EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: BELELLE

O XOVES 20 DE XUÑO FIXEMOS A ÚLTIMA SAÍDA DO CURSO, A EXCURSIÓN Á GRANXA DE BELELLE. QUE BEN O PASAMOS!

AS NOVAS DE PEPA

XA PODEMOS DESFRUTAR DUNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA AS NOVAS DE PEPA, ONDE ATOPAREDES TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZARON DURANTE ESTE CURSO QUE REMATA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!


A VIAXE DE BREOGÁN: VENECIA

O ÚLTIMO PAÍS QUE VISITOU BREOGÁN ANTES DE REGRESAR Á CASA, FOI ITALIA.
ENVIOUNOS NOVAS DENDE VENECIA E A ÚLTIMA PROPOSTA PARA REMATAR O SEU TRABALLO DE FIN DE GRAO. 

NON FOI MOI COMPLICADO PENSAR NA ESCULTURA GASTRONÓMICA ESTANDO EN ITALIA... FIXEMOS UNHA PIZZA! QUE BOA ESTABA!


BOA VIAXE BREOGÁN!

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE E VERÁN

CHEGOU O ÚLTIMO TRIMESTRE E CON EL, TOCA FESTEXAR OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS QUE CUMPLIRON ANOS EN MAIO, XUÑO E TAMÉN OS QUE O FARÁN NO VERÁN.

COMO TRADICIÓN DESTE CURSO, VOLVIMOS A PREPARAR GOFRES QUE XA COÑECEMOS A RECEITA DE MEMORIA E, DESTA VOLTA, REPETIMOS CON ALGUNHA FROITA: FRESAS, FRAMBOESAS, ARANDOS, PLÁTANO, MELOCOTÓN E MELÓN.

SAÍRON TAN RICOS E DELICIOSOS, QUE DESTA VOLTA, CASE NON LLES BOTAMOS CHOCOLATE. BUENO, UN POUCO SI.

OS NOSOS MINIMUNDOS

UN DOS XOGOS FAVORITOS NA ESCOLA SON OS MINIMUNDOS. 

PERMITEN DESENVOLVER MOITAS HABILIDADES COMO POR EXEMPLO: A CREATIVIDADE, A IMAXINACIÓN, VOCABULARIO E MOTRICIDADE FINA.

AÍNDA QUE ESTE CURSO, ESTREAMOS UNHA SUPERFICIE PENSADA PARA CREAR, CALQUERA ESPAZO DENTRO E FÓRA DA AULA, FORON ESCENARIOS PARA DESENVOLVER ESTES MINIMUNDOS.

COMO SOMOS: O AUTORRETRATO

DURANTE TODO O CURSO, O ENCARGADO OU ENCARGADA DO DÍA FOI DEBUXÁNDOSE NUNHA PIZARRA. A TRAVÉS DESTES AUTORRETRATOS, COMPROBAMOS A EVOLUCIÓN NAS SÚAS PRODUCIÓNS QUE PASARON A GAÑAR MÁIS DETALLES.
TAMÉN FIXEMOS ALGUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA COA SÚA CARA, RETRATOS DAS SÚAS FAMILIAS (PUBLICACIÓN "AS NOSAS FAMILIAS") E FINALMENTE, CONVERTEMOS OS SEUS AUTORRETRATOS EN "MARIONETAS".

A VIAXE DE BREOGÁN: VIENA

O SEGUINTE PAÍS QUE VISITOU BREOGÁN FOI AUSTRIA E ENVIOUNOS UN VÍDEO DENDE A SÚA CAPITAL, VIENA

ESCOITAMOS "O VALS DO DANUBIO AZUL", DE STRAUSS E COMEZAMOS A DECORAR OS NOSOS VASOS PARA PODER REPRODUCIR ESTE RITMO. 


CREMOS QUE CONSEGUIMOS A MISIÓN PORQUE QUEDOU MOI BEN A NOSA REPRODUCIÓN. PODEDES VELA NO BLOG DE PEPATECA.

NÓS AGARDAMOS NOVAS DE BREOGÁN EN CANTO CHEGUE A ITALIA!

PEQUENOVAS

ESTE ANO, COÑECENDO A AUTORA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, LUISA VILLALTA, SOUBEMOS QUE FOI XORNALISTA E ESCRIBÍA ARTIGOS NALGUNHA REVISTA.

XURDIU UNHA PROPOSTA DE ESCRIBIR UN ARTIGO PARA A NOSA REVISTA "AS NOVAS DE PEPA", NUNHA NOVA SECCIÓN QUE SE CHAMA "PEQUENOVAS".

COMO NA NOSA ESCOLA ESTAMOS MOI CONCIENCIADAS E CONCIENCIADOS DE COIDAR O NOSO PLANETA, DO IMPORTANTE QUE É MANTER LIMPOS OS MARES, AS PRAIAS, OS BOSQUES, SEMPRE ESTAMOS ATENTAS E ATENTOS A QUE A NOSA CONTORNA SE MANTEÑA LIMPA. 

COMO XA SABEDES, POR ESA NECESIDADE NACEU A NOSA "PATRULLA DE LIMPEZA" E PENSAMOS QUE A TRAVÉS DESTE ARTIGO PODERIAMOS DAR A COÑECER ESTA REALIDADE QUE ESTÁ A PASAR ARREDOR DA NOSA ESCOLA.

PATRULLA DE LIMPEZA

DESPOIS DE LEVAR VARIOS DÍAS VENDO COMO O ARREDOR DA NOSA ESCOLA ESTABA CON LIXO, DECIDIMOS SAÍR A LIMPAR, PORQUE PARA ISO SOMOS A "PATRULLA DE LIMPEZA".

SAÍMOS E COMPROBAMOS QUE A PESAR DE QUE HAI BASTANTE PAPELEIRAS NA NOSA CONTORNA, A XENTE NON FAI USO DELAS NA MAIOR PARTE DAS VECES.

PERO NÓS SOMOS INCANSABLES E INTENTAREMOS QUE POLA NOSA PARTE, O PLANETA ESTÉ MÁIS LIMPO. 

A TÁCTICA DO COLIBRÍ, FUNDACIÓN LUIS SEOANE

O MARTES 4 DE XUÑO, VOLVIMOS A SAÍR EN AUTOBÚS ATA CORUÑA.

DESTA VOLTA, ESTIVEMOS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE VISITANDO A EXPOSICIÓN "A TÁCTICA DO COLIBRÍ" E FACENDO UN OBRADOIRO DE CERÁMICA, SIMULANDO ESA ESCOLA DE CERÁMICA NA QUE LUIS SEOANE SE FORMOU.

DESPOIS FIXEMOS UNHA PEQUENA ANDAINA ATA A PRAZA DE AZCÁRRAGA ONDE PUIDEMOS FACER UNHA PEQUENA MERENDA CON PAN QUE MERCAMOS NUNHA PANADARÍA QUE HABÍA NA PRAZA. XOGAMOS UN POUCO TODAS E TODOS XUNTOS, E VOLTAMOS DE NOVO ÁS ESCOLAS. 

A VIAXE DE BREOGÁN: BERLÍN

BREOGÁN PÚXOSE EN CONTACTO CON NÓS CANDO CHEGOU A BERLÍN.

ESTIVEMOS VENDO NUN MAPA O TRAXECTO QUE FIXO EN TREN DENDE BRUXELAS ATA BERLÍN.


E DESPOIS VISUALIZAMOS O VÍDEO QUE NOS ENVIOU DESDE ALÍ. PODEDES VER O QUE NOS CONTOU PICANDO NA IMAXE.


GUSTOUNOS MOITO PROBAR OS BRETZELS, PERO COÑECER A HISTORIA DO MURO DE BERLÍN FÍXONOS PENSAR NO IMPORTANTE QUE É FALAR E CHEGAR A ACORDOS.
CON ISTO, CHEGOU A NOVA MISIÒN NA QUE TIÑAMOS QUE FACER CONSTRUCIÓNS QUE UNAN E NON SEPAREN ÁS PERSOAS.


PODEDES VER TODA A INFORMACIÓN DE BREOGÁN EN BERLÍN, VISITANDO O BLOG DE PEPATECA.

CONCURSO "CANTANDO COAS MANS"

O XOVES 30 DE MAIO, DESPRAZÁMONOS ATA A CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO PARA RECOLLER UN PREMIO.  POIS FOMOS GALARDOADOS CO PREMIO DO XURADO DO VII CONCURSO CANTAMOS COAS MANS, QUE ORGANIZA A FAXPG.

FOI UN DÍA MOI EMOCIONANTE XA QUE ACTUAMOS PARA O PÚBLICO E  ACOMPAÑOUNOS A CANTANTE UXÍA, INTÉRPRETE XUNTO A MARÍA FUMAÇA DA CANCIÓN QUE INTERPRETAMOS "FUN AO MERCADO".

SE QUEREDES VOLVER A VER O VÍDEO CO QUE PARTICIPAMOS, SÓ TEDES QUE VISITAR O BLOG DE MÚSICA, LALALA

ROMARÍA 2024

O MÉRCORES 29 DE MAIO PUIDEMOS CELEBRAR A NOSA TRADICIONAL ROMARÍA.

TIÑAMOS MOITAS GANAS DE FESTEXAR, E ASÍ FOI, UNHA XORNADA ESTUPENDA QUE COMPARTIMOS CON TODO O ALUMNADO DO CRA, FAMILIAS, ANTIGOS ALUMNOS E ALUMNAS COAS SÚAS FAMILIAS, ANPA...

TAMÉN FINALIZOU O NOSO PDI "SEMENTANDO SAÚDE" CUNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA QUE TIVEMOS A COLABORACIÓN DE ALUMNADO E PROFESORADO DO IES DE SABÓN, DE ARTEIXO.

VELAQUÍ TEDES UN RESUMO DESE DÍA:

MOITAS GRACIAS A TODAS E TODOS POR COMPARTIR E FORMAR PARTE DESTA XORNADA TAN ESPECIAL.

LETRAS GALEGAS 2024

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS SEMPRE É UNHA SEMANA EMOCIONANTE, POIS É A CONTA ATRÁS PARA A NOSA ROMARÍA, QUE FINALMENTE HOUBO QUE SUSPENDER POR MOR DO TEMPO...

ESTE ANO COMEZAMOS A SEMANA CON CABEZOLOS NA ESCOLA QUE NOS TROUXO A PROFE TATI, PERO QUE XA VOLVERON PARA A SÚA POZA. FOI MOI CHULO PODER VELOS TAN DE CERCA. 

ESTE CURSO, COÑECIMOS A AUTORA HOMENAXEADA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TRAVÉS DUN RETO. 

APARECEU NA ESCOLA UN BOTE CHEO DE COUSAS QUE FOMOS DESCUBRINDO E ELABORAMOS HIPÓTESES DE QUE SE PODERÍA TRATAR. COMO NO BOTE HABÍA LETRAS, ESTIVEMOS INTENTANDO COLOCALAS DE MANEIRA QUE PUIDESE SER UN NOME, E FINALMENTE AVERIGUAMOS QUE SE CHAMABA LUISA.



DESPOIS DE DESCUBRIR O NOME E OS OBXECTOS QUE HABÍA DENTRO DO BOTE, INTENTAMOS RELACIONALOS CON COUSAS QUE PODÍA FACER LUISA OU QUE ERAN COUSAS QUE LLE GUSTABAN. SEGUIMOS ELABORANDO HIPÓTESES E FINALMENTE COÑECIMOS A RELACIÓN DESES OBXECTOS CON LUISA GRACIAS A UN GENIALLY ELABORADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA.
DEIXÁMOLO AQUÍ POR SI QUEREDES COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE LUISA VILLALTA.

A NOSA FAMILIA

DURANTE ESTE CURSO, E EN VARIAS OCASIÓNS, ESTIVEMOS DEBUXÁNDONOS OU DEBUXANDO PERSOAS, É DICIR, FIXEMOS AUTORRETRATOS E RETRATOS.

NESTA OCASIÓN, DECIDIMOS FACER UNHA MEZCLA, POIS FIXEMOS UN RETRATO DA NOSA FAMILIA, ONDE NÓS TAMÉN NOS DEBUXAMOS.

ESTE RETRATO FAMILIAR EXPUXÉMOLO NA AULA PENDURADO DO TEITO E CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS A QUE PASARAN A VELO.

FLORES DE CORES

NA ESCOLA ESTIVEMOS OBSERVANDO COMO CAMBIARON AS ÁRBORES DO NOSO ARREDOR COA CHEGADA DA PRIMAVERA E O CAMPO SE ENCHEU DE FLORES.

NA AULA, "CONSTRUÍMOS" FLORES CUNHA VARIEDADE DE PEZAS E ELEMENTOS, QUE DESPOIS PASOU A FORMAR PARTE DUNHA PROPOSTA DE AULA.


DEBUXAMOS FLORES CON DIFERENTES TÉCNICAS E ÚTILES: CON ACUARELAS, CON PINTURA, LÁPICES DE CORES E TAMÉN UTILIZAMOS OS NOSOS DEDOS.





SAÍDA Á UDC

O MÉRCORES 8 DE MAIO FOMOS, XUNTO COAS NENAS E NENOS DA ESCOLA DE SÉSAMO, ATA A FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

RECIBIUNOS ALUMNADO DO GRAO DE EDUCACIÓN INFANTIL XUNTO AO PROFESOR DA ÁREA DE DIDÁCTICA DA EXPRESIÓN MUSICAL, QUE FORON QUENES DESEÑARON E ELABORARON UNHA INSTALACIÓN SONORA QUE TITULARON “Viaxe espacial: unha experiencia creativo-sensorial con nenos e nenas de Educación Infantil”. 

TIVEMOS A SORTE DE PARTICIPAR DESTA INSTALACIÓN QUE NOS GUSTOU MOITO! TAMÉN NOS CONTARON UN CONTO, MERENDAMOS E XOGAMOS NA CONTORNA DA FACULTADE QUE ESTÁ RODEADA DE ESPAZOS  VERDES QUE TANTO GOZAMOS!

GRAZAS Á UNIVERSIDADE POR CONVIDARNOS E A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE POLA SÚA IMPLICACIÓN!

A VIAXE DE BREOGÁN: BRUXELAS

DENDE BRUSELAS, BREOGÁN PROPÚXONOS UNHA NOVA TAREFA QUE PODEDES COÑECER VISUALIZANDO O VÍDEO.

E COÑECIMOS A UNHA PERSONAXE DE CÓMIC QUE SE CHAMA TINTÍN E AO SEU CAN MILÚ.

A TAREFA QUE TIÑAMOS QUE FACER TIÑA QUE VER COAS EMOCIÓNS E COMO SE PODEN TRANSMITIR A TRAVÉS DE OMATOPEAS. PARA ISO ESTIVEMOS VENDO DISTINTAS ONOMATOPEAS NO LIBRO "¡SHHH! LAS ONOMATOPEYAS DE CADA DÍA".
CUBRIMOS A GUÍA DE VIAXE DE BRUXELAS E VISUALIZAMOS UN NOVO VÍDEO DE BREOGÁN CAMIÑO DO SEU NOVO DESTINO: BERLÍN, CAPITAL DE ALEMAÑA.


AGARDAMOS NOVAS DE BREOGÁN DENDE BERLÍN E LEMBRADE QUE PODEDES SEGUIR TODOS OS SEUS PASOS NO BLOG DE PEPATECA.
BOA VIAXE BREOGÁN!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 DE ABRIL CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

CADA UNHA DAS ESCOLAS DO CRA GRAVOU UN BOOKTRAILER, UN PEQUENO VÍDEO PROMOCIONANDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS. 

NÓS PARA DECIDIR QUE LIBRO PROMOCIONAR, FIXEMOS UNHA ESCOLLA ENTRE OS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTAN E POR MAIORÍA, SAIU ELIXIDO "SHHH! TENEMOS UN PLAN", DE CHRIS HAUGHTON.


PARA VER OS BOOKTRAILERS, PODEDES VISUALIZALOS NO BLOG DA PEPATECA OU PICANDO AQUÍ.

PERO TAMÉN, DURANTE ESTA SEMANA TIVEMOS CONVIDADAS E CONVIDADOS QUE VIÑERON Á ESCOLA NA HORA DE LER CONTARNOS CONTOS.
O MARTES ESTIVERON CON NÓS A NAI, O PAI E O IRMÁN DE XOEL, CONTÁNDONOS DOUS CONTOS: "TENGO UN VOLCÁN" DE MIRIAM TIRADO E "NACE UN BEBÉ" DE NAZARETH OLIVERA.

O MÉRCORES, VIÑERON A CONTAR CONTOS A NAI E O PAI DE SIRA, QUE LERON "A MELLOR SOPA DO MUNDO" DE SUSANNA ISERN E "CHUVISCA" DE FERNANDO PÉREZ HERNANDO.

E O XOVES, VEU A NAI DE MANUELA CON CATRO CONTOS E QUIXEMOS ESCOITALOS TODOS! PRIMEIRO, CONTOUNOS O CONTO "O GRÚFALO" DE JULIA DONALDSON. OUTRO QUE ELIXIU MANUELA QUE LEUNO XUNTO COA SÚA NAI, "BLUEY, LA PISCINA". UN CONTO EN INGLÉS "ONE TO TEN AND BACK AGAIN" DE NICK SHARRATT, QUE INTERACTUAMOS CON EL CONTANDO EN INGLÉS COUSAS QUE ÍAN APARECENDO.
POR ÚLTIMO, A NAI DE MANUELA LEUNOS "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" DE WERNER HOLZWARTH, QUE NOS DIVIRTE MOITO!


MOITAS GRACIAS FAMILIAS POR PASAR ESTE TEMPO DE LER CON NÓS!

HORTA

ESTE MÉRCORES TIVEMOS UNHA SORPRESA QUE NOS TROUXO ROI E A SÚA FAMILIA: DÚAS PLANTAS PARA A NOSA HORTA. UNHA DELAS É UNHA PLANTA DE FRESAS BLANCAS E A OUTRA UNHA PLANTA  CON FLORES QUE SE CHAMAN "TAGETES".

NON PUIDEMOS AGARDAR MÁIS, E PLANTÁMOLAS NA HORTA ESE MESMO DÍA.

DECIDIMOS COLOCAR OS TAGETES PRETO DAS FRESAS XA QUE NOS DIXERON QUE ESPANTABAN ALGÚNS BICHOS E INSECTOS.


SEGUIREMOS COIDANDO A HORTA PARA PODER COMER OS AMORODOS! 

SAÍDA AO TEATRO AFUNDACIÓN

O VENRES 19 DE ABRIL FOMOS A CORUÑA AO TEATRO DE AFUNDACIÓN VER UN ESPECTÁCULO DE TÍTERES, PINGÜÍN. GUSTOUNOS MOITO!

APROVEITAMOS QUE ÍAMOS TODAS AS ESCOLAS DO CRA PARA FACER UN DÍA DE CONVIVENCIA.

CAMIÑAMOS ATA A PRAZA DE MARÍA PITA E MERENDAMOS NOS SOPORTAIS DO CONCELLO. DESPOIS, TIVEMOS UN TEMPO DE LECER NO PARQUE DA MARINA.

CONTACONTOS DRAGONA RAMONA

O MÉRCORES DÍA 17 DE ABRIL VEU DE VISITA Á ESCOLA, A DRAGONA RAMONA.
COUTOUNOS O CONTO DE "UN LEÓN EN LA BIBLIOTECA" QUE NOS GUSTOU MOITO.
MOITAS GRACIAS POR VIR, FOI UN TEMPO DE LER XENIAL!



ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

FINALMENTE ESTE XOVES, PUIDEMOS FESTEXAR OS ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE.

O DÍA QUE ESTABA PROGRAMADO, ALGÚNS DOS NENOS QUE CUMPRIRON ANOS, ESTABAN OU ESTIVERAN ENFERMOS.

A SEMANA DA VOLTA DAS VACACIÓNS, TAMPOUCO PUIDO SER POR ACONTECEMENTOS ALLEOS A NÓS QUE FIXERON QUE TIVERAMOS QUE VOLVER A CANCELAR... PERO DESTA VEZ, CONSEGUÍMOLO E PASAMOS UN DÍA XENIAL.

PREPARAMOS GOFRES, QUE XA COÑECEMOS A RECEITA, E ACOMPAÑÁMOLOS DE FROITA: AMORODOS, ARANDOS, FRAMBOESAS E PLÁTANO. BUENO, E TAMÉN UN POUCO DE CHOCOLATE...

SAÍRON RIQUÍSIMOS! 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NEWTON

O MÉRCORES DÍA 10, FOMOS ATA A CORUÑA PARA VISITAR A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE HELMUT NEWTON.

VISUALIZAMOS ALGUNHAS DAS FOTOGRAFÍAS QUE ESTÁN NA EXPOSICIÓN E DESPOIS ESTIVEMOS NUN LABORATORIO FOTOGRÁFICO.

TAMÉN TIVEMOS TEMPO DE LECER NUN PARQUE PRETIÑO DO PEIRAO E MERENDAMOS ALÍ. 

PLANTAMOS AMORODOS

APROVEITANDO QUE COMEZOU A PRIMAVERA E QUE O NOSO PROXECTO "SEMENTANDO SAÚDE" NOS CONCIENCIA DA IMPORTANCIA DE COMER SAUDABLE, PLANTAMOS UNS AMORODOS. 

PRIMEIRO TOCOU PREPARAR A TERRA E TIVEMOS QUE ARRANCAR HERBAS MALAS. FIXEMOS UNS BURATOS ONDE COLOCAMOS AS PLANTAS DE AMORODOS E DESPOIS REGAMOS PARA QUE MEDREN.

TAMÉN DECIDIMOS FACER UNS CARTEIS QUE COLOCAMOS NA HORTA PARA QUE NINGUÉN COLLA E COMA OS AMORODOS. ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS TRES CARTEIS POR EQUIPOS, PLASTIFICÁMOLOS E CRAVÁMOLOS AO REDOR DO MACETEIRO ONDE PLANTAMOS OS AMORODOS.

AGORA TOCA COIDAR AS PLANTAS PARA QUE MEDREN AMORODOS SABOROSOS.

INVERNO EN LEDOÑO

AO LONGO DESTA ESTACIÓN, TIVEMOS E FIXEMOS VARIAS PROPOSTAS: LÓXICA-MATEMÁTICA, EXPRESIÓN PLÁSTICA, CONTEO, LECTOESCRITURA...

A PROPOSTA QUE MÁIS NOS TIVO OCUPADOS FOI A DE FACER FOLERPAS. PROBAMOS DISTINTAS MANEIRAS DE DEBUXALAS, AÍNDA QUE CON ALGUNHA TÉCNICA NON TIVEMOS MOITA SORTE.

FINALMENTE DECIDIMOS FACELAS CON PASTA DE MODELAR, MARCALAS E PINTALAS CON DÚAS CORES QUE SE IDENTIFICAN CO INVERNO.

MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O PASADO VENRES 15 DE MARZO VISITAMOS O MUSEO DE BELAS ARTES EN CORUÑA.

ALÍ CONTÁRONNOS A HISTORIA DE CAROLINA A TRAVÉS DE DIFERENTES OBRAS DE ARTE, COMO ESCULTURAS E CADROS.

DESPOIS DA VISITA, MERENDAMOS FÓRA DO MUSEO E TIVEMOS UN RATIÑO DE LECER NUN PARQUE PRETIÑO DO LUGAR, ANTES DE VOLVER Á ESCOLA.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA 8 DE MARZO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, E DENDE O CRA QUIXEMOS HOMENAXEAR ÁS NOSAS MULLERES IMPORTANTES.

CADA NENO E NENA FALOUNOS UN POUCO DA QUE PARA ELES É A SÚA MULLER IMPORTANTE, E CONTARON COMO SE CHAMABAN E Á QUE SE ADICABAN. 

TODO ISTO REFLEXÁMOLO NUN CUBO: FIXEMOS O RETRATO DESA MULLER, ESCRIBIMOS O NOME, PERO TAMÉN COLOREAMOS O SEU COLOR FAVORITO E A EMOCIÓN QUE NOS PRODUCE ESA MULLER.



ESTES CUBOS PENDURÁMOLOS NAS ESCOLAS PARA SER PARTE DA INSTALACIÓN HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES IMPORTANTES. 

A VIAXE DE BREOGÁN: LIÓN

BREOGÁN CHEGOU A LIÓN E ENVIOUNOS UN VÍDEO.

DESPOIS DE COÑECER AOS IRMÁNS LUMIERE, PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA FACER O NOSA PELÍCULA "OS AMIGOS COELLOS COMPARTEN", TENDO EN CONTA A TEMÁTICA DA PAZ E NON AOS CONFLICTOS.



PODEDES VER COMO QUEDOU O NOSO CORTO E OS DAS DEMAIS ESCOLAS VISITANDO O BLOG DE PEPATECA.

AGARDAMOS NOTICIAS TÚAS, BREOGÁN.