Páginas

ROSA... LÍA!

POLO DÍA DE ROSALÍA... UNHA FLOR E UNHA POESÍA

CHEGAMOS Á AULA E TIÑAMOS UN RETO QUE NOS DEIXOU PEPA COLGANDO DO TEITO: ADIVIÑAR QUEN ERA A MULLER DA FOTO E POR QUÉ APARECÍA UNHA DATA A CARÓN DO SEU RETRATO, DENTRO DUNHA MALETA E CUNHA FLOR 🌷 



LOGO TIVEMOS QUE BUSCAR UNHAS PALABRAS PARA COMPLETAR AS FRASES DA MALETA. TRAS ATOPALOS APRENDIMOS OS VERSOS DUN FAMOSO POEMA QUE LLE ADICOU ROSALÍA ÁS COUSAS DAS QUE SE DESPEDÍA AO MARCHAR DE GALICIA.

O MAIS DIVERTIDO FOI INVENTAR O NOSO PROPIO POEMA VERSIONANDO A OBRA ORIXINAL.

 GÚSTAVOS? A QUÉ OU QUEN LLE DIRIADES UN SENTIDO  👋🏼 ADEUS?


BIVALVOS E CACTUS REIVINDICAN SER AMADOS

O PROFE IVÁN TROUXO UNHA CAIXA CON ANIMAIS QUE VIVEN NO MAR PERO NON SON PEIXES. SON OS BIVALVOS.

FIXAMONOS BEN NESTES AMIGOS DE CARPIÑO E LOGRAMOS DARLLE NOME A CADA UN. XEILA A VIEIRA ESTABA ALGO AMOLADA PORQUE NINGUÉN OS ESCOLLE COMO ANIMAIS PREFERIDOS. 

ADEMAIS XEILA FALOUNOS DO PERIGO DAS LATAS COMO AMEAZA TAMÉN NO MAR. 

TOCAMOS DIFERENTES LATAS DE COMIDA E BEBIDA E VIMOS QUE ALGUNHAS CORTAN E OUTRAS NON.



FINALMENTE CARPIÑO ENCOMENDOUNOS A MISIÓN DE REUTILIZAR DÚAS LATAS COMO MACETAS PARA DOUS CACTUS QUE TAMÉN REIVINDICAN SER ESCOLLIDOS E ADMIRADOS A PESAR DAS SÚAS ESPIÑAS. 

USAMOS CORDA PARA CUBRIR A SUPERFICIE DAS LATAS CON AXUDA DE COLA. LOGO ENCHIMOS COA TERRA

 SABEMOS QUE SON PLANTAS DE CLIMAS SECOS POLO QUE APENAS PRECISAN AUGA PERO SI MOITA LUZ.

DECIDIMOS CHAMARLLES USANDO POLO MENOS AS LETRAS INICIAIS DOS NOSOS NOMES 
ADOS E APICA, GUSTANVOS? 





SEMANA DE ENTROIDO

EN LEDOÑO EMPEZAMOS O ENTROIDO XA O VENRES PASADO CUNHAS MÁSCARAS FEITAS CON BOLSAS DE PAPEL QUE NOS ENCANTOU FACER



SEGUINDO OS MANDADIÑOS DE CARPIÑO, CADA DÍA DA SEMANA ELABORAMOS DIFERENTES COMPLEMENTOS.  
LUNS USANDO MATERIAL QUE TIRAMOS AO LIXO E MARTES ELEMENTOS NATURAIS.

MÉRCORES RIMOS MOITO COAS COMBINACIÓNS  TAN EXTRAVAGANTES E ORIXINAIS QUE LEVAMOS Á ESCOLA TRAS REBUSCAR NOS ARMARIOS.


 E XOVES APARECIMOS CON MENSAXES E LEMAS IMPORTANTES COMO PATRULLA VERDE EN PROL DO COIDADO AMBIENTAL.


 PERO A SEMANA REMATOU VENRES COA FESTA GRANDE EN ALMEIRAS, XUNTO CO RESTO DE ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA. POR ISO ESTIVEMOS PREPARANDO OS NOSOS DISFRACES DE SOL, AUGA  E VENTO,  COMO FONTES DE ENERXÍAS RENOVABLES.


 XOGAMOS ENTRE TODOS E LOGO DESFILAMOS E BAILAMOS PARA AS FAMILIAS QUE VIÑERON A VERNOS.


E CLAUSURAMOS DEGUSTANDO DOCES TIPICOS FEITOS POLAS FAMILIAS.

PODEDES VER O VÍDEO QUE O RESUME AQUÍ:




ANIMAIS VITAIS

VOS ACORDADES DA ENTRADA DE  FAUNA DE LEDOÑO?
ESTES ANIMAIS CONVIVEN NO PATIO E ARREDORES DA ESCOLA CON NÓS E TRAS O SEU REPARTO PARA  INVESTIGAR SOBRE ELES PORQUE OS VÍAMOS CON FRECUENCIA, FOI  CHEGANDO INFORMACIÓN QUE O ALUMNADO COMPARTIU E EXPLICOU Ó RESTO DE COMPAÑEIROS.


ÓSCAR CONTOU DATOS CURIOSOS SOBRE AS PEGAS E CLAUDIA SOBRE OS CARACOIS. ADEMAIS TROUXO UN CONTIÑO DE CARACOL E VERMIÑO. AQUÍ VEDES CARACOIS NO NOSO XARDÍN E DENTRO DA AULA CON NÓS.


ANTÓN INFORMOUSE MOITO SOBRE AS ABELLAS E ESTABA EMOCIONADO CONTANDO CÓMO FAN MEL E CONSTRÚEN PANAIS. AÍNDA QUE NON TODAS AS ABELLAS SON MELÍFERAS. TAMÉN NOS SORPRENDEU QUE HAXA UNHA ABELLA RAÍÑA QUE LIDERA O ENXAMBRE.


ÁFRICA CREOU UN FORMIGUEIRO BEN LINDO PARA EXPLICARNOS CÓMO VIVEN E SE COMPORTAN AS FORMIGAS, QUE TRABALLAN MOITO RECOLECTANDO COMIDA, E SON MOI ORGANIZADAS, TENDO TAMÉN UNHA RAÍÑA QUE GOBERNA E PON OVOS.



E QUE VOS PARECE A FORMIGA QUE CREAMOS CON CASTAÑAS? ESTÁ CHULA EH? E ESAS ANTENAS DE PIÑEIRO SON MOI EFECTIVAS.

POR ÚLTIMO CHEGARON O PÓSTER DE AARÓN SOBRE AS MIÑOCAS E O DOCUMENTO DE DANI SOBRE OS BECHOS BOLA. 

AARÓN CONTOUNOS MOI ABRAIADO A LONXITUDE QUE PODÍAN CHEGAR A TER AS MIÑOCAS, XA QUE ADOITAN ESTAR ENROSCADAS NA TERRA, PERO SE SE ESTIRAN... PODEN CHEGAR A SER MOI LONGAS.


DANI DIXO QUE OS BECHOS BOLA TAMÉN SON EXPERTOS EN MODIFICAR O SEU TAMAÑO E FORMA, CAMÚFLANSE E QUÉDANSE QUIETOS CO SEU CAPARAZÓN FORMANDO UNHA BOLA PARA QUE NINGUÉN OS MOLESTE.

PERO ONDE ACABA O LIXO REALMENTE?

PEPA NOS PUXO A PROBA CUNHA TAREFA DE CLASIFICAR LIXO PARA TIRALO NO COLECTOR CORRESPONDENTE. FALAMOS DOS CUBOS QUE TIÑAMOS NA CASA E NA ESCOLA E DE QUEN SE ENCARGABA DE SACAR AS BOLSAS DE LIXO DA CASA. 


PERO... POR QUÉ E NECESARIO SEPARAR O LIXO.? QUE SE FAI CON EL?


 SUPERAMOS A PROBA PORQUE DIFERENCIAMOS BEN OS PLÁSTICOS DO PAPEL E CARTÓN E DOS RESTOS ORGÁNICOS , ASÍ QUE CONSEGUIMOS AS ETIQUETAS PARA A NOSA AULA E ASÍ NON TRABUCARNOS CANDO TIRAMOS OS RESÍDUOS DAS NOSAS MERENDAS .


 CADA RESIDUO TEN UN LUGAR PARA PODER DARLLE UNHA RECICLAXE AXEITADA
OS RESIDUOS ORGÁNICOS PARA FACER COMPOST .


O PAPEL E CARTÓN PARA TRITURALO NUNHA PASTA E VOLVER A FACER MAIS PAPEL E CARTÓN EVITANDO CORTAR ÁRBORES.


E OS PLÁSTICOS E METAIS PARA TRITURALOS, MOELOS, E LOGO COMPRIMILOS OU EXTRUSIONALOS CON ALTAS TEMPERATURAS PARA XERAR NOVAS PEZAS QUE DEIXAMOS ARREFRIAR LISTAS PARA DARLLES NOVA FORMA.



SE O FACEMOS BEN TODOS HABERÁ OUTRO AGASALLO POR PARTE DE PEPA


ESPAZO FEDELLO


NESTE SEGUNDO TRIMESTRE 
ESTAMOS A DESFRUTAR COAS PEZAS PARA CONSTRUIR CIRCUÍTOS
  
COSTOUNOS QUE AS PEZAS NON CAESEN, PORQUE A UN MÍNIMO TOQUE, SE DERRUBABA. ASÍ QUE EXERCITAMOS A PACIENCIA.

TARDAMOS ALGO EN ATOPAR AS BOLAS AXEITADAS PERO EXPLORAMOS USANDO VARIAS DE PAPEL, PLASTILINA, PLÁSTICO, ETC. PURA FÍSICA.

AS MELLORES FORON AS DE METAL, QUE CO PESO, RODAN MELLOR E NON SE QUEDAN PARADAS A METADE DO PERCORRIDO.

NOVAS NA HORTA

RECIBIMOS UNHAS PLANTAS QUE VIÑERON DE MERA PARA LEDOÑO GRAZAS AO PAI DA MESTRA CRIS
 BUSCAMOS O LUGAR IDEAL PARA CADA UNHA E SACHAMOS OS BURATOS NA TERRA
 SACAMOS AS PLANTIÑAS DOS TESTOS E REGAMOS
 LOGO TIVEMOS QUE ESCRIBIR OS CARTÉIS PARA IDENTIFICALAS E QUE NON AS PISE NINGUÉN . AGORA ESPERAREMOS A QUE SAIAN 🌹 💐 DAS ROSEIRAS E A MANZANILLA QUE SEGURO QUE AS ABELLAS E OUTROS INSECTOS VAN VIR VISITAR
O ACEVO IGUAL TARDA MAIS EN SACAR AS BOLIÑAS VERMELLAS
PERO VEREMOLO MEDRAR SEGURO.


BASTA XA DE CABICHAS!


QUICO O GOLFIÑO 🐬 É O NOVO AMIGO DE CARPIÑO QUE NOS PIDE AXUDA PARA PARAR A INVASIÓN DE CABICHAS 🚬 DAS PRAIAS QUE ACABAN NO MAR 🌊 


TEMOS QUE LEMBRARLLES ÓS ADULTOS QUE FUMAN QUE 

NON QUEREMOS NIN UNHA CABICHA MAIS NO CHAN DE NINGÚN LUGAR!




EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN

HOXE FOMOS VER UNHA EXPO NA FUNDACIÓN ABANCA DA CORUÑA, TITULADA:  

O NOSO PLANETA 


GRACIAS AO CONTO DE VIOLETA, E AS FOTOS QUE SACOU ESTA EXPLORADORA AMANTE DA NATUREZA, ADENTRÁMONOS NAS SELVAS MAIS GRANDES E IMPORTANTES DO PLANETA EN ÁFRICA E AMÉRICA, E OS ECOSISTEMAS DOS POLOS NORTE E SUR, POR SER OS MAIS AFECTADOS POLO CALENTAMIENTO GLOBAL E A DEFORESTACIÓN, E TER AS MAIORES REPERCUSIÓNS PARA TODOS, PLANTAS, ANIMAIS E PERSOAS, NUN CICLO GLOBAL.

MIRADE O  VÍDEO 


SE AS MAIORES RESERVAS DE ÁRBORES SON AMEAZADAS, A SÚA FUNCIÓN NA CALIDADE DO AIRE VAI SER MERMADA, E O DESXEO DOS POLOS PROVOCA ALTERACIÓNS IMPORTANTES NO NIVEL DA AUGA POÑENDO EN PERIGO DE ASOLAGACIÓN CERTAS ZONAS COSTEIRAS .


TAMÉN FALAMOS DO LIXO E DOS INCENDIOS E DA NECESIDADE DE REFORESTAR SEMENTANDO