Páginas

TAREFA DE APRENDIZAXE: XOGOS POPULARES

PARA LEVAR A CABO ESTA TAREFA, CONTAMOS COA ENCICLOPEDIA DE XOGOS POPULARES "CHIRLOSMIRLOS", DE ANTÓN CORTIZAS.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA SELECCIONOU 5 XOGOS POPULARES E NÓS, ESCOLLIMOS OS BIRLOS.

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE O MESMO, ATOPAMOS QUE É UN XOGO QUE AÍNDA SE PRACTICA NALGÚNS LUGARES DE GALICIA E MESMO NALGÚNS PAÍSES DE AMÉRICA.

NÓS ADAPTAMOS O XOGO ELABORANDO OS ELEMENTOS QUE SE PRECISAN E MESMO A CANTIDADE DOS MESMOS. OS BIRLOS E AS BÓLAS, CONSTRUÍMOLOS UTILIZANDO MATERIAIS QUE SE PODEN REUTILIZAR E ASÍ, APRENDEMOS QUE HAI COUSAS QUE PODEN TER UN SEGUNDO USO.

QUEREMOS ENSINARVOS COMO ELABORAMOS O XOGO E COMO SE XOGA.

 

ESPERAMOS QUE VOS ANIMEDES A XOGAR PORQUE A NÓS GÚSTANOS MOITO!

TAREFA DE APRENDIZAXE: OS PUNTOS CARDINAIS

CHEGOU Á ESCOLA ESTA TAREFA QUE NOS AXUDOU A SITUARNOS E ORIENTARNOS GRAZAS AO COMPÁS.

COÑECIMOS DIFERENTES TIPOS DE COMPÁS E CON ELES UBICAMOS OS PUNTOS CARDINAIS EN DIFERENTES LUGARES: NA PISTA E DENTRO DA ESCOLA.

TIÑAMOS 4 PLANTILLAS PARA DECORAR LIBREMENTE OS CATRO PUNTOS CARDINAIS. DECIDIMOS UTILIZAR ELEMENTOS DO OUTONO QUE TIÑAMOS AO REDOR E MESMO NA ESCOLA. DESPOIS TIVEMOS QUE SITUALOS NA AULA, E TAMÉN, O NOROESTE, IMPORTANTE PARA NÓS NO NOSO PROXECTO.

MARTIÑO E TESTA

COMEZOU A MISIÓN "MORRIÑA 21"!

MARTIÑO ENVIOUNOS INFORMACIÓNS IMPORTANTES. PODEDES VELAS SI PINCHADES ENRIBA DA PRIMEIRA IMAXE.


TAMÉN RECIBIMOS NA ESCOLA: UN CALENDARIO PARA SINALAR AS DATAS IMPORTANTES DA MISIÓN E UNHA TARXETA PARA CADA UN DE NÓS, ONDE APARECEN 7 ESTRELAS PARA COMPLETAR A OSA MAIOR.


NO CALENDARIO XA ANOTAMOS UNHA DATA IMPORTANTE, O DÍA 11 DE NOVEMBRO, POIS ESE DÍA, EN DIRECTO, VIMOS O DESPEGUE DO COHETE ONDE VIAXARON MARTIÑO E TESTA. SE QUEREDES VELO, PODEDES FACELO VISITANDO O BLOG DA PEPATECA.


MAGOSTO

CHEGOU O DÍA TAN ESPERADO! ERA A PRIMEIRA VEZ QUE IAMOS DE EXCURSIÓN E ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS!

O VENRES DÍA 12 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS XUNTO CON TODAS AS NENAS E NENOS DAS ESCOLAS DO CRA, O MAGOSTO NA RECTORAL DE CELAS.

PARA ESE DÍA, ESTIVEMOS PREPARANDO UNHAS CAIXAS PARA PODER COMER AS CASTAÑAS E NON TIRAR LIXO NO CHAN. FIXÉMOLAS APROVEITANDO CARTÓNS DE LEITE QUE NOS ENVIARON AS FAMILIAS.


E PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS, AQUÍ TEDES UN VÍDEO DESE DÍA.

QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS SAÍDAS!

TAREFA DE APRENDIZAXE INTEGRADA: O PASO DO TEMPO

COMEZAMOS COAS TAREFAS QUE NOS PROPOÑEN DENDE A BIBLIOTECA DO CRA  RELACIONADAS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI), QUE ESTE CURSO TITÚLASE: "NOROESTE CREACCIÓNS, FEITO POR NÓS".
GRAZAS A ELAS DESCUBRIREMOS UN POUCO MÁIS ONDE VIVIMOS: O NOROESTE.

A PRIMEIRA TAREFA QUE REMATAMOS FOI A RELACIONADA CO PASO DO TEMPO.
ESTA TAREFA VIÑA ACOMPAÑADA DE DOUS LIBROS: 


PEDIMOS AXUDA ÁS FAMILIAS PARA QUE NOS ENVIASEN FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE LUGARES DO NOROESTE E FOTOGRAFÍAS ACTUAIS NO MESMO LUGAR.

UNHA VEZ RECIBIDAS TODAS AS FOTOS, VISIONÁMOLAS NA AULA E COMENTAMOS AS DIFERENZAS E SEMELLANZAS QUE ATOPAMOS. 
O QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN É QUE A MAIORÍA DAS FOTOS ANTIGAS ERAN "GRISES" E AS ACTUAIS, TIÑAN COR.
FALAMOS TAMÉN DE COMO MUDOU A PAISAXE E MESMO COMO VESTÍAN AS PERSOAS QUE SAÍAN NAS FOTOS.

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA:




MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!


NOVAS DE AVENTUREIRA SABELA

FAI UN PAR DE SEMANAS TIVEMOS NOTICIAS DA AVENTUREIRA SABELA.

PARA QUEN NON A COÑEZADES É UNHA PERSOA MOI ESPECIAL COA QUE O CURSO PASADO VIVIMOS MOI BOAS EXPERIENCIAS!

POIS BEN, ENVIOUNOS UNHA MENSAXE CUNHA PROPOSTA MOI INTERESANTE! PODEDES VER O VÍDEO PINCHANDO AQUÍ.

SABELA ENSINOUNOS UN CARTEL NO QUE SE SORTEABA UNHA VIAXE Á ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL. ALGÚNS DE NÓS, ANIMÁMONOS A PARTICIPAR!


O SORTEO CELEBROUSE O DÍA 21 DE OUTUBRO E NÓS VIMOS EN DIRECTO NA ESCOLA, A RESOLUCIÓN DO MESMO. SE O QUEREDES VER, PINCHADE AQUÍ.

MARTIÑO FOI O GAÑADOR DA VIAXE! PERO QUEN É MARTIÑO?
COÑECIMOS A MARTIÑO E A SÚA CADELIÑA TESTA QUE O VAI ACOMPAÑAR, NESTE VÍDEO.


MENUDA SORPRESA QUE TIÑA ESTE VÍDEO, NÓS AXUDAREMOS NO QUE PRECISEN!

COMEZAMOS NOVA AVENTURA!

SAMAÍN

CHEGOU O DÍA!!

NA ESCOLA APARECERON: UNHA MOMIA, UN DRAGÓN, UN ESQUELETO, UNHAS BRUXAS, UNHA GATIÑA E MESMO VAMPIROS!

XOGAMOS, BAILAMOS E FESTEXAMOS O SAMAÍN! PÁSAMOLO XENIAL!

SEMANA DO SAMAÍN

DURANTE ESTA SEMANA, ESTIVEMOS FACENDO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA DECORAR A AULA, XOGAR E FESTEXAR O SAMAÍN.

BAILAMOS CON PANTASMAS EN MÚSICA E CONTAMOS CONTOS TERRORÍFICOS E VISIOINAMOS ALGÚN VÍDEO EN INGLÉS.


FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES QUE NOS GUSTARON MOITO E FORMAN PARTE DO DECORADO DA NOSA AULA PARA SAMAÍN.

PERO TAMÉN, ESTA SEMANA, APARECEU COLGADO UN PAQUETE MISTERIOSO DO TEITO DA NOSA ESCOLA. COMO TRAE COLGADO UNHA MENSAXE QUE PON: "NON ABRIR ATA SAMAÍN", TEMOS QUE AGARDAR ATA O VENRES PARA PODER RESOLVER O MISTERIO...



DÍA DAS BIBLIOTECAS

O DÍA 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS, E DENDE AS ESCOLAS DO CRA TAMÉN O CELEBRAMOS.

CHEGOUNOS Á ESCOLA O CARTEL PARA ESTE CURSO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES FEITO POLO ARTISTA PABLO OTERO, CO LEMA: "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA".

DESPOIS DE OBSERVALO, PREGUNTAMOS QUE DIRÍA A NOSA BIBLIO DE AULA SE TIVESE VOZ? QUE NOS CONTA? QUE PODEMOS ATOPAR NELA?

DEBATINDO ENTRE TODOS E TODAS, REPRESENTAMOS, CON DIFERENTES ELEMENTOS QUE TEMOS NA AULA, O CARTEL DA NOSA BIBLIO: NELA ATOPAMOS PALABRAS, ANIMAIS, CARRETERAS, VESTIMENTAS..



A NOSA BIBLIO DE AULA

O PROFE IVÁN TROUXO A AVIONETA PEPA PARA PRESENTALA ÁS NOVAS COMPAÑEIRAS, E ENSINOUNOS COMO TER OS CONTOS COLOCADOS PARA PODER COLLELOS CANDO NOS APETEZA UN RATIÑO DE LECTURA E TAMÉN PARA ESCOLLER CANDO OS LEVAMOS PARA A CASA. ESTE CURSO PODEMOS LEVAR PELÍCULAS E MÚSICA!


XA LEVAMOS UNS CANTOS FINS DE SEMANA GOZANDO DO PRÉSTAMO QUE FACEMOS OS VENRES DA NOSA BIBLIO DE AULA E TRAEMOS DE VOLTA OS LUNS.

TAMÉN COMEZOU A MOVERSE A MOCHILA VIAXEIRA QUE PODEREDES TER NA VOSA CASA DURANTE 15 DÍAS. 


NA NOSA BIBLIO DE AULA CONTAMOS ESTE TRIMESTRE CUN ESPAZO FEDELLO QUE NOS ESTÁ DANDO MOITO XOGO! CONSTRUÍMOS UN MONTÓN DE COUSAS.



CONTAMOS CONTOS

DURANTE O TEMPO QUE PASAMOS COÑECÉNDONOS E ADAPTÁNDONOS, ESCOITAMOS CONTOS, CANTAMOS E MESMO FIXEMOS ALGUNHA QUE OUTRA ACTIVIDADE.

OS CONTOS QUE CONTAMOS FORON OS SEGUINTES:


NO VÍDEO APARECEN RECOLLIDAS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO DE COCORICO E MONCHO E A MANCHA.

NOVO CURSO

BENVIDAS E BENVIDOS!
COMEZAMOS CURSO CON TRES NOVAS COMPAÑEIRAS: MARTA, OLIVA E OLIVIA.

OS PRIMEIROS DÍAS ADICÁMOLOS A COÑECERNOS, COÑECER A ESCOLA E LUGARES DA NOSA CONTORNA.
COMPARTIMOS XOGOS, DEBUXAMOS E ESCOITAMOS CONTOS. PODEDES VER ALGÚNS DESES MOMENTOS NO SEGUINTE VÍDEO.


AGARDAMOS QUE ESTE SEXA UN CURSO CHEO DE APRENDIZAXES!

FIN DE CURSO

REMATA ESTE CURSO CHEO DE MOITOS MOMENTOS QUE VIVIMOS E EXPERIMENTAMOS  NA NOSA ESCOLA.
AQUÍ TEDES UN RESUMO DE MOITAS DAS COUSAS QUE FIXEMOS E NOS GUSTARON DURANTE ESTES MESES.

AOS QUE MARCHAN, BOTARÉMOSVOS DE MENOS!!


BO VERÁN PARA TODAS E TODOS!
VÉMONOS EN SETEMBRO!

MÁIS FLORES

A PRIMAVERA EN LEDOÑO ENCHEU DE FLORES A NOSA ESCOLA.

COMEZAMOS MAIO FACENDO O NOSO MURAL: MAIO, MES DAS FLORES CON FLORES E BOLBORETAS. 

PERO APROVEITANDO QUE A NOSA ESCOLA ESTÁ RODEADA DE NATUREZA E COMO NON DE FLORES, FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES CON ESA TEMÁTICA: RECOLLEMOS FLORES NA CONTORNA, COÑECIMOS AS PARTES DAS PLANTAS E FLORES,  PINTAMOS, FIXEMOS FLORES CON BLOQUES LÓXICOS E CON GOMETS, E PARA REMATAR, PINTAMOS UN CADRO CON FLORES COMO ARTISTAS QUE SOMOS.

ÚLTIMA COLLEITA

CHEGOU O MOMENTO DA ÚLTIMA COLLEITA DO CURSO.

VIMOS COMO MEDROU TODO O QUE PLANTAMOS E COMO AS FLORES COMEZARON A BROTAR.

APAÑAMOS AS CENORIAS E AS CEBOLIÑAS. AS XUDÍAS TEÑEN QUE SEGUIR MEDRANDO!


AGORA TOCA AGARDAR ATA SETEMBRO PARA SEGUIR COA NOSA HORTA!

A AVENTUREIRA SABELA CHEGA A CORUÑA

A SEMANA PASADA TIVEMOS NOTICIAS DE SABELA NA SÚA CHEGADA A CORUÑA.
ENVIOUNOS UN VÍDEO CON INFORMACIÓN MOI INTERESANTE E EMOCIONANTE!

E A SEMANA PASADA, O TESOURO CHEGOU Á NOSA AULA!! MENUDA SORPRESA!!
A MENSAXE QUE AGOCHABA É MOI VALIOSA E NON DEBEMOS ESQUECELA:

"O IMPORTANTE DO XOGO NON É GAÑAR SENÓN PARTICIPAR, 
AO IGUAL QUE O FUNDAMENTAL DA VIDA NON É O ÉXITO SENÓN A APRENDIZAXE"

GRAZAS SABELA POR ESTA AVENTURA E POR COMPARTIR O TESOURO!!

TAREFA INTEGRADA DE CIENCIA: O LUME

A ÚLTIMA TAREFA QUE NOS PROPUXO A BIBLIOTECA, FOI UNHA TAREFA DE CIENCIA E TOCOUNOS INVESTIGAR SOBRE O LUME.

SABIAMOS QUE O LUME APRENDERON A FACELO NA PREHISTORIA, ÉPOCA QUE INVESTIGAMOS ESTE TRIMESTRE. NA PREHISTORIA FACÍAN LUME GOLPEANDO DÚAS PEDRAS OU FRICCIONANDO DOUS PAUS, E USÁBANO PARA COCIÑAR, QUENTARSE E PARA VER NA ESCURIDADE.

HOXE EN DÍA, O LUME TAMÉN CONSERVA ALGÚN DESES USOS PERO TAMÉN SABEMOS QUE É PERIGOSO E PROVOCA INCENDIOS.

NA ESCOLA, FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON LUME, PARA VER COMO REACCIONABA ANTE TRES ELEMENTOS: AUGA, VENTO E OSÍXENO.

COMO DESCUBRIMOS QUE O LUME TAMÉN PRECISA OSÍXENO COMA NÓS PARA RESPIRAR, QUIXEMOS INVENTAR UNHA CÚPULA XIGANTE QUE CUBRISE O LUME, PODER QUITARLLE O OSÍXENO E ASÍ, PARARÍA DE ARDER. A CÚPULA TEN QUE SER RESISTENTE E PENSAMOS QUE SERÍA METÁLICA.

FIXEMOS UNS DEBUXOS ONDE REFLEXAMOS COMO A CÚPULA TAPA O LUME E PROTEXE O ESPAZO QUE RODEA: ÁRBORES, PERSOAS...

TAREFA INTEGRADA DE HISTORIA: A PREHISTORIA

NESTA TAREFA INTEGRADA DE HISTORIA, ELIXIMOS INVESTIGAR SOBRE A PREHISTORIA.
INVESTIGAMOS E BUSCAMOS INFORMACIÓN EN VARIOS LIBROS.


SOLICITAMOS, A TRAVÉS DUN CORREO ELECTRÓNICO, COLABORACIÓN ÁS FAMILIAS QUE NOS AXUDARON A BUSCAR IMAXES RELEVANTES DESA ÉPOCA E COÑECER COUSAS IMPORTANTES QUE SUCEDERON FAI MILES DE ANOS.

NO PEQUENO CLIP DE VÍDEO, RECOLLIMOS AS IMAXES QUE NOS PARECERON MÁIS INTERESANTES DO QUE INVESTIGAMOS DA PREHISTORIA.

XOGOS CANTADOS

DURANTE ESTE CURSO, CADA ESCOLA DO CRA PRESENTOUNOS UN XOGO CANTADO PARA QUE TODAS E TODOS APRENDÉSEMOS E PUIDESEMOS XOGAR CANDO QUIXERAMOS. 
ALGÚNS COÑECÍAMOLOS PERO CON OUTRAS RETAÍLAS.

SE PINCHADE NAS IMAXES, PODEDES VER COMO CADA ESCOLA NOS AMOSOU COMO XOGAR.

A ESCOLA DE VINSEIRA ENSINOUNOS O XOGO DE "LOBO, LOBIÑO QUE HORA É?"

A ESCOLA DE A CHOEIRA 2, "1, 2, 3 VOLTA ATRÁS QUEN  MOVA OS PÉS"


A ESCOLA DE SÉSAMO, "AS AGOCHADAS"


A ESCOLA DE A CHOEIRA 1, "SON UNHA SERPE"


XOGAMOS MOITO!

DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

O DÍA 14 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS.

COMO SABEDES, ESTE ANO O CRA PARTICIPOU NO CONCURSO ORGANIZADO POLA FAXPG (FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA).

NA SÚA IV EDICIÓN "CANTAMOS CON LAS MANOS", PRESENTAMOS A CANCIÓN DE "AS MANS" DE PABLO DÍAZ E PODEDES DISFRUTALA NO BLOG DE MÚSICA SE PINCHADES NA IMAXE.


TORRE DE CELAS

GRAZAS Á TAREFA INTEGRADA PROPOSTA POLA BIBLIOTECA PARA COÑECER LUGARES EMBLEMÁTICOS DE CULLEREDO, DESCUBRIMOS A TORRE DE CELAS.

ALGÚNS NENOS E NENAS COÑECÍAN O LUGAR PORQUE TEN UN PARQUE PRETO, POR CELEBRACIÓNS QUE SE FIXERON EN ANOS ANTERIORES NO CRA... 

PERO DESTA VEZ TOCOU INVESTIGAR UN POUCO SOBRE A TORRE E FACER UNHA VISITA COA FAMILIA DE CADA UN DELES E DELAS.

A TORRE É O QUE SE CONSERVA DUNHA FORTALEZA DEFENSIVA. OBSERVAMOS TEN AS VENTÁS PEQUENAS E ALTAS PARA PROTEXERSE E MESMO DESCUBRIMOS QUE EXISTEN UNHAS VENTÁS MÁIS PEQUENAS POLAS QUE SE PODÍA DISPARAR.

NINGÚN DOS NENOS OU NENAS PUIDERON ENTRAR VELA POR DENTRO PORQUE ESTÁ PECHADA, SÓ VIRON QUE TEN UNHA PORTA GRANDE DE MADEIRA.

MIRADE QUE FOTOS MÁIS CHULAS FIXERON PRETO DA TORRE.



ADIVIÑA QUEN CHE DOU

AS NENAS E NENOS DAS OUTRAS ESCOLAS DO CRA, ENSINÁRONNOS UNS XOGOS CANTADOS QUE NOS GUSTARON MOITO.

AGORA É O NOSO TURNO!
O XOGO QUE VOS PRESENTAMOS É: ADIVIÑA QUEN CHE DOU, QUE NO LOMBO TE MALLOU.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E XOGUEDES!!

 

COLLEITA NA HORTA

ESTA SEMANA OBSERVAMOS MOITAS NOVIDADES NA NOSA HORTA: AS CENORIAS XA COMEZAN ASOMAR, UNHA DAS PLANTAS DO BRÓCOLI COMEZA A MEDRAR E AS XUDÍAS TAMÉN ESTÁN A GABEAR, DE FEITO, TIVEMOS QUE POÑER UNHAS VARAS MÁIS ALTAS.

E PARA REMATAR, ESTE XOVES, LEVAMOS PARA A CASA LEITUGA RIZADA.

SEGURO QUE ESTABA BOÍSIMA!