Páginas

FIN DE CURSO

O DÍA 22 FOI DÍA DE FESTA E DESPEDIDA.

OS DÍAS PREVIOS PREPARAMOS AS COUSAS QUE TIÑAMOS QUE LEVAR PARA A CASA E AS BOLSAS ONDE IAMOS LEVAR TODO, PASEAMOS E XOGAMOS MOITO XUNTOS.

E O MARTES 22...CHEGOU O DÍA ESPECIAL!

ENTRE TODOS DECORAMOS UNHA "VENTÁ" MOI ESPECIAL PARA FACER UNHA SESIÓN DE FOTOS. TIÑAMOS VARIOS OBXECTOS PARA ADEREZARNOS. FOI MOI DIVERTIDO!

PERO NUNHA BOA FESTA, TAMÉN HAI UNHA BOA MERENDOLA... PREPARAMOS UNS PINCHOS DE FROITA COA FROITA QUE MÁIS NOS GUSTA E PARA REMATAR... BOTAMOS CHOCOLATE POR RIBA! ESTABAN DELICIOSOS! 

TAMÉN TOCOU DESPEDIRSE DOS CATRO COMPAÑEIROS QUE MARCHAN... BOTARÉMOSVOS DE MENOS!

BO VERÁN E ATA SETEMBRO!

No hay comentarios: