Páginas

SAMAÍN EN LEDOÑO

O MARTES VISITAMOS AS CASAS DUNHAS VECIÑAS DE LEDOÑO QUE NOS INVITARON A VER OS SEUS XARDÍNS DECORADOS PARA A NOITE DO SAMAÍN.


HABÍA ESQUELETES E OUTRAS PERSONAXES QUE SAÍAN DAS TUMBAS ADEMAIS DE BRUXAS QUE FACÍAN SOPAS COS OSOS E RÍAN DE FORMA ESTRIDENTE.

TAMÉN VIMOS ARAÑAS XIGANTES QUE DEBERON ENCHER A BARRIGA COMENDO VERMES.

LOGO SACAMOS UNHAS FOTOS NO PHOTOCALL E AGASALLÁRONOS CUNHAS CHUCHES

MOITAS GRAZAS A BEA E SANDRA!

MARABILLAS DO OUTONO

SEGUIMOS A FEDELLAR CON MATERIAIS DA NATUREZA. DESDE O XOVES 24  ALGUNHAS FAMILIAS TROUXERON CABAZAS E CABACIÑOS DA HORTA E O AVÓ DE ANTÓN ANIMOUSE A TRANSFORMAR UNHA. TAMÉN TROUXO MAZORCAS DE MILLO.



DIVERTÍMONOS MOITO COLLÉNDOAS, TOCÁNDOAS, ABRÍNDOAS, ULÍNDOAS, ETC.   COMPARAMOS OS TAMAÑOS E AS CORES.



 
AS MAZORCAS SERVIRON DE MICRÓFONOS E DE COHETES.

LOGO QUITAMOS AS FOLLAS E DEBULLAMOS OS GRANS.


O VENRES FALAMOS DE PARA QUÉ SERVÍA O MILLO E EXPERIMENTAMOS A COCELOS COA AXUDA DO ROBOT DE COCIÑA. 






FOI GUAI VER O FUME DO VAPOR MENTRES MERENDÁBAMOS E Á VOLTA DO RECREO PUIDEMOS DEGUSTAR OS GRANS. GUSTARON MOITO. SEGUIREMOS PROBANDO OUTROS XEITOS A VER SE CONSEGUIMOS PALOMITAS E FACER FARIÑA.


COAS FOLLAS FIXEMOS UNHA DIADEMA BEN CHULI, PUXÉMOSLLE PELO A UNHA DAS CABAZAS E SEGUIREMOS CREANDO COAS SÚAS IDEAS DE FACER COLARES E PULSEIRAS.



 AQUÍ ESTÁN AS NOSAS 3 CABAZAS ANIMADAS 100% ORIXINAIS E PREPARADAS PARA A NOITE DO 31.


CARTILLA DE ECOMISIÓNS

A PATRULLA VERDE DE LEDOÑO FACEMOS MOITAS COUSAS POLO MEDIO  AMBIENTE E COMO PEPA O SABE ELIXIUNOS PARA AXUDAR A CARPIÑO, POÑÉNDONOS A PROBA A SEMANA PASADA.


 POR DEMOSTRAR AS NOSAS HABILIDADES  HOXE RECIBIMOS A NOSA CREDENCIAL  
  


TEMOS 12 ECOMISIÓNS PARA RESOLVER ESTE CURSO

E PARA ISO ADEMAIS DO NOSO ECOPODER CONTAREMOS COA AXUDA DE AMIGOS DE CARPIÑO 



 XUNTOS DERRUBAREMOS AS ECOAMEAZAS!


NATURITECTOS



SEGUIMOS COLLENDO TESOUROS QUE ATOPAMOS NO CHAN CADA VEZ QUE SAÍMOS Ó PATIO. ENCHEMOS O NOSO MALETIN DE COUSIÑAS DE AQUÍ, CON LANDRAS PARA REMATAR O MANDALA QUE COMEZAMOS A FACER COMO TAREFA INTEGRADA QUE COMBINA  LÓXICA E ARTE .  


PRIMEIRO VIMOS EN INTERNET VARIAS IMAXES DE LAND ART OUTONAL E MANDALAS CON ELEMENTOS  NATURAIS. LOGO FIXEMOS OS NOSOS BOCETOS E AS TAREFAS NECESARIAS: TRITURAR FOLLIÑAS, PARTIR A CORTIZA, CORTAR OS PAUS E RAMIÑAS PARA IGUALAR OS TAMAÑOS, DESPEDAZAR AS PIÑAS,ETC.

     ENTRE TODOS FOMOS DANDO FORMA   Ó MANDALA QUE FOMOS ENCHENDO     COA COLA ATA REMATAR.



 OUTRO DÍA ATOPAMOS DE SORPRESA,  NA ZONA DO AREEIRO, BAIXO AS ÁRBORES, TROZOS DE CORTIZA CON MUSGO DE CORES  VERDES MOI INTENSAS E VARIADAS. TAMÉN NACERON MOITAS SETAS PERO NON AS COLLEMOS PORQUE ALGUNHAS PODEN SER TÓXICAS.


CON TODO O MATERIAL DO NOSO MUSEO NATURAL ADEMAIS DO MANDALA CADA UN FIXO UN CADRO PROPIO. GUSTANVOS?


TAMÉN FIXEMOS UNS CARACOIS-BUGALLO MOI DIVERTIDOS.  



 E ACABAMOS OS ATRAPASOÑOS QUE XA COLGAMOS DO TEITO. MOLA VER COMO SE MOVEN AS FOLLIÑAS E FROITOS QUE LLES COLGAMOS. SOBRE TODO CANDO FACEMOS A RELAXACIÓN NA ASEMBLEA, Ó ABRIR OS OLLOS DESPOIS DA MASAXE DA PLUMA.

ATENCIÓN: CARPIÑO ESTÁ EN PERIGO!!!

HOXE IVÁN CONTOUNOS QUE RECIBIMOS UN EMAIL URXENTE NA DIRECCIÓN DA PEPATECA QUE NOS MANDABA PINCHAR UN ENLACE PARA VISIONAR ATENTAMENTE UNHA MENSAXE DO CACO DE PEPA
 ESCOITAMOS QUE NOS PEDÍA AXUDA PARA UNHA MISIÓN IMPORTANTE E PARA DESCUBRILA TIVEMOS QUE ATOPAR AS PISTAS QUE NOS DEIXOU POLA AULA.

 HABÍA MENSAXES OCULTAS E TAMÉN PALABRAS CRUZADAS PARA PODER IR RESOLVENDO. INCLUSO PISTAS NAS ÁRBORES DO PATIO. COLABORANDO EN EQUIPO CONSEGUIMOS DESCIFRALAS.



  FINALMENTE CHEGAMOS A ATOPAR O CÓDIGO QR QUE NOS AMOSOU UN VÍDEO DE CARPIÑO. QUEREDES ESCOITAR A HISTORIA? PINCHADE AQUÍ: CARPIÑO



UN PASEO POLOS RECUNCHOS: ARTISTAS EN ACCIÓN


AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS DAS COUSAS QUE NOS GUSTA FACER NO RECUNCHO ARTÍSTICO 





















ADEMAIS DE ALGÚN EXPERIMENTO QUE FIXEMOS COS ROTULADORES QUE ESTABAN XA MOI SECOS E CASE NON PINTABAN NO PAPEL.PROBANDO A METELOS EN AUGA CONSEGUIMOS SACARLLES ATA A ÚLTIMA PINGA DE COR . AGORA PENSAMOS O QUE PODEMOS FACER CON ESA AUGA..ALGO ESTAMOS TRAMANDO.
PROBAMOS TAMÉN TREBELLOS NOVOS COMO OS SPRAY DIFUSORES E CONTAGOTAS PARA USAR CON PINTURA E AUGA E SAÍRON COUSAS CURIOSAS. USAMOS ALGO QUE ATOPAMOS NO PATIO TAMÉN, ADIVIÑADES O QUÉ? QUE SILUETA CONSEGUIDES VER?


 E POR ÚLTIMO CONSTRUIMOS UN SOPORTE PARA FACER OBRAS CON PINCEL COMO OS ARTISTAS, UN CABALLETE ARTESANAL E RECICLADO. GÚSTAVOS?



UN PASEO POLOS RECUNCHOS:MUSEO NATURAL

  
NO RECUNCHO DOS EXPLORADOES ADEMAIS DE OBSERVAR OS BICHIÑOS VISITANTES QUE ENTRAN NA AULA,  LEVAMOS UN TEMPO COLLENDO COUSAS DO PATIO POLO INTERESE QUE CAUSARON AS FOLLAS, OS PAUS , RAMIÑAS, BUGALLOS E LANDRAS NAS SAÍDAS NO PATIO.



XA TIÑAMOS UNHA BANDEXA E UNHAS CAIXAS PARA IR GARDANDO E AGORA PEPA ENVIOUNOS UN LIBRO MOI CHULO QUE CONTA A HISTORIA DE TRONQUITO E INVÍTANOS A FACER UN MUSEO NATURAL.
ASÍ QUE SEGUIMOS BUSCANDO TESOUROS QUE ESTÁN MOI PRETO SE ABRIMOS OS OLLOS CON ATENCIÓN DE AUTÉNTICOS EXPLORADORES.

ESTA SEMANA DESCUBRIMOS CORTIZA BAIXO UNHA ARBORE DO PARQUE,  UNHAS BOLAS DAS ARBORES DO AREEIRO QUE Ó ESMAGAR TEÑEN DENTRO ALGO SUAVE COMO A PELUSA , E OS OURIZOS DOS CASTIÑEIROS CUNHAS RAMIÑAS BEN CURIOSAS . ESTAMOS CLASIFICANDO NA CAIXA EXTRA QUE NOS PRESTOU PEPA PARA CREAR UN MUSEO NATURAL, TAL COMO APARECE NO LIBRO "EL MUSEO DE TRONQUITO", QUE INSPIRA A PRIMEIRA TAREFA INTEGRADA DESTE CURSO.  VER:  TAREFAS INTEGRADAS I


    















ADEMAIS ESTIVEMOS FACENDO SERIES, FORMAS E FIGURAS, XOGANDO A ESCONDER NA MAN E ADIVIÑAR, PASAR EN RODA, E CREANDO A PARTIR DA COMBINACIÓN CON OUTROS MATERIAIS DA AULA.








PARABÉNS PARA AARÓN

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE AARÓN QUE CUMPRIU OS 3 ANOS !! 

CANTÁMOSLLE MOITO PARA SOPRAR AS VELAS FORTE





DEGUSTAMOS O BISCOITO QUE NOS TROUXO QUE ESTABA RIQUÍIIIIIIISIMO 



ADEMAIS EN PARELLAS COOPERATIVAS FIXEMOS UNHAS TARTAS DE PLASTI PARA SABER QUEN TEN 3 ANOS , 4 ANOS E 5 ANOS . ASÍ PERSONALIZAMOS UNHA PINZA COA NOSA FOTO E DATA DE NACEMENTO QUE CADA UN PON NA TARTA CORRESPONDENTE