Páginas

VOLTA AO COLE

O INICIO DE CURSO FOI UN DÍA ESPERADO TANTO POLA MESTRA CRISTINA COMO POLAS NENAS E NENOS DE LEDOÑO PARA COÑECERSE FALAR E XOGAR COMPARTINDO OS PRIMEIROS MOMENTOS DUN NOVO CURSO E CICLO QUE COMEZA NESTA ESCOLA.




SUPERADO O PERÍODO DE ADAPTACIÓN, AQUÍ PODEDES VER ALGÚNS DESES INSTANTES NESTES PRIMEIROS DÍAS NOS QUE XA FOMOS TECENDO OS FÍOS DO GRUPO

MERENDAMOS XUNTOS E APROVEITAMOS PARA CONTARNOS COUSIÑAS.

XOGAMOS CO QUE TEMOS NOS DIFERENTES RECANTOS E NO PATIO E PARQUE QUE TEMOS FÓRA




O LUNS 16 COÑECIMOS A CLAUDIA QUE CHEGOU DAS SÚAS VACACIÓNS. XA NOS TARDABA! 



FIXEMOS UN MURAL  DE BENVIDA PARA DECORAR A NOSA AULA USANDO AS MANS E OS PINCEIS 

PLANTAMOS UNHA SEMENTE SORPRESA QUE VIÑA DENTRO DUN CORAZÓN LARANXA DE CARTÓN. AS INSTRUCIÓNS ERAN SINXELAS ... SEMENTAR CON AMOR E POR ISO A PROFE PEDIU AS MANS DAS NENAS E NENOS DE LEDOÑO QUE CON AGARIMO COLLERON A TERRA E PREPARARON O TESTO.



DESFRUTAMOS COAS HISTORIAS DO GATO LAMBÓN, A ESCALEIRA ENTRE OUTROS 



ADEMAIS TIVEMOS DOUS ANIVERSARIOS: DE ÓSCAR QUE DESDE O 12 XA TEN 5 ANOS E CONVIDOUNOS A UN DELICIOSO BISCOITO DE LARANXA.






E DE DANI QUE O XOVES 19 CUMPRIU 3ANOS E TROUXO UNHAS CHUCHES PARA TODOS.