES 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NA ESCOLA O SAMAÍN.

DURANTE A SEMANA ESTIVEMOS DECORANDO CABAZAS E PINTANDO UNS MONSTROS BAILARÍNS.


COMO ESTE ANO AS FAMILIAS NON PODEN ENTRAR NA ESCOLA, PREPARAMOS UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA PARA QUE COÑECERAN O QUE AS NENAS E NENOS FIXERON PARA O SAMAÍN, BAILAMOS E XOGAMOS.

AH! TAMÉN RECIBIMOS UN VÍDEO MOI MISTERIOSO ONDE SE PODÍA VER QUE ALGUÉN ENTROU NA ESCOLA DE NOITE E DEIXABA ALGO ESCONDIDO. RECOÑECIMOS O LUGAR E ALÁ FOMOS A VER QUE NOS ATOPAMOS.

ERA UNHA BOLSA CON DOUS LIBROS DE SAMAÍN E MÁSCARAS HIXIÉNICAS PARA CADA NENA E NENO. UN AGASALLO! QUEN DIXO QUE ESTA FESTA DABA MEDO?


COMEZAMOS

Ola a todas e todos!

Comezamos a escola despois de moito tempo sen poder vir.

O principio deste curso 2020-2021 estivo marcado pola adaptación das novas normas e protocolos por mor da Covid-19. Pero todas e todos, vimos con ilusión e moitas ganas de estar xuntos.

A primeira entrada no blog, ten que ver con todo este tempo no que estivemos coñecéndonos, compartindo experiencias, vivencias,...

Velaí tedes unha pequena mostra de varios momentos e cousiñas que vivimos e fixemos neste primeiro tempo na nosa escola.



ADEUS LEDOÑO

E AGORA SÍ TOCA DEIXAR A ESCOLA LISTA PARA OUTRO COMEZO EN SETEMBRO CON CARAS NOVAS. E CLAUSURAMOS O CURSO CUN ACTO FERMOSO E CUNHA MENSAXE UNIVERSAL QUE GRAZAS Á IMPRESORA 3D OS NENOS E NENAS DE LEDOÑO PEGARON NA HORTA.




XA VOS DIXEN A ALUMNADO E FAMILIAS O AGRADECIDA QUE MARCHO POLO TEMPO LEDO QUE PASEI EN LEDOÑO, PERO CON PINGAS DE MÁGOA POR NON SEGUIR AO VOSO CARÓN RESPIRANDO XUNTOS CADA DÍA E SEN OUVIR AS VOSAS VOCES. BOTAREIVOS MOITO DE MENOS E AGARDO USAR A CORRESPONDENCIA ESCOLAR E PODER SABER DE VOS DE CANDO EN VEZ. EU DAREIVOS SINAIS, ASÍ QUE ESTADE ATENTOS E COIDADEVOS ENTRE TODOS E A NOSA HORTIÑA TAMÉN.

QUÉROVOS





FIN DE CURSO 2019 2020

XA CHEGOU O FIN DO CURSO DO QUE NOS COMERON UN TRIMESTRE DUN BOCADO. APRENDEMOS TODOS DESTA SITUACIÓN E DESDE A DISTANCIA SEMPRE ESTIVEN CO VÍNCULO MOI FORTE COS MEUS ALUMNOS E COMPIS, E A ENERXÍA PARA A ESCOLA NUNCA ME FALLOU.

TOCA HOXE UN VÍDEO DE DESPEDIDA CONXUNTA CON DECLARACIÓNS DE TODO TIPO QUE EMANAN PURO AMOR DA COMUNIDADE DESTE CRA. 

DESFRUTADEO




PODEDES TAMÉN LER A NOSA REVISTA ESCOLAR QUE XA ESTÁ DISPOÑIBLE CON ALGÚNS DOS MOMENTOS E VIVENCIAS MÁIS SALIENTABLES DESTE CURSO.




RECOLLEITA FINAL

ESTE XOVES 11 CUMPRÍRONSE 3 MESES DA ÚLTIMA PLANTACIÓN E DECIDÍN ENVIARLLE ÁS FAMILIAS UNHA BOLSA CON ALGÚNS PRODUTOS DA HORTA. COMO AS REMOLACHAS XA ESTABAN LISTAS ANIMÁMONOS A VER CÓMO ESTABAN AS CENOURAS🥕 E CEBOLAS🧅. EN REALIDADE CONSTATAMOS QUE AINDA PODÍAN MEDRAR ALGO MÁIS, PERO COMO AGORA NON PODEMOS IR Á ESCOLA E RECOLLER CADA COUSA A SEU TEMPO, FOI ALGO ASÍ.



AS 3 SON RAÍCES CON MOITAS VITAMINAS E OS OLORES NO MOMENTO DE ARRINCALAS FORON TAN INTENSOS, QUE ERA UN GUSTAZO. EN CANTO A FOLLAS TEMOS A HERBABOA E O PEREXIL QUE TAMÉN LEVARON AS FAMILIAS. O PEREXIL É UN CLÁSICO DA COICÑA PERO A HERBABOA É ADEMAIS DUNHA DELICIA PARA O OLFATO, UNHA SORPRESA EN MOITAS PREPARACIÓNS.



AGORA SÓ QUEDA USAR ESTAS HORTALIZAS E HERBAS FRESCAS NALGÚN PRATO. AQUÍ VOS DEIXO UNHAS RECEITAS PARA QUE PROBEDES. SON IDEAIS PARA O VERÁN 

 QUE TAL USAR A CEBOLA E A REMOLACHA NESTA CREMA ?


QUE TAL USAR A CENOURA NESTE BISCOITO?



QUE TAL USAR A HERBABOA NESTE XEADO?


EN CANTO AS ACELGAS, AINDA NON LLAS DEI PORQUE VAN SEGUIR MEDRANDO,  PERO EU XA COLLIN ALGUNHA E MIRADE QUE BEN QUEDARON NUNHA DAS MIÑAS CEAS.

DE FLORES, 🌼APAÑEI A MANZANILLA PARA MIN, QUE NON DABA PARA TODOS, PORQUE EU A TOMO CASE A DIARIO EN INFUSIÓN. 


E EN CANTO A FROITOS TEMOS ALGÚNS AMORODOS 🍓QUE ALGÚN NENO CATOU E OUTROS QUE SEGUIRÁN SAINDO E ENGORDANDO CO ☀️ CANDO REGRESE.

DESPEDIDA DE CARPIÑO

CARPIÑO ESTÁ MOI CONTENTO DE QUE O AXUDARADES ESTE CURSO A CUMPLIR TODAS AS ECOMISIÓNS E ESTÁ SEGURO DE QUE IDES SEGUIR CONTAXIANDO Á XENTE CON BOS HÁBITOS PARA O PLANETA. PINCHADE NA IMAXE PARA VER O QUE VOS DEIXOU DE AGASALLO:

ÚLTIMA PROPOSTA INTERCRA

CHEGAMOS A ESTA SEMANA CUNHA ÚLTIMA PROPOSTA PARA VÓS . 

 
ACHÉGASE O FIN DE CURSO, AÍNDA QUE ESTE ANO SERÁ DIFERENTE, NON PODEREMOS REUNIRNOS PARA DESPEDIRNOS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE NON VEREMOS ATA SETEMBRO, E ESPECIALMENTE, DE AQUELES QUE PASAN Á PRIMARIA E QUE NO CURSO QUE VEN XA NON ESTARÁN NA ESCOLA.

PERO PODEMOS FACELO DESDE A DISTANCIA CUN SAÚDO, UN XESTO, BAILANDO OU ADICANDO UNHAS PALABRAS. 



POR ISO, ESTA ÚLTIMA PROPOSTA, É GRAVAR UN PEQUENO VÍDEO ADICADO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. POR FAVOR GRAVÁDEO EN HORIZONTAL E QUE A SÚA DURACIÓN NON SUPERE OS 20 SEGUNDOS. 

TEDES DE PRAZO PARA ENVIALO AO CORREO ELECTRÓNICO DA ESCOLA ATA O 
MARTES 16 DE XUÑO.

PARABÉNS PARA ÁFRICA

DESDE A DISTANCIA QUEREMOS FELICITAR A NOSA COMPI ÁFRICA. XA QUE NON PODEMOS CANTALO XUNTOS, AQUÍ VAI O PARABÉNS PARA TI.




DERRADEIRA ECOMISIÓN

XA CHEGOU A DERRADEIRA DAS DOCE ECOMISIÓNS DE CARPIÑO! QUE NOS CONTARÁ? DESPOIS DE TANTOS AMIGOS E ECOPODERES...
 

MEDIO AMBIENTE: O PODER DAS HORTAS

ESTA SEMANA PUIDEN IR Á ESCOLA E RETOMAR OS COIDADOS DA HORTA QUE SEGUIU MOI VERDE E VIVA GRAZAS Á FAMILIA DE DANI QUE A REGA TODOS OS DÍAS.  EU ESTIVEN A DESMESTAR ACELGAS, ABONAR CON COMPOST, QUITAR HERBAS E RECOLLER ALGO. COMO SEI QUE GOSTADES DE ADMIRAR O QUE NELA SUCEDE E O AO SEU ARREDOR, MIRADE O VÍDEO QUE VOS AMOSA E CONTA TODO:


7 PROPOSTA INTERCRA: AREA MÁXICA

XA ESTAMOS EN XUÑO E INICIAMOS ESTE MES CUNHA PROPOSTA QUE NOS FAI A PROFE GUADA DESDE VINSEIRA.

AS NOSAS MANS NON PARAN DE CREAR! IMOS ALÁ!


PRIMEIRO TEATRIÑO DE SOMBRAS

TRAS FEDELLAR ESTA SEMANA E APROVEITANDO A PROPOSTA DA PROFE SILVIA DE A CHOEIRA, ELABOREI O MEU PEQUENO TEATRO CUNHA CAIXA DE MADEIRA NA QUE VIÑAN OS AMORODOS QUE MERQUEI HAI UN TEMPO. ASÍ DE FÁCIL E RÁPIDO REUTILICEINA E CONVERTINA NUNHA PANTALLA PARA PROXECTAR SOMBRAS CON OBXECTOS, MANS E TÍTERES . 


SÓ PRECISEI PAPEL VEXETAL E PEGAMENTO. LOGO TEDES QUE BUSCAR UN FOCO DE LUZ. EU USEI A LANTERNA DO MOBIL.




SEGUIREI MELLORANDO CON ALGÚN DECORADO E CREANDO NOVOS TÍTERES. E SE ATOPO UNHA CAIXA MÁIS GRANDE CONSTRUIREI OUTRO PARA PODER METER MAIS PERSONAXES .



ESPERO QUE VOS ANIMEDES PORQUE É UN MOMENTO MOI MÁXICO PARA EXPLORAR E INVENTAR HISTORIAS.


ONCEAVA ECOMISIÓN


XA TEMOS A PENÚLTIMA ECOMISIÓN DE CARPIÑO. QUEREDES SABER QUEN É A NOVA AMIGA?  PINCHADE PARA SABER MÁIS. 

6 PROPOSTA INTERCRA: A VOLTAS COAS 3 R

SEGUIMOS A INDAGAR IDEAS PARA REUTILIZAR, E ASÍ MENOS COMPRAR E MENOS RESIDUOS XERAR.

MIRADE  NO BLOG DA PROFE SILVIA E TODOS A CREAR



TEATRO DE SOMBRAS

UNHA ACTIVIDADE QUE TIÑA PENSADO FACER ESTE TRIMESTRE NA ESCOLA ERA CONSTRUIR UN TEATRO DE SOMBRAS PARA LOGO CREAR AS NOSAS PERSONAXES EN TÍTERES OU USAR AS SOMBRAS DAS NOSAS PROPIAS MANS E OBXECTOS PARA XOGAR A DESCUBRIR FIGURAS E FACER HISTORIAS DIVERTIDAS ENTRE TODOS.

ESTA SEMANA ESTÁ A PIQUES DE REMATAR, PERO NON ME ESQUEZO DO CONTO SEMANAL, ASÍ QUE DEIXOVOS UN QUE SEGURO ALGÚN DE VÓS XA COÑECEDES, PERO NARRADO PRECISAMENTE CON TEATRO DE SOMBRAS. XA ME DIREDES SE VOS GUSTA.


E SE QUEREDES EMPEZAR A INVESTIGAR  ESTA FINDE CÓMO FACER O VOSO TEATRO, TÍTERES, E FORMAS DE ANIMAIS COAS MANS, ENTRADE NOS LINKS QUE VOS DEIXO AQUÍ. EU VOU FACER O MEU!








5 PROPOSTA INTERCRA: Tarefas Integradas III

ESTA SEMANA A NOSA PROPOSTA XIRA ARREDOR DE 3 LIBROS E AS SÚAS TAREFAS INEGRADAS PREVISTAS PARA ESTE TERCEIRO TRIMESTRE. PINCHADE PARA VER DE QUÉ SE TRATA! 


MEDRE A NOSA FALA

E HOXE SÍ. 17 DE MAIO, CELEBRAMOS A FESTA DO NOSO IDIOMA CHEO DE PALABRAS FERMOSAS QUE NOS FAN SENTIR CÓXEGAS E SOÑAR A TODAS HORAS.

O NOSO ALUMNADO TEN ALGO QUE AMOSARVOS. ASI QUE ENTRADE NA LIGAZÓN QUE VOS LEVA Ó VÍDEO.


UN MAIO ESPECIAL

PARA CLAUSURAR ESTA SEMANA DE LETRAS GALEGAS E SABENDO QUE ESTE ANO NOS FALTA A ROMARÍA TAN ESPERADA COAS FAMILIAS CADA MES DE MAIO, OS MESTRES DO CRA DECIDIMOS ADICARVOS UNHAS COPLAS, CANTARVOS UN MAIO. 


SEGURO QUE XA ESCOITASTES ALGÚNS MAIOS QUE EMPEZARON A SER CANTADOS NA PRIMEIRA FINDE DE MAIO, PERO O NOSO ESTABA GARDADIÑO PARA ESTE VENRES 15, DÍA DAS FAMILIAS. 

DESFRUTADE DO VÍDEO 💜💚💙💛


AS PITAS BAIXO A CHOIVA

SEGUINDO COS CONTIÑOS SEMANAIS DE PROTAGONISTAS ANIMAIS E CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS, TRAS A GALIÑA MEDOÑENTA...CHEGAN...

AS PITAS BAIXO A CHOIVA
PINCHADE NA IMAXE PARA IR Ó CONTO DISPOÑIBLE GRAZAS A EDICIÓNS EMBORA E VER OUTRAS ACTIVIDADES DA Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. 


AQUÍ TEDES TAMÉN O CONTO NARRADO POR PROFES DO CEIP RAQUEL CAAMACHO DA CORUÑA.


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

UN ANO MÁIS ACHÉGASE O 17 DE MAIO, E SEGUIMOS A HOMENAXEAR AUTORES DE GALICIA QUE ESTUDARON, INVESTIGARON, ENSINARON, E ESCREBERON FANTÁSTICAS HISTORIAS E POEMAS PARA DELEITARNOS. 

ESTE É O ANO DUN HOME, NADO EN FERROL, QUE AMABA A NOSA LINGUA E A NOSA TERRA. PARA SABER MÁIS DEL E XOGAR UN POUCO ESTA SEMANA, PINCHADE NA IMAXE DA AVIONETA.


CREACIÓNS REUTILIZANDO PAPEL


DESPOIS DUNHA SEMANA DE MOITO TRABALLO POR FIN PODEMOS VER AS FERMOSAS CREACIÓNS DO ALUMNADO DO CRA COA AXUDA DAS FAMILIAS, REUTILIZANDO PAPEL . OS MESTRES TAMÉN IDEARON AS SÚAS OBRAS. 

MIRADE QUE COUSIÑAS XEITOSAS FIXEMOS:


MIL GRAZAS A TODOS OS QUE VOS ANIMASTES!

CARPIÑO, TI ES O NOSO AMIGO

QUEREDES ESCOITAR O ÉXITO MUSICAL DE CARPIÑO CANTADO POLO ALUMNADO DO CRA E AS SÚAS FAMILIAS?

POIS AQUÍ ESTÁ PARA OÍR E MIRAR:



3ª PROPOSTA INTERCRA : CO PAPEL NAS MANS


ESTA SEMANA A TERCEIRA PROPOSTA INTERCRA É CREAR REUTILIZANDO PAPEL


1. ELABORACIÓN DE PASTA DE PAPEL 


A PASTA DE PAPEL SERVE TANTO PARA FACER LÁMINAS DE PAPEL RECICLADO COMO PARA FACER PAPEL  MACHÉ. 

PINCHADE NAS 3 IMAXES DE PAPEL RECICLADO PARA IR ÓS 3 TITORIAIS QUE FORON OS QUE A MÍ ME SERVIRON. 





E AQUÍ TEDES O VÍDEO COA MIÑA EXPERIENCIA CO PAPEL RECICLADO. 



EN CANTO Ó PAPEL MACHÉ NON PUIDEN PROBALO PORQUE PRECISO COLA, PERO SEGUIDE PINCHANDO NA IMAXE ESTA LIGAZÓN CON RECEITA E IDEAS, QUE EU EN CANTO POIDA, VOU PROBAR.



2. ENROLADO E PREGADO DE PAPEL

SIMPLEMENTE CORTANDO TIRAS DE DIFERENTES LONXITUDES E ANCHURAS E COMBINANDO A FORMA DE ENROLAR OU PREGAR, PODEDES CREAR PEZAS COAS QUE LOGO CONSTRUIR MOITAS COUSAS, ADORNOS DECORATIVOS, ABALORIOS, E INCLUSO TECER CON ELES. MIRADE NO VÍDEO A MIÑA EXPERIENCIA.




PARA SEGUIR EXPLORANDO ESTAS TÉCNICAS E OUTROS USOS DO PAPEL, PINCHADE NA IMAXE. QUE O DESFRUTEDES.

 


PODEDES ENVIAR AS VOSAS FOTOS OU VÍDEOS (FORMATO HORIZONTAL) ATA O DOMINGO 10 DE MAIO

MOITAS GRAZAS

ADIVIÑA QUEN...

AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO DUNHA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS A COMEZOS DE MARZO DENTRO DA RECOPLIACIÓN DE XOGOS ORAIS EN GALEGO PROPOSTA POLO EDLG, PARA COMPARTIR COS COMPIS DO CRA.


TAMÉN PODEDES VER O DOS PEQUES DE VINSEIRA PINCHANDO NA IMAXE.


http://escoladevinseira.blogspot.com/2020/03/xogos-de-patio-edlg.html


2ªPROPOSTA INTERCRA: IOGA SEN PARAR

AQUÍ CHEGA A SEGUNDA PROPOSTA INTERCRA PARA TODOS!

PINCHADE PARA VER A EXPLICACIÓN NO BLOG DA PROFE RAQUEL DA ESCOLA DA  CHOEIRA.

.

A GALIÑA MEDOÑENTA

CANTOS ANIMAIS QUE CONTAN NOS CONTOS 
CANTOS CONTOS CON ANIMAIS QUE CONTAN

TRAS O PEIZOQUE ROQUE, O CORVO MARCELINO, A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, E FREDERICK O RATO POETA, CHEGA OUTRA PERSONAXE DE CONTO ANIMAL...



BOA FINDE 

23 ABRIL, MOITOS LIBROS PARA TI

XA TEDES NO BLOGUE DE PEPATECA  OS VÍDEOS DOS RESULTADOS DOS OBRADOIROS ORGANIZADOS POLO PROFE IVÁN. QUEDARON MOI CHULOS . PINCHADE NA IMAXE



FELICES LECTURAS